Os castros son un tipo de poboado fortificado que se espallaron principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro e que subsistiron ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa.
Os poboados castrexos acostuman a erguerse en outeiros despexados, promontorios rochosos ou penínsulas que se adentran no mar, o que facilita a visibilidade, a defensa e o dominio do contorno. O lugar do asentamento vén dado tamén en función dos recursos naturais explotados polos moradores.
Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez. Na actualidade tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.
Patrimonio Castros, que son?