Mulleres de Padrón


Caldo de gloria

Vídeo realizado polo Concello de Padrón en 2018 coa colaboración con algunhas das mulleres máis lonxevas da nosa localidade, no que nos contan como facían nas súas casas o Caldo de Gloria, o caldo de Rosalía. “Caldo de Gloria” é unha iniciativa da Fundación Rosalía de Castro inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia, a cal realizase tódolos anos na conmemoración do aniversario da autora, o 24 de febreiro.