O proxecto


Coñece Terras de Iria é un proxecto común elaborado ao longo do Obradoiro de Emprego "Xuventude en acción 2019 (Dodro, Padrón, Rois)" e do Programa de Emprego "Xuventude en acción 2020 (Dodro, Padrón, Rois)" durante os que afondamos, investigamos e recopilamos todo o material preciso para construír este sitio web, co fin de dar a coñecer a maxia da cultura dos concellos. Así, este espazo convértese nunha guía a través da cal poderemos navegar polos recunchos das Terras de Iria.

Son varias as seccións que compoñen esta páxina. De cada lugar recollemos a historia, unha homenaxe ás mulleres, a natureza característica da zona, o patrimonio e os persoeiros da contorna, rematando cun percorrido polos roteiros e servizos. A maiores, en Padrón e Rois inventariamos diversas formacións musicais representativas do territorio; e en Dodro reunimos a toponimia do concello dunha forma orixinal. Por último, descubrimos o Camiño de Santiago ao seu paso polos tres concellos, a Ruta da Pedronía, o Camiño Portugués, a Ruta Translatio e a Ruta da Estrela. Benvidas e benvidos ás Terras de Iria!