Pesqueiras das Bellas
Lugar:Herbón, Santa María de Herbón.
Historia:as Pesqueiras das Bellas miden uns 91 metros. Teñen as subdenominacións de As Bellas (as da metade do río na súa beira norte) con 4 “pescos” e 3 “pasillos” e Ribeiro ou tamén As Bellas (as da outra metade na beira sur) con 8 “pescos” e 7 “pasillos”. Cada “pasillo” ten á súa vez o seu propio nome: o da Curuxa, o da Francisca, O Quintón, O Pexego, a continuación está a “vena” central sen armar, Pexego, Virguería, O Cabalo e O Cachopo.
O sistema de levantado de copos das Pesqueiras das Bellas é moi vistoso, posto que os propietarios utilizan unha barca chamada Ana María, que se constrúe de novo cada 6 ou 7 anos. Utilízase esta barca para aproximarse aos “pescos”, loitando contra a corrente para poder acceder a cada un deles.
Fonte:obaixoulla.gal | Imaxe: Latexos de Turismo
Pesqueiras das Areas
Lugar:Herbón, Santa María de Herbón.
Historia:as Pesqueiras das Areas miden uns 118 metros. Teñen as subdenominacións de As Areas (as da metade do río na súa beira norte) con 6 “pescos” e 5 “pasillos” e Traxeito ou tamén As Areas (as da outra metade na beira sur) con 9 “pescos” e 8 “pasillos”.
A explotación desta construción pertence a 5 propietarios e está repartida por grupos de muros denominados Cabildo, Cuarteles, Xanza, Mitra e Cortiñas. Estes “pescos” foron adquiridos por separado. O nome dos “pasillos” ou “boquetes” son: Mardel, Segundo, Novo, Derrubado, Larchán, Amereiro, As Maimoas, O Pexego, A Agulla, Pexego, A Cancela, O Láparo, O Chingado, O Badal, O Pesqueiro e O Cajón.
O sistema de levantado de copos das Pesqueiras das Areas é moi vistoso, posto que os propietarios utilizan unha barca chamada Ana María, que se constrúe de novo cada 6 ou 7 anos. Utilízase esta barca para aproximarse aos “pescos”, loitando contra a corrente para poder acceder a cada un deles.
Fonte:obaixoulla.gal | Imaxe: POL (Plan de Ordenación do Litoral)
Pesqueiras da Canle
Lugar:Herbón, Santa María de Herbón.
Historia:as Pesqueiras da Canle teñen unha lonxitude duns 120 metros entre os 2 muros, albergando 4 postos de pesca na beira norte e 3 na sur, sumando 5 “pasillos” en total. Está composta por uns muros en forma de vértice (unha V) orientados cara a corrente para desviar a auga ás beiras onde están as trampas, mais os muros non impiden a corrente totalmente, senón que están separados por unha “vena” central de 2 metros que permite o remonte das especies migradoras.
Hai certas semellanzas entre esta pesqueira coas do río Miño, algunhas outras do río Tambre, mais sobre todo cunha serie de construcións galaico-portuguesas que unen os seus muros no centro do río. Pódese dicir que a Pesqueira da Canle de Herbón, como construción mixta ou híbrida, é única en Galicia.
Fonte:obaixoulla.gal | Imaxe: Latexos de Turismo
Pesqueiras do Prateado
Lugar:Herbón, Santa María de Herbón.
Historia:as Pesqueiras do Prateado contan cun gran “boquete” central. Ten 5 “pescos” e 4 “pasillos” nunha beira, e 6 “poios” con 5 “pasillos” na outra.
Fonte:obaixoulla.gal | Imaxe: POL (Plan de Ordenación do Literal)
Pesqueiras da Trapa
Lugar:Herbón, Santa María de Herbón.
Historia:as Pesqueiras da Trapa teñen 6 “pescos” e 5 “pasillos” nunha beira, e 4 “pescos” con 3 “pasillos” na outra.
Fonte:obaixoulla.gal | Imaxe: @quieresverr
Pesqueiras da Lombeira
Lugar:Carcacía, San Pedro de Carcacía.
Historia:as pesqueiras de Carcacía teñen as subdenominacións Carcacía-Lapido na beira norte e Carcacía na sur. En Carcacía-Lapido carece de construcións, mentres que as Pesqueiras da Lombeira teñen 2 “pescos” e 1 “pasillo” en Carcacía.
Fonte:obaixoulla.gal | Imaxe: carcacia.com
Pesqueiras da Loureira
Lugar:Carcacía, San Pedro de Carcacía.
Historia:as pesqueiras de Carcacía teñen as subdenominacións Carcacía-Lapido na beira norte e Carcacía na sur. As Pesqueiras da Loureira teñen 3 “pescos” e 2 “pasillos” en Carcacía-Lapido, e 2 “pescos” con 1 “pasillo” en Carcacía.
Fonte:obaixoulla.gal