Igrexa de estilo románico, aínda que podería tratarse de estilo prateresco ou barroco.
Planta rectangular dunha nave con cabeceira destacada. Ten cantaría de granito, fachada con portada de frontón recto partido e torre de campás dun só corpo, ademais de pilastras ortogonais con cupulita, canzorros e porta do século XVI no muro norte e canzorros no muro sur. Ten contrafortes con canzorros nos muros norte e sur, o muro leste con fiestra absidal de arquivoltas e presbiterio dobrado con arco triunfal de medio punto, sobre columnas de capiteis de fitaría.
Fonte: obaixoulla.gal
Aldea con posible orixe medieval que a día de hoxe conserva elementos arquitectónicos tradicionais de Galicia.
A aldea de Angueira de Castro compón un espazo singular, en pleno corazón do Camiño
Portugués que atravesa o Concello de Rois e fotemente vinculado á lenda áurea do Apóstolo a
a mítica raiña Lupa.
A aldea conserva gran parte das edificacións da arquitectura tradicional,
adaptándose ao monte que xorde en torno a el.
Fonte: santiagoturismo.com
Fonte: santiagoturismo.com
Tamén é coñecido este castro co nome de Castro de Francos, por estar cerca do lugar da parroquia de Calo, que leva ese nome e pertence ao concello de Teo. Outro nome é o de castro de Beca (Brión) e tamén do Faramello (Rois) segundo a aldea que se tome de referencia.
Administrativamente
atópase dividido nos concellos de Rois e Brión, pertencendo a maior parte a este último. O recinto
castramentado está a uns 140 metros de altitude, sobre un monte que domina o contorno e os vales do Sar e o río Tinto.
Chégase á acrópole por un camiño empedrado pola zona norte, sendo esta a única entrada ao recinto
coñecido como a “Eira dos Mouros”.
Rodeando o recinto vemos unha muralla que está relativamente en bo estado e que ten alturas e ancho diferentes segundo o treito que atravesa.
No seu interior está unha ampla plataforma de 1,4 ha., cruzada por murallas que posiblemente pertenceran a unha fortaleza medieval que dominaría o paso por unha antiga vía que atravesaba pola Ponte de Francos sobre o río Tinto en dirección ao val da Amaía.
Atribúese a este castro a lenda medieval da residencia da raínxa Lupa,relacionado co mito xacobeo do traslado do Apóstolo a terras de Santiago.
Fonte:O Concello de Rois: Historia, Economía e Arte. Clodio González Pérez.
Fonte: elespanol.com
O Pazo do Faramello é un edificio de comezos do século XVIII de estilo barroco compostelán civil, con marcadas influencias italianas que delatan a orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino.
Está situado en pleno corazón da Comarca do Sar, encóntrase equidistante en 12km de Padrón e de Santiago de Compostela, ademais é o derradeiro pazo atravesado polo Camiño de Santiago portugués antes de chegar á capital compostelá.
A finca abarca unha superficie de 126.000 m2 e o edificio principal supera os 2100m2 magnificamente construídos.
Destaca entre a élite dos grandes pazos galegos pola súa orixe industrial, xa que se fundou a partires da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos e da cal aínda se poden visitar os antigos muíños cos seus correspondentes apeiros.
Fonte: patrimoniogalego.net
Fonte: Pazo do Faramello
A capela do Pazo (1727) alberga un impresionante retablo de madeira realizado por un dos escultores barrocos capitais na Catedral de Santiago, o mestre José Gambino, nacido no Pazo.
Está situada dentro do Pazo do Faramello, antiga fábrica de papel. Despois da do pazo de Antequeira (Oín), é a mellor das capelas do Concello de Rois. Esta capela foi traslada despois da Guerra Civil dende o pazo da veciña aldea de Angueira de Castro onde se coñecía como “Capela de Xesús, María e Xosé”. Trátase dunha capela privada, mandada erguer por Fernando Cortés no século XVIII.
Fonte: Pazo do Faramello | O Concello de Rois: Historia, Economía e Arte. Clodio González Pérez
Tamén coñecida como a Ermida de San Martiño (Francos), é unha pequena capela duns 180m2 de sobria factura realizada con pedra de cantaría e cachotaría.
Descoñécese a súa data de construcción, aínda que aparece xa mencionada en documentos do ano 1755.
No seu interior sobresae unha enorme cuncha mariña, do xénero "tridacna", que é empreagada como pía de auga bendita. Foi doada en 1790 polo patrimonio formado por Pedro Lobato e Alberta Ameneiro, segundo a inscrición que a acompaña.
Esta capela está fortemente vinculada ao Camiño Portugués, alí poden selar as persoas peregrinas a súa credencial.
Fonte: turismo.teo.gal
Fonte: turismo.teo.gal
A referencia máis antiga que se recuperou deste templo é de 1539.
Aparecen na documentación relativa a unha visita que se fíxose no 1598, cando pertencía ao Hospital Vello de Santiago. Pouco despois a universidade fixose cos seus bens e padroado.
As primeiras celebracións no día da Santa datan da primeira metade do século XVII.
No atrio da Capela sitúanse dous cruceiros. Un deles foi devolto ao seu lugar orixinal o día da santa de 2004, feito que se recolle nunha placa situada ao lado.
Fonte: concellodeames.gal
Fonte: concellodeames.gal