A referencia máis antiga que se recuperou de este templo é de 1539.
Aparecen na documentación relativa a unha visita que se fixo no 1598, cando pertencía ao Hospital Vello de Santiago. Pouco despois a universidade fixose cos seus bens e padroado.
As primeiras celebracións no día da Santa datan da primeira metade do século XVII .
No atrio da Capela sitúanse dous cruceiros. Un deles foi devolto ó seu lugar orixinal o día da santa de 2004, feito que se recolle nunha placa situada o lado.
Fonte: Concello de Ames
Fonte: Concello de Ames
Tamén coñecida como a Ermida de San Martiño (Francos), é unha pequena capela duns 180m2 de sobria factura realizada con pedra de cantaría e cachotaría.
Descoñécese a súa data de construcción, aínda que aparece xa mencionada en documentos do ano 1755.
No seu interior sobresae unha enorme cuncha mariña, do xénero "tridacna", que é emperegada como pía de auga bendita. Foi doada en 1790 polo patrimonio formado por Pedro Lobato e Alberta Ameneiro, segundo a inscrición que a acompaña.
Esta capela está fortemente vinvulada ao Camiño Portugués, alí poden selar as persoas peregrinas a súa credencial.
Fonte: Turismo Teo
Fonte: Turismo Teo
Tamén é coñecido este castro co nome de Castro de Francos, por estar cerca do lugar da parroquia de Calo, que leva ese nome e pertence ao concello de Teo. Outro nome é o de castro de Beca (Brión) e tamén do Faramello (Rois) segundo a aldea que se tome de referencia.
Administrativamente
atópase dividido nos concellos de Rois e Brión, pertencendo a maior parte a este último. O recinto
castramentado está a uns 140 metros de altitude, sobre un monte que domina o entorno e os vales do Sar e o río Tinto.
Chégase a acrópole por un camiño empedrado pola zona norte, sendo esta a única entrada ao recinto
coñecido como a “Eira dos Mouros”.
Rodeando o recinto vemos unha muralla que está relativamente en bo estado e que ten alturas e ancho diferentes segundo o treito que atravesa.
No seu interior está unha ampla plataforma de 1,4 ha., cruzada por murallas que posiblemente pertenceran a unha fortaleza medieval que dominaría o paso por unha antiga vía que atravesaba pola Ponte de Francos sobre o río Tinto en dirección ao val da Amaía.
Atribúese a este castro a lenda medieval da residencia da raíña Lupa,relacionado co mito xacobeo do traslado do Apóstolo a terras de Santiago.
Fonte: O Concello de Rois: Historia, Economía e Arte-Clodio González Pérez
Fonte: El Español
O Pazo do Faramello é un edificio de comezos do século XVIII de estilo barroco compostelano civil, con marcadas influenzas italianas que delatan a súa orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino.
Está situado en pleno corazón da Comarca do Sar, encóntrase equidistante en 12km de Padrón e de Santiago de Compostela, ademais é o derradeiro pazo atravesado polo Camiño de Santiago portugués antes de chegar á capital compostelana.
A finca abarca unha superficie de 126.000m2 e o edificio principal supera os 2100m2 magníficamente construídos.
Destaca entre a élite dos grandes pazos galegos pola súa orixe industrial, xa que se fundou a partires da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos e da cal, aínda se poden visitar os antigos muíños coas seus correspondentes apeiros.
Fonte: Patrimonio Galego
Fonte: Pazo do Faramello
Aldea do concello de Rois con posible orixe medieval que a día de hoxe conserva elementos arquitectónicos tradicionais de Galicia.
Aldea do concello de Rois con posible orixe medieval que a día de hoxe conserva elementos arquitectónicos tradicionais de Galicia.
A aldea de Angueira de Castro compón un espazo singular, en pleno corazón do Camiño Portugués que atravesa o Concello de Rois e fotemente vinculado á lenda áurea do Apóstolo a a mítica raiña Lupa. A aldea conserva gran parte das edificacións da arquitectura tradicional, adaptándose ao monte que xorde en torno a él.
Tamén podemos atopar unha área recreativa, situada tras visitar o Pazo do Faramello e antes de chegar á aldea que leva o seu nome, é un lugar perfecto para facer un alto no noso camiño e descansar.
Fonte: Santiago Turismo
Fonte: Santiago Turismo
O monumental Santuario da Escravitude, obra de José San Martín e situado a medio camiño entre Santiago e Padrón, é de estilo barroco e neoclásico.
Planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro e presbiterio destacados en planta e alzado. Cantaría de granito. Fachada con porta de orellas, grande fornela para a Virxe, decorada con volutas, dúas torres xémeas dun corpo de campás con pilastras e balconada de balaústres sobre cornixa. Remates de templete octogonal, con cupuliña moi peraltada. Nave dividida por arcos faixóns de medio punto, sobre entaboamento continuo con pilastras. Cruceiro con esteos de duplas pilastras. Cúpula semiesférica con lanterna sobre pendentes. Presbiterio con bóveda de casetóns.
Temos que resaltar a fonte que está baixo as súa impresionante escalinata, da que se narra unha interesante e milagrosa historia. Conta a mesma que un hombre enfermo que facia o Camiño de Santiago para conseguir a curación da súa hidropesía, parouse na fonte a beber, sendo curado 72 horas despois, sin a intervención de ningún médico. Por iso o home exclamou “Gracias, Virxe, que me libraches da escravitude do meu mal”.
Deste modo, esta historia converteuse en parte viva da orixe deste santuario, que comenzou a edificarse grazas ao carro de bueis que o camiñante donou para tal obra, que se terminou en 1886.
Así, finalizouse un proxecto que xa comezara no século XVI, cando o párroco de Cruces colocou sobre a fonte unha imaxe pétrea da Virxe co Neno en agradecemento por un favor que recibíu dela.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: Wikimedia Commons
O primeiro templo de Iria foi arrasado no século X por Almanzor, posteriormente, no século XII, o Arcebispo Xelmírez ordenou a súa reconstrución, converténdoa en colexiata.
Foi episcopal desde o século V até o 1095, colexiata até 1895, e a partires desta data pasou a ser parroquia maior dedicada a Santa María.
A edificación é de estilo gótico, coa planta en cruz latina de tres naves con cruceiro e dúas capelas acaroadas nos extremos. Ten un reloxo de sol e a parte inferior da fachada constitúe o único resto da antiga colexiata no remate do románico.
No adro da localízanse unha serie de sartegos medievais da época sueva, monolíticos e escavados con forma antropomorfa. Tamén hai tampas monolíticas de forma lisa ou en dobre estola e outros construídos con laxes e perpiaños. Foron atopados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na contorna da igrexa, durante os anos 70 por Manuel Chamoso Lamas, e sobre todo na campaña de 1992, dirixida polo profesor José Suárez Otero. Trátanse de tombas altomedievais, prerrománicas, cunhas características moi marcadas que aparecen só na antiga Gallaecia. Parece que están asociadas a importantes sedes episcopais, como Braga, Ourense e Iria.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-Iago Pillado
Se queremos descansar da nosa visita por Padrón, un dos mellores lugares é o paseo fluvial do Espolón, en pleno casco antigo. Cuberto por un conxunto de Plátanos de sombra e presidido a ambos os dous lados polos nosos máis célebres literatos tanto no ámbito nacional como internacional.
Foi construído arredor do 1832 sobre o meandro do río Sar, e recuberto por plátanos de sombra. Está presidido ao norte polo Monumento a Rosalía de Castro, obra de José María Mateos, e ao sur pola de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía.
O carácter deste paseo dallo a súa arquitectura, o arboredo e a perspectiva.
O conxunto arbóreo está incluída como formación senlleira (16F) dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
Dende a Idade Media, o lugar acolle o mercado dominical máis grande de Galicia.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-Merce Ares
No interior da Igrexa de Santiago, atopamos o Pedrón, é o elemento máis representativo da vila.
Según conta a tradición, foi no lugar donde foi amarrada a barca que traía os restos do Apóstolo Santiago, xunto cos seus discípulos Teodoro e Atanasio, dende Palestina até as Terras de Iria.
Realmente podería tratarse dunha ara romana dedicada ao deus Neptuno.
A principios da Idade Media, o Pedrón foi usado como base para o altar da orixinaria igrexa na honra a Santiago.
O Bispo Teodomiro, descubridos do sepulcro de Santiagomandouna levantar no século IX.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: A Illa de Arousa
Fonte monumental de gran tamaño con motivos e figuras relixiosas, obra do mestre Pedro da Bárcena.
Na parte alta do arco pode verse a chegada a Galicia do Apóstolo Santiago, debaixo desta imaxe outra do mesmo santo bautizando á Raíña Lupa cunha cuncha, e na parte inferior a Virxe das Dores. Foi reconstruída cando remataba o século XVIII, onde unha clara inscrición no exterior informa ao recentemente chegado de que se reedificou esta fonte, reinando o señor don Carlos IIII, sendo alcalde don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789. No interior advírtese que, o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlúcar, Bispo de Sidonia, concedeu 40 días de indulxencias a todos os que devotamente rezaren unha salve diante desta imaxe.
Fonte: O Baixo Ulla
Logo de cruzar a ponte de Santiago, en Padrón, topamos coa Costiña do Carme, que nos conduce ata o convento que leva o seu mesmo nome, o Convento do Carme.
O edificio, de estilo neoclásico, construíuse a primeiros do século XVIII sobre rocha viva. Os seus primeiros habitantes foron os Carmelitas Descalzos e, tras a Desamortización, pasou a mans dos Dominicos, aínda presentes hoxe.
Debido á súa situación privilexiada, o seu adro, aberto a todo o público, ofrécenos un perfecto miradoiro de gran parte do territorio de Terras de Iria.
Fonte: O Baixo Ulla
Para acceder á ermida do Santiaguiño do Monte un dos seus grandes atractivos é recorrer o Vía Crucis de 136 chanzos e 30 descansos que conducen ata ela.
Partindo da rúa Peregrinos ou da rúa de Santiago, este vía crucis ascende cara o Santiaguiño do Monte á beira do muro do Convento do Carme, estando formado por 136 chanzos. Trátase dunha obra do século XIX, patrocinada polo padronés Vidal Cepeda.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: Padrón Turismo
Aquí atopamos un contorno incomparable para o descanso e ocio, dipoñendo dunha zona acondicionada con mesas, grellas, fontes, parque infantil, etc, apta para o goze en familia e amizades.
É un dos emprazamentos de maior tradición Xacobea de Galicia. Na ladeira deste monte, tamén chamado San Gregorio, atópase un espazo de desbordante espiritualidade. Trátase dun xacemento arqueolóxico que podería remontarse á Idade de Ferro (s. III a. C.). A tradición identifícao como un dos santos lugares onde estivo predicando o Apóstolo Santiago na Península Ibérica, cara ao ano 40 d.C.
Fonte: Galicia pueblo a pueblo
Fonte: Galicia pueblo a pueblo
Este antigo santuario paleocristián está erixido sobre un conxunto de rochas graníticas que forman un pequeno monte pétreo.
Este antigo santuario paleocristián está erixido sobre un conxunto de rochas graníticas que forman un pequeno monte pétreo. Estas rochas deixan cavidades de diversas formas e tamaño ás que a tradición popular lle asigna diferentes nomes.
Desde a Idade Media foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo Arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo Arcebispo Martín de Herrera.
Segundo a lenda, cando Santiago estaba a predicar o evanxeo, foi desafiado por unha muller que lle dixo: ”Se o teu Deus ten tanto poder, que faga xurdir a auga para quitar a miña sede”. Entón Santiago golpeou a pedra co seu bastón, xurdindo un manancial de auga ao que hoxe en día se lle dan propiedades milagreiras.
Fonte: O Baixo Ulla
Debaixo da Ermida do Santiaguiño do Monte abrolla auga dunha fonte. Este lugar identifícase coa gruta na que se agochou o Apóstolo Santiago e desde o século XV vincúlase co perdón dos pecados.
Era o lugar onde bebían e se lavaban os peregrinos que se aproximaban ao territorio no que Santiago predicou hai case 2.000 anos.
A tradición popular transmitiu a crenza de que a fonte foi froito dun milagre do Apóstolo, quen fixo xurdir auga da rocha ao golpeala tres veces co seu báculo para apagar a sede dunha xentil muller.
Actualmente mantense o rito de recoller a súa auga na véspera de San Xoán para que, mesturada con herbas, purifique e libre dos malos espíritos.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla
Cruceiro do tipo de cruz erixido sobre seis grandes rochas de granito, onde segundo a tradición predicou o Apóstolo Santiago.
Lugar onde o apóstolo Santiago se retiraba a reflexionar despois das suas predicaciones. Unha escultura, unha cruz en pleno contorno natural recordanos a situación que siglos atrás viviron aquelas pedras e aquelas árbores. Os peregrinos rezaban e subían de xeonllos ata chegar ao promonitorio de rochas, o inferno, ao cielo e ao purgatorio como así as chaman.
No conxunto das dez grandes rochas, destaca no centro a figura do apóstolo Santiago predicando sobre unha peaña. Na parte dianteira pódense apreciar varias cruces gravadas e unha inscrición que reza, segundo algunhas interpretacións "Esmola para Santiago Maior Apóstolo" ou "Esmola para Xesús e María". Na rocha superior pódese observar unha cruz pétrea anterior ao século XVII.
Fonte: Galicia pueblo a pueblo
Fonte: Google Maps