As capelas son templos relixiosos cristiáns, xeralmente de menor tamaño cas igrexas convencionais. Poden estar construídas no interior dunha igrexa, xeralmente anexas á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.
Son usuais as capelas de vilas, colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos etc. Á capela van orar basicamente os membros ou integrantes dunha crenza relixiosa.
As capelas compóñense principalmente de retablo, altar e columnas ou piares pequerrechos. Hai capelas que pasaron ós anais da historia polo feito de que nelas tense realizado unha morea de milagres.
Patrimonio Capelas, que son?