Necrópole Adro Vello (O Grove)

Este importante xacemento arqueolóxico atópase na ribeira da praia de O Carreiro.

Lagoa A Bodeira (O Grove)

Complexo dunar xunto a unha lagoa de auga doce de 1,5ha. A Lagoa de A Bodeira é o único exemplar deste tipo existente na provincia de Pontevedra.

Igrexa de Santa María de Simes (Meaño)

A Igrexa de Santa María de Simes, foi construída ao inicio do século XII, está situada o inicio do Monte Castrove, na estrada que une as parroquias de Samiera e Xil.

Mirador de A Pastora (Cambados)

Xunto ás ruínas de Santa María, subindo as escaleira ao monte de A Pastora, atopámonos cun pequeno parque infantil, unha pequena fonte de auga potable, un cruceiro e a capela de “A Pastora”.

Ruínas de Santa Mariña de Dozo (Cambados)

De estilo gótico mariñeiro, presenta tamén trazos renacentistas. Consta dunha soa nave dividida por catro arcos transversais románicos, cinco capelas laterais, sancristía e capela maior.

Paseo e porto do Xufre (Illa de Arousa)

O paseo e porto de Xufre foi inaugurado no 1992 e ten unha extensión de 700 metros de lonxitude.

Igrexa de San Xulián (Illa de Arousa)

A igrexa de San Xulian é de estilo Neoclásico datado de 1817, foi construída cos restos dunha antiga torre.

Igrexa de Santa María de Caleiro (Vilanova de Arousa)

Igrexa de estilo románico, a súa estrutua orixinal foi transformada a medida que foron pasando os anos.

Torre de Cálago (Vilanova de Arousa)

A torre de Cálogo é o único resto que se conserva do antigo Mosteiro de San Cálogo.
É do século IX, con planta mediada.

Pazo e Convento de Vista Alegre (Vilagarcía)

O edificio sitúase no centro urbano de Vilagarcía de Arousa, xunto ó pazo que leva o mesmo nome.

Castro Alobre (Vilagarcía)

Situado en pleno casco urbano, no Montiño, lugar que no pasado supoñía un promontorio costeiro de clara situación estratéxica.

Igrexa San Martiño de Sobrán (Vilaxoán)

A igrexa de San Martiño de Sobrán está no lugar de Vilaxoán, e , xunto a ela, atópase o pazo do século XVI coñecido como o Pazo do Lagar.

Illa de Cortegada

A Illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla, fronte ás costas de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.

Torres do Oeste

As Torres do Oeste son restos dunha fortificación situada estratexicamente nas beiras do río Ulla, xusto na desembocadura do mar.