A ponte serve como unión entre as provincias de Pontevedra e A Coruña.
A ponte foi construída entre os anos 25 a.C e o século I d.C.
É unha vía de máxima importancia, a reforma máis importante dende a súa construcción foi realizada no 1161.
O Ulla é fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e da Coruña, a ponte serve para comunicar as dúas provincias e máis en concreto dúas vilas veciñas como Pontecesures e Padrón, converténdose, así, en símbolo de unión.
Fonte: Turismo Rías Baixas
O actual cruceiro está situado no terreo dunha antiga dársena comercial até o século XX. Posteriormente na contorna onde hoxe se localiza o cruceiro, emprazábanse grandes depósitos onde se almacenaba a area que se extraía do río Ulla.
Trátase dun cruceiro de tipo fuste rematado nun crucifixo.
Esta cruz está construída sobre unha plataforma con tres chanzos en forma cuadrangular sobre a que se atopa o pedestal na mesma forma xeométrica, cunha escocia e a parte superior moldurada. O capitel é sinxelo e ten un tronco piramidal invertido con varias moldaduras que van de menos a máis.
A cruz comeza e remeta en forma cadrada e logo é octogonal. No anverso atópase a figura de Cristo crucificado con tres cravos, coroa de espiñas e cabeza inclinada cara o lado dereito.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-Eloy Rodríguez
A praza de Abastos é un centro de mercado tradicional que conta con postos de alimentación dedicados principalmente á venda de produtos gastronómicos frescos e de proximidade
Construída en maio de 1889 no solar denominado campo da feira, actualmente Souto.
O edificio antigo sitúase ó remate do paseo do Espolón ocupando unha superficie de 35m de longo e 12 de ancho. Na fachada obsérvanse sete arcos de medio punto cun arco central de maior tamaño. O teito fíxose de pino tea e as ripas eran de castaño, destinándose a punto de venta de peixe, cereais e legumes.
As obras rematarían en novembro de 1903.
Fonte: O Libro os monumentos e a etnografía de Padrón
Fonte: O Baixo Ulla
No extremo sur da zona antiga de Padrón está a praza na que se atopa o cruceiro plateresco de Fondo de Vila.
Esta peza foi doada por Juan Loreda no século XV. Nel figuran diferentes representacións alegóricas: caveiras, tibias, píntegas e outros animais, ademais da representación de San Xoán e do Apóstolo no fuste.
Na cruz pódese ver a Xesús crucificado nunha das caras e, na outra, a representación do descendemento.
É de destacar que este cruceiro foi eloxiado polo autor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Rianxo, vila ligada á de Padrón.
Monumento ao escritor padronés Camilo José Cela (Iria Flavia, 1916 – Madrid, 2002) Marqués de Iria Flavia, Fillo Predilecto de Padrón e Premio Nobel de Literatura. Atópase no Paseo do Espolón.
O monumento está dividido en tres partes: pedestal pétreo sobre o que se asenta a figura sedente do escritor realizada en bronce e dúas esferas que simbolizan a creación e o coñecemento.
O acto de inauguración contou ca presenza da viúva do Nobel, Marina Castaño, entón presidenta da Fundación PG Camilo José Cela, e o conselleiro de Cultura Jesús Pérez Varela e concluiu cunha oferta floral simbólica na lembranza do escritor.
Fonte: España Bizarra
Paseo fluvial á beira do Sar.
Foi construído arredor do 1832 sobre o meandro do río Sar, e recuberto por plátanos de sombra. Está presidido ao norte polo Monumento a Rosalía de Castro, obra de José María Mateos, e ao sur pola de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía.
O carácter deste paseo dallo a súa arquitectura, o arboredo e a perspectiva.
O conxunto arbóreo está incluída como formación senlleira (16F) dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
Dende a Idade Media, o lugar acolle o mercado dominical máis grande de Galicia.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-Merce Ares
O edificio atópase ao carón do Espolón.
A Casa dos da Riva está limitada por un muro rústico sobre o que se presenta un enreixado de fundición artística cara ao Paseo do Espolón, cunha singular balconada da mesma traza.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla- @lacamibossa
O monumento a Rosalía de Castro atópase no Espolón, en fronte á Igrexa de Santiago de Padrón.
Foi unha doazón dos padroneses residentes en Uruguai presididos polo padronés D. Ignacio Landeira Formoso e baixo os auspicios do médico padronés D. José Sebe Méndez. O acto foi presidido pola S.E. Rvda, e o Cardeal de Santiago de Compostela Quiroga Palacios.
Despois da misa da mediodía, a comitiva inaugurou tres placas conmemorativas na honra de outros literarios padroneses que foron colacadas nas súas casas natais: D. Manuel Barros (en A Trabanca, Rúa do Carme 47), D. Agapito Nicasio Pajares Ojeros (en A Trabanca, Rúa Santiago) e D. Camilo José Cela (en Iria Flavia). Estes actos foron presididos polo poeta Ramón Otero Pedrayo.
Fonte:Susi Frieiro
Ten orixe medieval, mais sufríu diversas remodelacións ao longo da historia.
A máis drástica é obra de Juan Peón, cando en marzo de 1845, unha gran inundación danaría a estrutura, en concreto dous dos catro arcos que posuía, que co paso dos días acabarían cedendo e sepultándose nas augas do Sar.
Segundo documentos que constan no arquivo histórico do Concello de Padrón, a ponte orixinal medieval sufríu unha remodelación previa en 1790.
No lado dereito, emprazábase a antiga Torre Moucha, atacada pola Revolta Irmandiña no século XV e derrubada no 1832.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: Galicia Pueblo a Pueblo
Construída por Pedro da Bárcena en 1577.
A fonte consta de tres corpos, a Virxe das Dores, a Traslación do Apóstolo Santiago polos seus discípulos e o Bautismo á Reina Lupa polo Apóstolo Santiago.
Fonte: O Baixo Ulla
O albergue atópase localizado nunha antiga casa de pedra restaurada ao carón do Convento do Carme. Foi inaugurado en 1998, sendo o primeiro do camiño.
O albergue de peregrinos da Xunta de Galicia é un albergue público exclusivo para peregrinos do Camiño de Santiago con credencial, xestionado pola Xunta de Galicia.
Diante da Costanilla do Carmen atopamos un edificio construído a comenzos do século XVIII sobre rocha viva, de estilo neoclásico.
Ten a súa orixe na doazón duns terreos no barrio da Trabanca que a señora de Parga entregou a uns carmelitas descalzos que vivían dispersos por Rianxo.
O arcebispo de Quito envioulles 40.000 pesos anualmente para a construcción do convento e a igrexa. A primeira pedra do novo templo colocouse no ano 1739.
As obras de construcción duraron 23 anos. No 1752 procedeuse á súa inauguración.
Por mor da exclaustración de 1836 o convento abandonouse polos carmelitas incautándose del o Estado, mercado por un rico comerciante que llo cedeu ós PP Dominicos.
Preside o altar maior a imaxe de San Xosé, á esquerda atópanse os altates de Santa Teresa, Nosa Señora do Carme, Santo Tomás de Aquino, San Vicente Ferrer e San Xaquín.
O edificio situado a 15m rodease dun adro, e estructuralmente ten tres corpos comunicados en medio cun patio cuadrángulo.
Fonte:Os monumentos e a étnografía de Padrón
Fonte: Ver Pueblos
O Santiaguiño do Monte é unha área recreativa.
Para chegar á área recreativa de Santiaguiño do Monte de Padrón temos dúas opcións. A primeira delas é a pé, a través de 132 escaleiras que nacen moi preto do Convento do Carme, e a segunda, en coche, collendo a AC 299 dirección a Rois, desviándonos á man esquerda a uns 300 metros da ponte de Santiago.
O Santiaguiño do Monte é un xacemento arqueolóxico que funde as súas raíces no principio dos tempos, probablemente fora un santuario pagán no que se celebrarían ritos relacionados coas forzas da natureza, posteriormente asimilouse pola tradición cristián – medieval relacionándo ca predicación e culto a Santiago Zebedeo o fillo do Trono.
Dende o punto de vista arqueolóxico encádrano na Idade do Ferro (século III a.C.)
O xacemento constitúeno: a ermida, a casa do ermitán, a fonte, os penedos e todo o contorno.
Por outro lado, alí atoparemos un contorno incomparable para o descanso e ocio, dipoñendo dunha zona acondicionada con mesas, grellas, fontes, parque infantil, etc, apta para o goze en familia e amizades.
Fonte: Libro: Os monumentos e a etnografía de Padrón
Este antigo santuario paleocristián está erixido sobre un conxunto de rochas graníticas que forman un pequeno monte pétreo.
Estas rochas deixan cavidades de diversas formas e tamaño ás que a tradición popular lle asigna diferentes nomes.
Desde a Idade Media foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo Arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo Arcebispo Martín de Herrera.
A ermida consta dun único altar presidido pola imaxe pétrea de Santiago, erosionada nos dedos e nas mans debido ao rozamento dos peregrinos durante séculos. Actualmente, este costume só ten lugar durante a novena e a festa do 25 de xullo, data de celebración da famosa romaría do Santiaguiño do Monte.
A partir do século XV o monte do Burgo comeza a denominarse monte de San Gregorio, na honra ao cóengo de Iria Flavia que reconstruíu a ermida cos seus propios fondos e impulsou a construción de vivendas para familias desfavorecidas, (proxecto que non chegaría a ver rematado).
No interior da ermida atópase o seu sepulcro, o cal estivo situado no centro da nave ata a remodelación do templo no 1960.
Fonte: O Baixo Ulla
Debaixo da Ermida do Santiaguiño do Monte abrolla auga dunha fonte. Este lugar identifícase coa gruta na que se agochou o Apóstolo Santiago e desde o século XV vincúlase co perdón dos pecados. Era o lugar onde bebían e se lavaban os peregrinos que se aproximaban ao territorio no que Santiago predicou hai case 2.000 anos.
A tradición popular transmitiu a crenza de que a fonte foi froito dun milagre do Apóstolo, quen fixo xurdir auga da rocha ao golpeala tres veces co seu báculo para apagar a sede dunha xentil muller.
Actualmente mantense o rito de recoller a súa auga na véspera de San Xoán para que, mesturada con herbas, purifique e libre dos malos espíritos.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla
Cruceiro do tipo de cruz erixido sobre seis grandes pedras de granito, onde segundo a tradición predicou o Apóstolo Santiago.
Trátase dun cruceiro sinxelo de cruz lisa, sen imaxes, capitel simple sen peaña nin grada.
No conxunto das dez grandes rochas, destaca no centro a figura do apóstolo Santiago predicando sobre unha peaña.
Na parte dianteira pódense apreciar varias cruces gravadas e unha inscrición que reza, segundo algunhas interpretacións “Esmola para Santiago Maior Apóstolo” ou “Esmola para Xesús e María”. Na rocha superior pódese observar unha cruz pétrea anterior ao século XVII.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: Google Maps
De estilo neoclásico sobrio, substitúe a unha igrexa mandada construír polo Bispo Teodomiro no século IX, a outra fundada polo Arcebispo Xelmírez no ano 1133 e á refundada por Lope de Mendoza no século XV, de estilo gótico. Sufriu diferentes reformas, sendo a última do ano 1867.
O edificio presenta tres naves sen cruceiro. A separación das naves con columnas nucleando pilastras toscanas nas que descansan os arcos de medio punto. No muro lateral leste ten unha portalada e a fachada alberga unha porta coroada por un frontón triangular e, á súa vez, o conxunto está enmarcado por dous pares de columnas xónicas que sosteñen outro frontón partido.
Flanqueando aos lados da fachada, dúas torres campanarios xemelgas, unha a cada lado, cuadrangulares, formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto onde levan as campás, rematadas cunha cornixa e unha cupuliña.
Só a torre campanario da dereita, mirándoa de fronte, leva campás.
No interior pódese ver unha inscrición sobre unha pedra que lembra o templo levantado polo Arcebispo Xelmírez en 1133.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla-Xosé Troiano
No interior da Igrexa de Santiago, atopamos o Pedrón, o elemento máis representativo da vila.
Segundo conta a tradición, foi no lugar onde foi amarrada a barca que traía os restos do Apóstolo Santiago, xunto cos seus discípulos Teodoro e Atanasio, dende Palestina até as Terras de Iria.
Realmente podería tratarse dunha ara romana dedicada ao deus Neptuno.
A principios da Idade Media, o Pedrón foi usado como base para o altar da orixinaria igrexa na honra a Santiago.
O Bispo Teodomiro, descubridos do sepulcro de Santiago mandouna levantar no século IX.
Fonte: O Baixo Ulla
Dende o século XV este era o lugar onde se emplazaba o antigo hospital de peregrinos.
O arcebispo compostelán Diego Xelmírez construíuno, no século XII.
Actualmente o edificio úsase para tarefas administrativas.
Fonte: O Baixo Ulla
Esta fonte atópase o carón da Igrexa de Santiago de Padrón.
Fonte co corpo principal metálico de nova factura e pía de pedra.
Moi semellante á existente ao carón do Cemiterio de Adina.
Fonte: O Baixo Ulla
Moi preto da Igrexa Parroquial de Santiago de Padrón, situado na Rúa das Dores, levántase este pazo urbano.
O Pazo do Bispo de Quito foi construído en 1666. Este edificio renacentista obra de Melchor Velasco Agüero, foi propiedade de Alonso de la Peña y Montenegro, o cal foi bispo, rector da Universidade de Santiago de Compostela e capitán xeral en Quito, onde morreu en 1688.
Presenta un soportal con seis arcos de medio punto rebaixados que descansan sobre pilastras cadradas e robustas ás que se superpoñen outras apegadas acabando en sinxelos capiteis posuíndo dous escudos do arcebispo.
Fonte: Libro: Os monumentos e a etnografía de Padrón
Antiga porta de entrada á vila de Padrón.
No debuxo realizado por Pier Maria Baldi, que pasou por Padrón acompañando a Cosme de Médici en 1669, pódense entrever as feituras da antiga muralla da vila, a Escola de Cristos (á esquerda da anterior igrexa parroquial), xunto coa desaparecida Torre Moucha, é a anterior ponte sobre o Sar, coa caseta para cobrar impostos que tiña no medio.
Fonte: O Baixo Ulla
Fonte: O Baixo Ulla