O parque natural das dunas de Corrubedo é un espazo natural protexido localizado entre a Ría de Arousa e a Ría de Muros – Noia, no municipio de Ribeira.
Este conxunto xeolóxico do parque natural formouse fai 12.000 ou 15.000 anos, no Cuaternario. Existen varios sistemas dunares ben estruturados, nos que se inclúen diferentes cordóns de dunas primarias e secundarias, extensos campos de dunas semifixas, chairas eólicas, dunas remontantes estabilizadas e varios tipos de corredores e depresións de erosión eólica.
Tras a praia da Ladeira, a principal atracción das dunas de Corrubedo, a súa gran duna móbil con máis de 1km de longo, uns 250m de ancho e uns 20 m de altura.
Esta duna avanza impulsada polos ventos do suroeste cara ao interior en lento e constante movemento.
Fonte: sientegalicia.com
Obra civil construída en 1853 polo arquitecto Celedonio Uribe.
Atópase moi preto do Parque Natural. O Cabo Corrubedo é o punto máis occidental da Península do Barbanza e está situado nun contorno rochoso desde onde se poden observar as dunas.
O edificio dá una fachada semicircular cara ao mar, e unha fachada plana cara á terra. A torre arrinca do interior do inmoble e dispón no seu interior dunha escaleira de caracol.
En 1856 comezou a funcionar como guía para as embarcacións.
Primeiro empregábase aceite para a iluminación, máis tarde petróleo e, tan só desde fai uns 35 anos, corrente eléctrica. Durante o século XX, o faro foi deshabitado e pasou a funcionar de forma autónoma, do mesmo xeito que moitos outros ao longo da costa.
Fonte: Turismo Ribeira
Fonte: turismo.gal
Templo relixioso construído no século XVI.
A Igrexa consta dunha espazosa nave central, dividida en tramos por grandes arcos, capela maior rectangular e sancristía. No século XX engadíuselle unha capela lateral. A ábsida, cuberta dunha bóveda rotunda e con meritorias gárgolas en forma de aguias, é renacentista, século XVI, pero a súa nave principal e os ostentosos retablos son de trazo barroco, século XVIII, destacando o do presbiterio (ca. 1700).
Fonte: turismo.gal
Fonte: xenealoxiasdobarbanza.es
Trátase dun edificio de estilo gótico convivindo tamén cun estilo Plateresco, Renacentista, Barroco e Neoclásico.
A ábsida é do século XIV, é a parte máis antiga do templo. A nave está dividida en cinco tramos por arcos que sosteñen a bóveda en forma de abano reforzada por finas nervaduras apoiadas en columnas. Estes arcos descansan sobre semicolumnas encaixadas nos muros.
Fonte: desdepobra.com
Fonte:galiciamaxica.eu
Os castros de Neixón atópanse nunha pequena península situada no interior da Ría de Arousa, situada o NNE, e está formado por dous asentamentos.
Hoxe poden verse restos de construccións de planta circular moi características da primeira Idade do Ferro.
Según os estudos máis recentes, no Castro Grande de Neixón tense testimonio de tres momentos de ocupación diferenciados: unha ocupación prerromana, outra romana e finalmente outra tardo romana.
Posiblemente nun primeiro momento, o Castro Pequeno de Neixón foi unha aldea aberta, delimitada únicamente por un pequeno foso cara a zona peninsular aproveitando as condicións naturais do terreo.
Según os datos dispoñibles, confirmouse a continuidade da ocupación entre a Idade de Bronce e a do Ferro.
O Castro Grande foi ocupado posiblemente tras o abandono do castro pequeno, e
conformou unha aldea protexida por unha serie de elementos defensivos como fosos e terrapléns.
As excavacións remóntanse ata principios do século XX.
Fonte: barbanzaarousa.gal
O pazo de Goiáns, tamén chamado torre de Goiáns, é o principal pazo do Barbanza. Data do século XVI e foi remodelado en 1760.
A torre defensiva non se descarta que fora destruída durante as Revoltas Irmandiñas.
Trátase dun edificio en forma de L, a torre remata en balaustrada e non en almenas.
No interior destacan unhas escaleiras que soben por salas abovedadas ata chegar á parte superior da torre cadrada.
O pazo consta de vivenda principal, capela, pombal, ademais de pórticos, chafarices, cortes, bodegas, embarcadoiro e pesqueiras.
O conxunto encóntrase en perigo de derrubamento.
É de propiedade municipal.
Fonte: turismo.gal
Fonte: miscastillos.blog
Situados á beira do río Coroño, en Ponte Goiáns.
É un conxunto de tres muíños: Muíño de Abaixo ou do Agro, Muiño de Arriba de Xaime ou de Casais, o terceiro é privado.
No interior pódense ver as rodas de pedra que servían para moer o gran e a fariña.
Dende as pequenas pontes que hai no arredor pode contemplarse a variada vexetación e numerosas especies de aves.
Fonte: Boiro Turismo
Fonte:Boiro Turismo
Igrexa do século XV de planta rectangular.
A capela maior é de pranta cadrada, e ten adosada na ala norte unha capela de menor dimensións; existen outras dúas capelas nos laterais da nave maior que foron construídas nos séculos XVI e XVII. Na fachada principal destaca a portada do século XVI, con arco de medio punta e decorada con anxos. Nun lateral da fachada está a torre, do século XVIII. Na parte dianteira da igrexa atopamos tamén un cruceiro de estilo barroco.
Fonte: turismo.gal
Foi fundada en 1671 por Alonso Fernández de Bastón sobre un templo anterior de 1561 denominado hórreos da lavandeira Señora da Cruz.
Capela de estilo gótico mariñeiro. Contén a imaxen da Virxen de Guadalupe, feita en cartón pedra polo relixioso rianxeiro fray Xosé de Santiago e traída ata Rianxo dende o mosteiro de Guadalupe (Cáceres). Consta dunha soa nave. Na capela existen dúas imaxes máis, unha situada no dintel da porta principal; a outra nun peto de esmolas no muro debaixo da capela.
Fonte: Patrimonio Galego | omarfeitotradicion.gal
Fonte: Patrimonio Galego
Conxunto de once hórreos do século XVIII situados na aldea de Imo.
Son hórreos do chamado tipo Mahía, de planta rectangular con soleiras de cantaría e cámara de madeira. Os hórreos máis antigos son de 1754/1758, ano (1758) en que foi concluída a igrexa parroquial. Quizais o conxunto máis importante de Galicia no seu xénero.
Fonte: patrimoniogalego.net |
Espazo natural. O estuario está formado pola desemboacura do río Ulla na ría de Arousa.
É unha área de gran importancia ambiental onde predominan as xunqueiras e os carrizais, por eso está incluído na Red Natura 2000. Neste tramo comezan as brañas de Laíño e acaba nas brañas de Oeste. Aquí atopamos os carrizais máis extensos de Galicia.
Fonte: Turismoriasbaixas
Fonte: turismoriasbaixas.com
Espazo natural en boa conservación.
O castro de Socastro atópase na parroquia de San Pedro de Herbogo e está constituído por un recinto principal de planta oval con unhas dimensións de 125m no eixe N/S e 85m no E/W. Este castro é visible dende todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Valeirón, polo que se pode supoñer que foi a acrópolis máis importante.
Fonte: Concello de Rois
Fonte: megaliticia.blogspot.com