Cruceiro nº1 de Cruces
Lugar:Cruces
Denominación:cruceiro nº1 de Cruces
Historia:cruceiro do tipo de cruz que nace sobre un só chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Un capitel cadrado dá paso a unha cruz de arestas rebaixadas e sen imaxes.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Óscar Franco Barros
Cruceiro nº2 de Cruces
Lugar:Cruces
Denominación:cruceiro nº1 de Cruces
Historia:cruceiro do tipo de cruz localizado no interior dunha propiedade privada no lugar de Cruces. O capitel é de forma redondeada e a cruz de forma cadrada, mais talladas de forma irregular.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Nepomucena Fernández Mariño
Cruceiro da Casa da Meixida
Lugar:Muíños
Denominación:cruceiro da Casa da Meixida
Historia:cruceiro de tipo fuste cun varal moi groso. Segundo conta a propietaria, a columna ou fuste pertenceu a un cerramento sobre o que ía un pequeno tellado. Ten nunha das súas caras as iniciais "M.J.A. 1916". O cruceiro ou cruz estaba nun muro de entrada á propiedade. Está formado por un capitel de forma tronco piramidal. Ten unhas pequenas marcas na parte inferior e unha pequena escocia na superior, sendo o centro do mesmo recto. A cruz é de sección cadrada e coas arestas lixeiramente chafranadas.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Cruceiro da Igrexa de Cruces
Lugar:Cruces
Denominación:cruceiro da Igrexa de Cruces
Historia:cruceiro do tipo de cruz, situado no adro da Igrexa de Santa María de Cruces. Nace obre unha base irregular. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe un relevo moi erosionado na súa parte media. O capitel cúbico dá paso a unha cruz sinxela, de arestas rebaixadas e sen imaxes.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Óscar Franco Barros
Cruceiro de Angueira de Suso
Lugar:Angueira de Suso
Denominación: cruceiro de Angueira de Suso
Historia:cruceiro do tipo de cruz á beira do Camiño Portugués. Plataforma de dous chanzos de forma cuadrangular sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dous pequenos pilotes no perímetro dos chanzos na parte frontal do mesmo. Enriba o pedestal colócase o fuste ou varal que ten sección hexagonal en todo o percorrido. O capitel ten unha primeira moldura da mesma sección que o fuste, e logo un corpo totalmente cadrado e sen decoración algunha. A cruz ten sección hexagonal en toda a súa superficie, menos nas puntas dos razos que son cadrados.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Nepomucena Fernández Mariño
Cruceiro de Tarrío
Lugar:Tarrío
Denominación:cruceiro de Tarrío
Historia:cruceiro do tipo de cruz nunha propiedade privada no lugar de Tarrío. Comeza cunha plataforma de dous chanzos sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dúas arestas superiores chafranadas de forma convexa. O fuste comeza de forma cadrada e logo pasa a ser octogonal. Na parte cadrada ten unhas molduras. O capitel comeza cunha moldura de forma octogonal e continúa con varias molduras máis que van crecendo en tamaña cara arriba. A cruz é de sección cadrada e ten as esquinas molduradas de forma convexa e os brazos da mesma terminan de forma potenzada. Onde se unen os dous brazos posúe unha figura circular.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Stella Rozua e Lupe Molero