Capela da Orde Franciscana
Lugar:Rúa Juan Rodríguez, Santiago de Padrón.
Historia:capela vinculada á Orde Franciscana.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xenealoxías do Barbanza.
Capela do Pazo de Arretén
Lugar:Arretén, Santa María de Iria Flavia.
Historia:capela do século XVI que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Arretén.
Fonte: obaixoulla.gal
Capela de San Bieito de Bascuas
Lugar:Bascuas, Santa María de Cruces.
Historia:capela pertencente á parroquia de Santa María de Cruces, na honra de San Bieito. Todos os anos no mes de xullo celébrase unha romaría na carballeira que rodea á capela, sacando ao santo en procesión. Esta talla foi realizada en 1845 polo escultor Juan Martín María Pernas Gambino. Nun do laterais hai unha fonte.
Fonte: obaixoulla.gal
Capela de San Miguel
Lugar:O Montiño, Santiago de Padrón.
Historia:capela na honra de San Miguel do século XIV, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo da Torre do Monte. Presbiterio englobado e perpiaños de granito e cachotaría rebocada e lucida. Fachada con porta de arco de medio punto e sobre a mesma un relevo coa figura de San Miguel. O pinche remate con cruz e pináculos tronco-pirámides, con bólas.
Fonte: obaixoulla.gal
Capela de Santo Cristo da Luz
Lugar:Pazos, Santa María de Iria Flavia.
Historia:no 1965 inaugurouse a capela anterior á actual, pagada polos veciños, e que estaba localizada nun pequeno outeiro preto do campo da festa, ao carón da N-550, e que substituía a outra aínda máis antiga.
A actual é do ano 1998.
Fonte: obaixoulla.gal
Capela do Cemiterio do Santiaguiño
Lugar:alto do Santiaguiño, Santiago de Padrón.
Historia:capela localizada no interior do Cemiterio do Santiaguiño do Monte.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Ermida do Santiaguiño do Monte
Lugar:alto do Santiaguiño, Santiago de Padrón.
Historia:ermida de estilo barroco do século XVIII, planta rectangular dunha nave co presbiterio englobado e cantaría de granito. Ten a fachada con porta de orellas e unha fornela coa imaxe do santo cun gran tímpano curvo, coa súa cornixa enlazada cas pilastras de esquina, que pechan o frontispicio. Pequena espadana, dun só corpo no interior, sinxela imaxe pétrea do Apóstolo e no chan apréciase a sepultura gótica de San Gregorio.
Este antigo santuario paleocristián está erixido sobre un conxunto de rochas graníticas que forman un pequeno monte pétreo. Estas rochas deixan cavidades de diversas formas e tamaño ás que a tradición popular lle asigna diferentes nomes.
Desde a Idade Media foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo Arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo Arcebispo Martín de Herrera. Segundo a lenda, cando Santiago estaba a predicar o evanxeo, foi desafiado por unha muller que lle dixo: ”Se o teu Deus ten tanto poder, que faga xurdir a auga para quitar a miña sede”. Entón Santiago golpeou a pedra co seu bastón, xurdindo un manancial de auga ao que hoxe en día se lle dan propiedades milagreiras.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xenealoxías do Barbanza