Patrimonio Pesqueiras, que son?

Pesqueiras, que son?

As pesqueiras ou lampreeiras remóntanse á época romana e aínda hoxe se conservan esas antigas artes de pesca. A concesión para pescar lampreas nas pesqueiras do Ulla ten a súa orixe nun documento datado do século IX que na actualidade está en poder da familia Lago de Herbón, quen no seu día foi interpretado por un frade do Convento dos Franciscanos.

Están formadas por grandes bloques, máis ou menos cuadrangulares, de pedras de moi variados tamaños. As que mellor se conservan cruzan practicamente todo o río, soportando extremas correntes de auga. As súas dimensións varían, mais a media é de 3 metros de alto por 2 de lado e outros 2 de ancho. Están aliñadas en perpendicular ou oblicuas á corrente, cruzando case todo o río, agás unha gran corrente central que se chama “vena” e que queda libre de trampas. Aos ocos que hai entre os bloques, chámanselle “boquetes” ou “pasillos”, e é o lugar onde se arman os aparellos de pesca.

imagen_capela