Fonte co corpo principal metálico de nova factura e pía de pedra no cemiterio de Adina, é moi semellante á existente ao carón da Igrexa de Santiago de Padrón.
Fonte: O Baixo Ulla
Atópase situado detrás da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia.
Non ten nichos, todos os soterramentos son de foxo no terreo, ten espazos entre as sepulturas de herba, sen camiños e cun cerramento exterior de muro baixo. A tumba do Premio Nobel de Literatura de 1989, Camilo José Cela, está baixo unha oliveira incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 55A.
Na Adina estaban enterrados os avós e o pai de Rosalía de Castro, aos pés da epifanía esculpida na portada oxival do templo, no que exercera de capelán. Conservase tamén a lápida orixinal onde se enterrou Rosalía de Castro, antes de que os seus restos foran trasladados ao panteón de Gallegos Ilustres.
Fonte: obaixoulla.gal
Fonte: O Baixo Ulla-@totegil
Cruceiro localizado no Cemiterio de Adina.
É de tipo crucifixo e ten unha plataforma cuadrangular de catro chanzos e un pedestal cuadrangular chaflanado, tamen ten un varal octogonal cun pedestal cuadrangular e recadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso, o ábaco ten lados curvos e vértices chaflanados, ademais ten volutas, orlas vexetais e querubíns.
A súa cruz é circular e no seu anverso presenta a Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas, inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e o seu pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz está a Virxe Dolorosa, coas mans en cruz sobre o peito e cunha espada cravada.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-Xosé Troiano
No adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízanse unha serie de sartegos medievais da época sueva, monolíticos e escavados con forma antropomorfa.
Tamén hai tampas monolíticas de forma lisa ou en dobre estola e outros construídos con laxes e perpiaños.
Foron atopados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na contorna da igrexa, durante os anos 70 por Manuel Chamoso Lamas, e sobre todo na campaña de 1992, dirixida polo profesor José Suárez Otero. Trátanse de tombas altomedievais, prerrománicas, cunhas características moi marcadas que aparecen só na antiga Gallaecia. Parece que están asociadas a importantes sedes episcopais, como Braga, Ourense e Iria.
Fonte: O Baixo Ulla
O primeiro templo de Iria foi arrasado no século X por Almanzor, posteriormente, no século XII, o Arcebispo Xelmírez ordenou a súa reconstrución, converténdoa en colexiata.
Foi episcopal desde o século V até o 1095, colexiata até 1895, e a partires desta data pasou a ser parroquia maior dedicada a Santa María.
A edificación é de estilo gótico, coa planta en cruz latina de tres naves con cruceiro e dúas capelas acaroadas nos extremos. Ten un reloxo de sol e a parte inferior da fachada constitúe o único resto da antiga colexiata no remate do románico.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-Iago Pillado
Antiga casa dos capeláns, foi construída no século XVIII para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da antiga Colexiata de Santa María a Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851.
Trátase dunha edificación exenta e enmarcada no recinto da colexiata. Ten dous andares e está constrúida con grosos muros de pedra e pisos de armazóns de madeira.
É propiedade da Igrexa, mais está cedida por 60 anos ao Concello de Padrón. Foi rehabilitada no ano 2018. Desde aquela, a edificación segue agardando que se lle asigne algún uso.
Fonte: O Baixo Ulla
Antigas casas dos Cóengos, construídas en 1790 para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da Colexiata de Santa María a Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851.
Trátase dunha edificación de estilo neoclásico, de planta rectangular moi alongada, acadando na fachada uns 159 metros. Fábrica de cantaría de granito, conformada por oito casas, posúe unha altura e prescinde de calquera elemento decorativo, nos módulos do centro, en fronte á Igrexa de Santa María de Adina, elévase un grande remate de tímpano curvo con escudo.
Alberga o Museo Camilo José Cela e o Museo Ferrocarrileiro John Trulock, en lembranza do avó do Premio Nobel, un inglés que chegou a Galicia para impulsar a primeira liña férrea que uniu a Cornes, en Santiago, con Carril, en Vilagarcía, no 1882.
Fonte: O Baixo Ulla
Casa natal de Camilo José Cela, na que viviu o seu avó John Trulock.
John Trulock, un inglés que chegou a Galicia para impulsar a primeira liña férrea que uniu Cornes, en Santiago, con Carril, en Vilagarcía no 1882.
O día 2 de agosto de 1983, produciuse un terrible incendio na vivenda, onde o tío materno do Premio Nobel, Jorge Trulock morre a consecuencia das queimaduras.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-María G. Zúñiga
Situada na estrada nacional-550.
Edificación de planta cadrada, con dous andares e cuberta a catro augas.
Na súa fachada destacan os tres arcos e o engadido lateral de planta circular, neste solar atopabase un complexo industrial azucreiro. O conxunto estaba composto dun gran edificio de tres corpos, na fachada principal existían tres arcos e unha cheminea.
Entre decembro de 1937 e abril de 1939 o solar converteuse nun campo de concentración polo que pasaron uns tres mil prisioneiros.
De todo o complexo azucreiro só se conserva o edificio residencial que podemos ver hoxe en día.
Fonte: Patrimonio Galego
Fonte: O Baixo Ulla
Lavadoiro emprazado na ribeira do rego de Tarrío.
Está formado por pedras de lavar elaborados a partir de bloques graníticos, ten un muro perimetral con arcos e cuberta de tella curva.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-@merceares
No ano 2018, con motivo dunha talla de arboredo, o hórreo foi completamente arrasado.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla
Cruceiro do tipo crucifixo, construído en cantaría de granito. Sitúase enriba dunha plataforma cúbica de gran tamaño
A base, cúbica e de arestas en mediacana, posúe unha inscrición moi erosionada, o varal comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrica, o pedestal ten catro chanzos e voo e o capitel está decorado con volutas e motivos vexetais.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña moi moldurada con forma de nubes no reverso. Este cruceiro foi feito no século XIX por J. e M. Braña, motivado por un crime
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: Patrimonio Galego
Esta estación, hoxe desaparecida, era igual á que na actualidade aínda existe en Padrón.
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia.
En 1861 comezaron as obras, que non finalizaron até 1873. A liña inaugurouse o 15 de setembro con grandes celebracións, lanzaron un globo ao ceo e repartíronse mil libras de pan entre os máis necesitados.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla
O monumental Santuario da Nosa Señora da Escravitude, obra de José San Martín e situado a medio camiño entre Santiago e Padrón, é de estilo barroco e neoclásico.
Planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro e presbiterio destacados en planta e alzado. Cantaría de granito. Fachada con porta de orellas, grande fornela para a Virxe, decorada con volutas, dúas torres xemelgas dun corpo de campás con pilastras e balconada de balaústres sobre cornixa. Remates de templete octogonal, con cupuliña moi peraltada. Nave dividida por arcos faixóns de medio punto, sobre entaboamento continuo con pilastras. Cruceiro con esteos de duplas pilastras. Cúpula semiesférica con lanterna sobre pendentes. Presbiterio con bóveda de casetóns.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: Wikimedia Commons
Localizada no interior da escalinata do Santuario da Escravitude.
Foi construída en cantaría de granito.
A escalinata é de dous treitos independentes en escaleira imperial, cos chanzos con beiril, o peitoril de balaústres composteláns e pilastras nos arrinques e nos relanzos, con pináculos adornados con volutas piramidal.
Fonte: O Baixo Ulla