Muíño 1 de Pedroso
Lugar:Pedroso, parroquia de Santa María de Cruces
Historia:na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Suso
Muíño 2 de Pedroso
Lugar:Pedroso, parroquia de Santa María de Cruces
Historia:na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Fonte: obaixoulla.gal
Muíño 3 de Pedroso

Muíño 1 de Tarrío
Lugar:Tarrio, parroquia de Santa María de Cruces.
Historia:na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica. Presenta tellado a unha auga.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Inés Palmela
Muíño 2 de Tarrío
Lugar:Tarrio, parroquia de Santa María de Cruces.
Historia:na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Fonte: obaixoulla.gal
Muíño da Barca
Lugar:A Barca, parroquia de Santa María de Herbón
Historia:muíño emprazado na ribeira do rego da Rocha, poucos metros antes de desembocar no río Ulla.
Fonte: obaixoulla.gal
Muíño do Pazo do Vilar
Lugar:O Vilar, parroquia de Santa María de Cruces.
Historia:muíño que pertence ao conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Vilar.
Fonte: obaixoulla.gal
Muíño das pesqueiras da canle
Lugar: Herbón, parroquia de Santa María de Herbón.
Historia:muíño de dous andares ao carón da Ponte da Barca, que aproveitaba a represa das Pesqueiras da Canle. Entre finais dos anos 70 e principios dos 80, foi reconvertido en estación de bombeo da rede de auga potable do Concello de Pontecesures.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Manuel Reino
Muíño de Prada
Lugar:Prada, parroquia de Santa María de Cruces.
Historia:na ribeira río Sar, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Ten o tellado totalmente derruído. A pouca distancia deste atópase a Presa de Prada.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Ramón Angueria