O cruceiro de Illa Malveira Grande é o primeiro do vía crucis, o máis metido no mar.
O Cristo crucificado foi colocado mirando á terra e a Virxe dirixe a súa mirada ao outro lado da ría, a Ribeira e Aguiño. O fuste é octogonal na súa parte superior e cadrada na inferior. Fáltalle a figura do Apóstolo que no seu día tivo adosado.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla
Fonte:Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
A base do cruceiro aséntase no terreo onde se ve exposto aos movementos do mar.
O fuste de dous corpos, cuadrangular o primeiro e octogonal o máis alto, ten unha imaxe do Apóstolo Santiago a media altura sobresaíndo del. Neste caso Cristo mira á Serra do Barbanza, mentras a Virxe co neno, no lado oposto faino cara a Carril.
Fonte: Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
A base é sinxela, o fuste octogonal dividido en dous tramos desiguais e cunha figura que representa ao Apóstolo sobresaíndo del e mirando cara ao mar, mentras que a Virxe mira cara a terra firme.
Fonte:Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Morfoxicamente é idéntico ao cruceiro O Salgueiral.
Falamos dunha base cadrada, sinxela, da que sae un fuste con dous corpos e octogonal cunha estatua do Apóstolo Santiago colgando que mira cara ao río como mira tamén Cristo crucificado, mentres que a Virxe mira cara ao lado contrario. Tanto o Cristo como a Virxen atópanse sobre un capitel ornamentado onde destaca a vieira de Santiago Apóstolo .
Fonte:Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Morfoloxicamente é moi parecido aos anteriores.
A base é cadrada carente de ornamentación de onde sae o fuste octogonal dividido en dúas partes. O capitel ornamentado (mostrando a cruz de Santiago), onde o Cristo mira cara a ría, mentres que, a Virxe mira cara terra firme.
Fonte:Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Punta Patiño divide o que é a ría e o río Ulla.
Conxunto de tres cruceiros: o cruceiro da esquerda non se atopa en liña cos outros dous, se non que mira a cara eles.
Os dos extremos son máis pequenos e sinxelos. O do centro segue o patrón: base sinxela, fuste en dúas partes (rectangular a primeira, octogonal a segunda), capitel decorado, Cristo crucificado mirando ao mar e Virxe que fai o mesmo pero coa terra ante os seus ollos.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
De base atopamos unha pedra pequena que sobresae uns centímetros do mar.
Xesús atópase na cruz mirando cara ao Barbanza, sua nai, a Virxe mira cara a Catoira. O resto do corpo do cruceiro é igual aos anteriores, coa única diferenza que non atopamos ningunha figura do Apóstolo Santiago adosada ao fuste.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
A base é máis baixa que a doutros cruceiros, e atópase decorada con formas curvilíneas, ademais con símbolos e ósos relacionados coa morte.
O fuste ten duas partes diferenciadas, pero a base cadrada presenta unha mínima altura, dando a impresión de que todo é octogonal dando unha maior sensación de lixeireza .Na parte que mira a Catoira atópase a figura do Apóstolo. Na parte de arriba atopámonos un doble capitel, o primero é cadrado e ornamentado, mentres que, o segundo é un octógono puro e limpo, máis ancho que o fuste. Na cruz, por un lado, temos a virxe co neno en brazos mirando cara a costa de Rianxo, mentras que, o seu fillo crucificado mira cara a Catoira.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte:Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Modelo de base alta, sólida , austera e alta.
Sobre ela o fuste, dividido en dous tramos , o primeiro cuadrangular e o segundo octagonal. Despois, atraendo a atención, o capitel, con formas oblongas resaltando as catro cruces de Santiago. Na cruz, a Virxe mirando cara as Torres do Oeste e o fillo mirando cara a ribseira pontevedresa.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Encóntrase en terra firme, é un dos máis visitados xa que pola parte de atrás discorre un longo e cómodo paseo.
Desde o punto de vista morfolóxico ofrece a típica base cadrada alta e sólida, un fuste con dous tramos (cuadrangular tamen e octogonal) coa figura de Santiago no primeiro. E, arriba, o Fillo cara as augas do Ulla e a Nai contemplando como as persoas pasan polo paseo.
Fonte:Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
A Virxe cun trazo neorrománico e rostro inexpresivo na cara e o Cristo coas pernas moi encollidas.
A base é cadrada, alta, sólida e sen ornamentación algunha. O fuste presenta os dous clásicos tramos, pero o primeiro, o cuadrangular,de moi escasa altura, deixando o resto ao deseño enoctógono.
A singularidade: o fuste volve converterse en cuadrangular, pero con moi escasa altura, e sostén un dobre capitel formado igualmente, moi estreito.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Integrado na paisaxe urbana, é un exemplar especial para toda a veciñanza.
Está composto por un fuste, e presenta unha ornamentación vexetal que evita así as esquinas con arestas e deixa un espazo entre folla e folla ocupado a cuncha de vieira. Encima, a cruz con deseño octogonal e remates cadrados, con fendas que lle dan un aire grácil e livián.
Moitas formas curvas na Nai, coa cabeza suavemente ergueita mirando ao ceo. Abaixo non hai base porque non puido ser rescatada do lodo, senón unha pedra de gran tamaño que pon un contrapunto natural ao traballo humano.
O fuste é octogonal na súa parte superior, ten deseño cadrado na inferior. A media altura, a estatua do Apóstolo Santiago rompe en concerto de liñas rectas que converxen cara ao ceo.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
O capitel ten unha forma orixinal.
Con forma de voluta e con unha concha de vieira como toda decoración, que se abre para modificar unha peana na que non hai nin Nai nin Fillo, senón que que un Santiago peregrino nun tamaño demasiado grande con relación ao resto, rompendo o sentido da proporción co fin de chamar a atención.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
O cruceiro consta dunha base de tres escalóns de distinto lado, de modo que converxen nun fuste complexo, de base e final cadrados pero de corte octogonal ao longo do seu recorrido.
Abaixo sinxelos ornamentos como peixes, e na parte superior cunchas de vieiras.
Trátase dun cruceiro de capela ou Loreto.
Ten un Santiago Apóstolo adosado sobre unha barca mirando ao mar.
Sobre o fuste vai unha hornacina moi decorada, con motivos mariñeiros e na súa parte inferior destacan un polbo e unha estrela de mar, que fan compañía aos anxos.
O frontal de dita hornacina tamén resalta pola súa ornamentación que lembra algúns elementos do románico, mentres que un relevo embelece a parte posterior. No interior, a Virxe sostida por anxos que á súa vez ocupan un castelo.
Na parte superior mirando a terra un Cristo cravado na cruz.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
O fuste anchéase para deixar paso á capela decorada, que ten un Cristo crucificado encima que mira á boca da ría.
Ten unha triple base da que arranca un fuste octoganal coa decoración no seu principio (destacan os mexillóns) e no seu punto final (conchas de vieira), onde adopta forma cuadrangular. Mirando á terra e sobresaínte do fuste, un Santiago peregrino.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Da base de tres niveis parte o fuste octogonal sutilmente decorado. Tanto no principio como no final: elementos mariñeiros na súa parte inferior e cunchas de vieira na parte superior.
Todo isto da paso á capela e coroándoa, un Cristo na cruz que dá a espalda á ría. Quen si ten postos os ollos na ría é a figura de Santiago Apóstolo, situado no fuste. E outro elemento curioso máis: ó lado desta figura o artista deixou os rasgos dun peixe como símbolo da riqueza destas augas.
Na parte de atrás da capela un relevo ocupa todo o espazo e representa a barca de pedra que trasladou o corpo do apóstolo dende Terra Santa ata Padrón.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
Fonte: Guía de Cruceiros Xacobeos en el camino del Mar de Arousa y Ulla. Fundación Ruta Xocobea do Mar de Arousa e Ulla.
É o cruceiro máis cercano á boca da ría de Arousa, situado no parque de Pedra Pateira.
Obra de escasa altura, e tras a base con tres escalóns ven o fuste octogonal. A capela alberga a virxe co neno en brazos.
No máis alto, e mirando ao mar como súa Nai, un Cristo crucificado coa cabeza moi caída. Como elemento que chama a atención, nunha das diagonais traseiras do fuste sobresae unha imaxe do Apóstolo Santiago caracterizado como peregrino a Compostela.