Mapa Ruta Mar de Arousa

A peregrinación a Santiago de Compostela é o percorrido espiritual e cultural máis realizado desde a Idade Media. Obtivo o recoñecemento do Parlamento Europeo que o designou "Primer Iterinario Cultural Europeo", e foi declarado Patrimonio da Humanidade.

A Ruta Translatio ou Ruta Xacobea marítimo-fluvial polo Mar de Arousa e río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do Apóstolo Santiago.

O corpo de Santiago acompañado polos seus discípulos Teodoro e Atanasio entrou pola ría de Arousa seguindo o canle dos ríos Ulla e Sar ata arribar ó porto da cidade romana de Iria Flavia, Padrón.
Alí amarrarón a barca ao "Pedrón", unha ara romana que se conserva na igrexa parroquial de Santiago de Padrón e, tras unha serie de feitos milagrosos, Santiago sería sepultado no monte Liberum Donum (Compostela), lugar designado como Arcis Marmoricis.

Esta iconografía dos apóstoles na barca, conducidos por un anxo e guiados por unha estrela, reproduce o actual selo municipal do Concello de Padrón e tamén unha moeda aparecida na Nécropole de Adro Vello.


Orixe da Ruta Translatio


A Ruta Translatio polo Mar de Arousa e Río Ulla nace en 1963 cunha iniciativa da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla.
En 1999 foi declarada de interese cultural e galego pola Xunta de Galicia.
A conmemoración anual lévase a cabo a finais de Xullo ou principios de Agosto e organízase unha procesión marítimo-fluvial que parte de distintos portos da Ría de Arousa con destino a Pontecesures e Padrón, e faino seguindo os últimos tramos daquela viaxe apostólica.
Os portos de Ribeira e o Grove marcan a entrada á ría de Arousa. Por diante, corenta millas náuticas ata a antiga Iria Flavia e despois, arredor de 25 Km a pé ata Santiago de Compostela.

O primeiro remonte celebrouse en 1965, promovido e impulsado por José Luís Sánchez Agustino (1930-2010) xunto coa Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.


Vía Crucis pola Ría de Arousa


En 1965,iniciábase a colocación de varios cruceiros en lugares extratéxicos desta ruta. Cabe destacar os 17 cruceiros de pedra case todos situados no fondo da ría e nas dúas ribeiras do Ulla, que imos descubrindo no percorrido. Conforman o único vía crucis marítimo-fluvial do mundo.
Os dous primeiros cruceiros que sinalan a Ruta Translatio están na Illa Malveira Grande e na punta Norte da Illa de Cortegada.


Pobos no Camiño


En total, 22 municipios pertencentes ás provincias de Pontevedra e A Coruña integran o padroado da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Os pertencentes ao sur da Ría de Arousa:

Sanxenxo, Meaño, O Grove, Cambados, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Valga, Pontecesures.

Os do norte da Ría:

Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro

Finalmente o tramo xa a pé, de Padrón a Santiago de Compostela, que coincide coa última etapa do Camiño Portugués:

Padrón, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela.