Privilexios Privilexios de Padrón
Os privilexios da vila de Padrón
Dende o século XII e ata o século XVIII á vila de Padrón concedéronselle diferentes foros que eximían aos seus habitantes das vellas cargas señoriais.
A monarquía concédeos en virtude da predicación do apóstolo Santiago e de que aquí chegou o seu corpo despois de morto.
Tódolos reis manifestarán a crenza de ser o Pedrón o lugar sobre o cal estivo o Apóstolo, cláusula que non pon en dúbida ningún dos privilexios, os cales se gardan no Arquivo Histórico Municipal.
A primeira fonte documental é o foro municipal de 1164 no que o rei Fernando II concede privilexios á vila de Padrón, confirmando os privilexios que o sei pai Afonso IX, xa lle concedera á vila. Documento manuscrito, escrito en latín.
Algúns dos privilexios concedidos foron:
- Ir a fonsado, era a obrigación que todos tiñas de presentarse armados para a guerra, cando o Rei saíse á campaña. Ordinariamente esta obrigación duraba tres días.
- Fosadero, pola contra, era o tributo que pagaban os que non podían asistir persoalmente á campaña.
- Gayosa, era un imposto que tiña que pagar todo vasalo a o seu señor, con motivo de certos acontecementos alegres e felices, como un nacemento ou unha voda.
- Luctuosa ou loytosa, vixente so en algunhas provincias, era exixible por señores e prelados cando morrían os seus súbditos, e consistía nunha xoia do defunto, a que sinalara este no testamento, ou a que escollera o señor ou o prelado.
- Portazgo, era o prezo que se pagaba por pasar por un sitio determinado dun camiño e peaxe, o que se pagaba por circular.
- Pedidalla, referíase a un tributo que se pedía para a guerra.
De seguido, mostramos as ficha técnicas dalgúns destes privilexios que foron dixitalizados e que se atopan no Arquivo Histórico do Concello de Padrón:
Copia en castelán do Privilexio de Fernando II. Copia en castelán do Privilexio que a SM o Rei Fernando concedeu á vila de Padrón. |
Data: |
10 de marzo de 1498 |
Orixinal: |
Pergameo. Letra: gótica libraria no privilexio e gótica cursiva castelán cortesana no traslado do mesmo.
|
Medidas: |
580 x 420 mm. |
Estado: |
Bo |
Transcrip.: |
Lorenço Fernández, notario público da Vila de Padrón e da terra de Cordeiro e do Couto. |
Carta de Privilexio de D. Fernando e Dª Isabel. Rei e Raiña de Castela, de León de Toledo, de Çeçilia (sic), de Portugal, de Gali¸ia, de Sevilla, de Córova, de Murçia, de Jahén, do Algarbe, de Algeçira e de Gibraltar, prinçipes de Aragón e señores de Viscaya e de Molina pola que confirma tódolos privilexios concedidos á vila de Padrón polos monarcas que lles antecederon. |
Data: |
1476, maio, 11, Madrigal |
Orixinal: |
Pergameo. Letra cortesana
|
Medidas: |
305 x 210mm. |
Estado: |
Bo |
Transcrip.: |
Fernán Álvarez, escribano maior dos Reis |
Carta de Privilexio de Dª Xoana de Castela, León, Granada, Galicia e Sevilla pola que confirma tódolos privilexios concedidos á vila de Padrón polos monarcas que lle antecederon. |
Data: |
1510, maio, 28, Madrid |
Orixinal: |
Pergameo 21 folios. Letra gótica redonda
|
Medidas: |
330 x 222 mm. |
Estado: |
Deteriorado na portada e contraportada por mor da humidade |
Transcrip.: |
Non se especifica |
Carta de Privilexio de Felipe V mediante a que se confirman todos os privilexios concedidos á vila de Padrón polos monarcas que lle antecederon. |
Data: |
1701, maio, 24, Buen Retiro 1708, agosto, 31, Madrid
|
Orixinal: |
Pergameo 60 folios. Letra humanística
|
Medidas: |
315 x 220 mm. |
Estado: |
Bo |
Transcrip.: |
Francisco Nicolás de Castro. Juan Arias Maldonado e Juan Antonio, Diego de Raxoy y Juan Antonio Vallejo Hierro
|
Carta de Privilexio de Carlos II na que se confirman todos os privilexios concedidos á vila de Padrón polos monarcas que lle antecederon. |
Data: |
1666, abril, 5, Madrid 1678, xullo, 19, Madrid
|
Orixinal: |
Pergameo 60 folios. Imitación de letra gótica pola importancia do documento e por que seguramente queríase imitala letra na que estaba escrita o documento orixinal
|
Medidas: |
315 x 220 mm. |
Estado: |
Bo |
Transcrip.: |
Bartolomé de Legasa, Mateo LLorente e Cristobal de Torres de Medrano.
|
Carta de Privilexio de Felipe IV na que se confirman todos os privilexios concedidos á vila de Padrón polos monarcas que lle antecederon. |
Data: |
1622. outubro, 12, San Lorenzo.
1623, maio, 16, Madrid
|
Orixinal: |
Pergameo 60 folios. Letra humanística
|
Medidas: |
315 x 220 mm. |
Estado: |
Bo |
Transcrip.: |
Pedro de Contreras.
|
Bibliografía:
"Cartas de privilexio e franqueza da monarquía á vila de Padrón" 2003 de Eloy Rodríguez Carbia e Xosé Carlos Beiró Piñeiro.
"O rueiro histórico de Padrón" 2002 de Eloy Rodríguez Carbia.
Artigo do libro de Pascua 1978 "Privilegios de que gozaban los antiguos padroneses"