Esta lauda sepulcral atópase no Museo das Laudas Gremiais, situado no interior de Santa María A Nova. Nela represéntase unha figura humana que porta todos os elementos característicos dun peregrino: sombreiro, longa túnica adornada con conchas e bordón na súa man dereita. Ó seu carón atópase a Capela dos Carneiro cunha cuberta en forma de vieira.
Espazo funerario considerado dos dez cemiterios máis importantes de España. Coñecido popularmente como o Cemiterio de Santa María a Nova, igrexa que preside o camposanto.
Construído sobre Terra Santa traída en barcos noieses desde Palestina.
Monumento Histórico-Artístico Nacional desde 1973.
Fonte: Concello de Noia
Fonte: Concello de Noia
Este Mosteiro atópase no concello de Lousame, aproximadamente a 1km do límite do municipio de Noia. Exemplo de unión entre a arte, a natureza e a historia. A Igrexa de San Xusto de Toxosoutos ou Toxo Soutos, no seu día foi un esplendoroso mosteiro.
Levántase ós pés do Río San Xusto, afluente do Sóñora ou Traba que desemboca na Ría de Noia. Neste lugar, preto da estrada C.543 e a unha altura de 350m atopábase unha ermida no século XII adicada a San Xusto e San Pastor.
O río San Xusto forma un espectáculo de rápidos e fervenzas, onde destaca unha con 6m de altura. A zona está acondicionada con diversos camiños con pasarelas de madeira onde observar a paisaxe.
Fonte: Concello de Noia
Wikipedia
A mámoa está ao carón da estrada AC-543 de Noia a Santiago, ao seu paso preto de Fontefría e Martelo, no lugar chamado "O Marco", e que aínda hoxe está entre os límites dos concellos de Rois e Lousame.
Cronoloxía: Idade do Bronce.
Está a 2 km do campo de 7 mámoas do Codeso (ou Martelo) catalogadas do pxom de Rois, e en perfecta aliñación cara ao oeste con respecto a estas. Posiblemente estivera formando parte doutro campo de mámoas, pois un alombamento a 50 m cara ao oeste dela foi nivelado ano a ano polas labores agrícolas ata facerse inapreciable e algúns expertos recoñecían nel os restos doutra mámoa (aínda se pode apreciar na foto de situación, á esquerda e dentro dun prado, as lixeiras sombras que fan as pequenas pendentes da desaparecida mámoa). Esta mámoa do Marco leva o código GA15074017 e foi cortada por unha pista e unha estrada, quedando a parte oeste e norte moi alterada. Está izada de maleza e nela nacen eucaliptos.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia
(Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Cruceiro dos chamados "de Crucifixo" (coa imaxe de Cristo na Cruz).
Cruz de sección circular, leñosa, con nós. No anverso atópase a figura de Cristo crucificado, tres cravos, con coroa de espiñas, cabeza inclinada cara a diante, pano de pureza anoado cunha corda, o pé dereito monta sobre o esquerdo, cartel de INRI. No reverso figura a Virxe do Carme co neno en brazos, sobre peaña.
Capitel cuadrangular, con volutas, cunchas e adornos vexetais, querubíns. Ábaco de lados curvos.
Fuste (esteo) de sección cadrada na parte inferior e superior, e octogonal na parte central. Base cuadrangular, con molduras, con escocia. Plataforma de catro chanzos, de forma cuadrangular.
Fonte: cruceirosdegalicia.xyz
Fonte: cruceirosdegalicia.xyz
Este grupo de mámoas é nomeado no libro de Manuel Murguía: Historia de Galicia, Tomo I, de 1865, páxina 509.
Nun parágrafo fala das mámoas de Galicia da seguinte maneira:"...hemos dicho que son numerosas y en efecto se cuentan por cientos: sitios hay en donde se les ve formando círculos, como en Gonzar cerca de Arzúa, que recibe el nombre de “Campo das Mamoíñas”, y en Brandoñas donde están en torno de un gran pozo. Se las halla abundantes en ciertas localidades reducidas, como se observa en el monte Martelo que en un breve espacio contiene siete".
As mámoas están nun estado parecido ás da contorna, con conos de violación e ausencia de chantas, polo menos as que se poden apreciar con máis facilidade. Estiveron ameazadas nun tempo por unha construción industrial pero definitivamente parouse a obra. Non están moi localizables polo mato que as cobre.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Asentamento fortificado con dous parapetos moi esmorecidos e pouco visibles debido á vexetación e á súa destrución polas labores agropecuarias.
Cronoloxía: Idade do Ferro
Un correspondería co borde da croa e o último sería o máis contundente e afastado desta uns 40 m. Entre eles hai unha pendente moi homoxénea que podería conter outro tipo de defensa. De croa moi reducida e que puido nalgún momento ser transformada noutro tipo de recinto ou pequena fortaleza. As fotos no Mapa de Pendentes Lidar 2010 e do voo americano do 1956, parecen indicar que as barreiras defensivas eran moito máis altas e rexas pola banda oeste e noroeste, debido a que este sector e o máis desprotexido por estar case ao mesmo nivel que as terras limítrofes. Pola banda este ten pendentes acusadas e unha visión sobre os vales que dan cara a conca do río Rois, os Montes do Oleirón e o castro de Agrafoxo.
Na actualidade rodean o cume do recinto unha zona de plantación de piñeiros e eucaliptos con moita maleza. Unha invasión de acacias intransitable medra no recinto plano da coroa duns 40 metros de diámetro. Nun dos únicos sitios con pouca vexetación distínguese cachotería moi fina e un alombamento que correspondería co segundo parapeto. Atópase o asentamento cerca dun antigo camiño de boa anchura e que podería ser noutros tempos unha importante vía de comunicación cara a Lousame e Noia, pasando por Toxosoutos.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia
(Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
O asentamento está nun outeiro chamado Coto do Castro e que se eleva sobre as terras do contorno moi preto da aldea de Agrafoxo a unha altitude de 345 m.
Cronoloxía: Idade do Ferro
Ten forma ovalada e no seu diámetro máis longo, este-oeste, ten unha medida aproximada de 75 m e na máis curta 45 m, que vai de norte a sur. Actualmente véselle unha soa entrada polo lado norte e todo o recinto amosa parapetos defensivos ou de contorna do recinto con pendentes máis rexas pola banda sur. O interior da croa está dedicado a monte de piñeiro e eucalipto. Está moi cercano ao castro do Coto da Ferreira, este cunha croa moito máis pequena, outra morfoloxía e 100 m máis de altitude en dirección suroeste.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia
(Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia
(Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
A plataforma ten base triangular, e tres chanzos. Sobre ela aséntase un pedestal de forma tamén triangular e rematando achafranado, nel hai inscricións, pero resultan ilexibles.
Cronoloxía: Descoñecida
En canto ao fuste comeza con forma cuadrangular o primeiro tramo e logo todo o restante é circular, consta de figuración; unha custodia e dous San Franciscos. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. Vai decorado con volutas e coas imaxes de San Pedro, San Xoán Bautista, San Andrés e San Francisco. A cruz é cuadrangular e florenzada. Polo anverso un cristo crucificado con tres cravos, pano de pureza, sen coroa e letreiro de INRI. Polo reverso unha imaxe sobre peña de Santa Xoana.
O conxunto conta tamén con mesa ou pousadoiro, pero non como elemento independente senón que vai encostado ao propio cruceiro.
Fonte: patrimoniogalego.net
Fonte: patrimoniogalego.net
Comezouse a construír en 1711 e sofre importantes reformas, das cales a máis importante foi no 1833.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
A igrexa ten planta rectangular con corpos acaroados á nave principal e feita a base de perpiaño regular de granito e con tellado a dúas augas. A fachada, case lisa, acolle o campanario que vai centrado con respecto a esta. Dous grandes pináculos nas esquinas superiores sérvenlle de remate. A porta é o único elemento decorativo xunto coas pilastras laterais.
Leva unha moldura enmarcándoa nas esquinas e con orelleiras cadradas. Enriba vai un frontón triangular con cornixas de pouco voo, e dentro del unha fornela coa imaxe da Virxe María. Arranca o corpo do campanario con adornos de placas no lenzo inferior. As campás van en ocos rematados en arco de medio punto, con molduras nas cornixas que dan paso ao outro corpo con oco para outra campá e con moitos adornos de volutas, pilastras e pináculos con bólas. Ten retablos do século XVIII, obra de alumnos da escola dos Romay, con imaxes e unha caixonería cun crucifixo de Ferreiro no interior.
O mestre Fernando de Casas Novoa participou na súa construción.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Cruceiro posiblemente relacionado co cemiterio onde se encontra. Segundo as inscricións data do 1840. Actualmente áchase no medio do camposanto, na parte vella, pero en tempos estivo no adro, que era onde enterraban.
O varal empeza de sección cadrangular e pasa logo a cilíndrico, con varios nós, semellando unha árbore. No primeiro tramo ten os símbolos da paixón: nunha cara, a cana e o látigo; na outra, a lanza e o cetro do rei; na terceira unha man, as tanazas e un corazón e, na última, o martelo e a esqueira. O capitel é de boa factura, con adornos vexetais sen figuras, con volutas non moi pronunciadas nos ángulos. Del sae a cruz, leñosa e cilíndrica como o fuste. Xesucristo está nela xa morto coa cabeza caída cara ao fronte. Destaca a grosa coroa de espiñas. A anatomía do corpo, en particular a do peito, está ben acabada. A Virxe do reverso apóiase sobre unha piaña de cabeza de querubín.
Só é visible unha grada sobre a que se asenta a traballada basa. Ten inscrición, pero ilexible en parte e sen data. Finais do século XVIII ou primeiros anos do XIX.
Fonte: O Concello de Rois: historia, economía e arte. Catálogo arqueolóxico, artístico e monumental. Clodio González Pérez (Concello de Rois, 1990)
Fonte: patrimoniogalego.net | Silvia Mariño
Só é visible unha grada sobre a que se asenta a traballada basa.
Ten inscrición, pero ilexible en parte e sen data. Finais do século XVIII ou primeiros anos do XIX.
E no sur conformaría unha solaina. A fachada principal amosa unha porta alintelada con tornachoivas e catro ventás enrasadas, simetricamente dispostas ao longo do muro. Remata no cume cunha cruz e as esquinas en pináculos. Na fachada este unha escaleira, que parte dunha terraza cun gran beiral, baixa cara a horta. Os muros son de cachotería e perpiaño de granito escuadrado para as esquinas. Os tellados van a dúas augas cubertos con tella do país, excepto nos corpos saíntes. Ten un gran patio de entrada cara a fachada principal e conta con alpendre ao seu carón. Está situada no conxunto do adro, cemiterio con cruceiro e igrexa parroquial de Santa María de Urdilde.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
No lugar de Calle, pero neste caso na beirarrúa da estrada de Santiago de Compostela a Noia, na encrucillada que fai coa pista que vai á igrexa parroquial. De estilo neoclásico -primeira metade do século XIX-, e posiblemente o autor sexa o mesmo que o do Peto da Calle.
No paramento hai unha moldura a pouco máis de medio metro do chan, e sobre ela a fornela con arco de medio punto, formado por tres doelas. O máis importante do conxunto é a imaxe que se acubilla dentro, pois trátase dunha Virxe sedente, co neno Xesús sentado sobre o xeonllo esquerdo. Puidera datar do século XV, aínda que sufriu varios arranxos que lle afectaron á man dereita da Virxe e á esquerda do Neno. Tamén foi cortada á altura dos xeonllos e alteada cunha base de madeira.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
O Concello de Rois: historia, economía e arte. Catálogo arqueolóxico, artístico e monumental. Clodio González Pérez (Concello de Rois, 1990)
A fonte consta dun muro de perpiaños de granito, con outras pezas de cachotería para completar o lenzo, e oco cadrado no medio cunha rebaixa tallada no perímetro que debía ser para unha porta.
Remata en frontón con sobrepenas que ten no seu cume unha cruz de brazos cilíndricos con peaña. A pía consta de unhas pezas de granito cuadrangular que conforman un beiral para reter a auga e dous ferros serven de pousadoiro aos recipientes. Dous canos saen do muro e verten sobre ela.
A continuación un lavadoiro de dúas follas remata o conxunto.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
O capitel ten unha forma orixinal.
Con forma de voluta e cunha concha de vieira como decoración, que se abre para modificar unha peana na que non hai nin Madre nin Fillo, senón un Santiago peregrino nun tamaño demasiado grande con relación ao resto, rompendo o sentido da proporción co fin de chamar a atención.
Fonte: O Concello de Rois: historia, economía e arte. Catálogo arqueolóxico, artístico e monumental. Clodio González Pérez (Concello de Rois, 1990)
Queda na parte vella do lugar da Calle, Urdilde, na verea ou camiño real de Santiago a Noia.
Aínda que actualmente está encaixado no muro, en tempos debeu ser obra independente. No paramento hai unha moldura a pouco máis de medio metro do chan, e sobre ela a fornela con arco de medio punto, formado por tres doelas.
Fonte: Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia (Itinerario Cultural de Peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia)
Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Novembro do 2020
O Concello de Rois: historia, economía e arte. Catálogo arqueolóxico, artístico e monumental. Clodio González Pérez (Concello de Rois, 1990)
Neste lugar Rosalía de Castro pasou parte da súa nenez.
A igrexa está construída sobre un antigo templo medieval.
O edificio é froito dunha remodelación a finais do século XVII ou comezos do XVIII.
Presenta planta de cruz latina, pero é posible que non fose a orixinal. A traza quedou finalizada contra 1696 e foi desenvolvida por Domingo de Andrade.
A nave está cuberta con bóveda de canón e está iluminada por dúas grandes xanelas.
Fonte: Concello de Ames
Fonte: Concello de Ames