CATALPA
Lat.: 42.455200 | Lonx.: -8.413144
Sitúase á entrada do colexio de Dices-Rois.
Catalpa bignonioides
catalpabignonioides: alude a semellanza das suas flores coas de unha Bignonia, planta da mesma familia.
Especie caducifolia do E de Norteamérica, cultivada como ornamental pola súa vistosa floración.
Foi plantada polos escolares e mestres na conmemoración da Festa da Árbore do ano 1988. Malia non ser exemplar lonxevo xa ten un perímetro de 2,30m e unha altura de 15m.
SALGUEIRO COMÚN
Lat.: 42.455038 | Lonx.: -8.413309
Sitúase no patio do colexio de Dices-Rois.
Salix atrocinerea
Salgueiro, salgueiro negro, zaoatrocinerea: cinsento, polo veludo, agrisado das súas follas.
Especie propia do pais. O seu perímetro é de 2,62m e a altura 15m.
Este exemplar, do ano 1990, naceu de forma espontánea e forma parte dunha ringleira de árbores, todas diferentes, para simbolizar que neste centro educativo téñen cabida rapaces e rapazas de calquera condición, raza, crenza, clase ou opinión.
FAIA DO PAZO DE ANTEQUEIRA
Lat.: 42.453680 | Lonx.: -8.413148
Ubícase no Pazo de Antequeira.
Fagus sylvatica
faiafagus: comer, en alusión aos seus froitos comestíbeis.
sylva: selva, bosque, por formar ou atoparse en formacións boscosas.
Especie caducifolia, europea, que prefire terreos calizos polo que no país galego só é espontánea na banda oriental.
Este magnifico exemplar, dos mellores de Galiza, supera o século, medindo 3,50m de perímetro e uns 25m de altura. Esta catalogada no Inventario de Árbores Monumentais de Galiza.
FREIXO COMÚN DO PAZO DO FARAMELLO
Lat.: 42.483829 | Lonx.: -8.374396
Ubícase no Pazo do Faramello.
Fraxinus excelsior
freixoexcelsior: máis alto, por ser o freixo que alcanza máis altura.
Especie europea, caducifolia, propia de beiras de ríos. O lanzal exemplar que ocupa ten 2,96m de perímetro e unha altura aproximada de 27m.
Especie europea, caducifolia, propia de beiras de ríos. O pazo do Faramello acolle magníficos exemplares de diversas especies (magnolio, loureiro real, acivro...) que seguramente son de finais do S.XIX-primeiros do S.XX.
TILLEIRA DE FOLLA GRANDE DO PAZO DE ANTEQUEIRA
Lat.: 42.453728 | Lonx.: -8.412922
Ubícase no Pazo de Antequeira.
Tilia platyphyllos
tiliaplatyphyllos: epíteto latino que significa "con folla ancha".
Especie caducifolia do centro e sur de Europa. Perímetro de 3,52m e altura aproximada de 32m.
Encontrámola tamén no Pazo de Antequeira, propiedade da familia Calderón (descendentes de Calderón de la Barca). Ten arredor de cen anos. Esta catalogada no Inventario de Árbores Monumentais de Galiza.
PIÑEIRO MANSO DA CASA DO BISPO
Lat.: 42.460284 | Lonx.: -8.401380
Sitúase na finca da Casa do Bispo, parroquia de Seira.
Pinus pinea
piñeiro manso, piñeiro realpinea: piñón, en alusión a que as sementes nesta especie son comestíbeis.
Especie mediterránea, que en Galiza aparece, escasa, como cultivada.
Extraordinario exemplar cun perímetro respetable: 4,67m, e unha altura aproximada de 27m. Pode chegar os 150 anos.
CARBALLO DA CASA DO BISPO
Lat.: 42.460248 | Lonx.: -8.400645
Sitúase na finca da Casa do Bispo, parroquia de Seira.
Quercus robur
carballorobur: forte, duro, pola dureza da madeira.
Especie autóctona, seguramente e a máis característica do país.
Aparecendo na toponimia, na onomástica... e no escudo do concello de Rois. Ten un perímetro de 3,4m e supera o século de vida.
OLIVEIRAS "SUEVAS" DA PARROQUIA DE SEIRA
Lat.: 42.463411 | Lonx.: -8.401545
Ubícase no adro de Seira.
Olea europaea
oliveiraolea: aceite, porque os seus froitos producen aceite.
Especie mediterránea da que no adro de Seira hai dous exemplares notables; o maior ten 8,5m de altura e 3,30m de perímetro.
Recentemente cortáronse as súas raíceiras pois deterioraban o muro de peche (muro onde se atopou hai anos unha tampa sueva, única en Galiza). Posiblemente cheguen aos douscentos anos de antiguidade.
PIÑEIRO DO VIACRUCIS DE SORRIBAS
Lat.: 42.472273 | Lonx.: -8.403626
Sitúase na finca que limita por un lateral ao célebre Via Crucis da parroquia de Sorribas.
Pinus pinaster
piñeiro do país, piñeiro galego, piñeiro bravo, piñeiropinaster: nome latino do piñeiro.
Especie de SO europeo, amplamente estendida polo país galego. Este fermoso exemplar ten un perímetro de 2,60m e supera os 30m de altura.
Destaca o seu fuste columnar, sen pólas, calculándose que ronda as 7-8 toneladas. Encontrámolo na finca que limita por un lateral ao célebre Via Crucis desta parroquia e estímase que ronda os oitenta anos.
PIÑEIRO INSIGNE DE BUSTO
Lat.: 42.471659 | Lonx.: -8.454522
Sitúase na parte alta da aldea de Busto.
Pinus radiata
piñeiro americano, piñeiro de Monterrei, piñeiro insigneradiata: con radios ou raios, posibelmente referido a radiante, polo elegante do seu porte.
Especie procedente de California, utilizada para repoboación. Caracterízase por ter tres picas.
O exemplar, na parte alta da aldea, é ben notorio e caracteriza o lugar. Destaca o seu perímetro, 4,08m, aínda que a súa idade, segundo os propietarios, é só de 53 anos.
CORCHEIRA DE SILVARREDONDA
Lat.: 42.460251 | Lonx.: -8.433660
Ubícase na aldea de Silvarredonda, Buxán.
Quercus suber
sobreira, corticeirasuber: nome romano desta árbore e tamén cortiza en alusión á cortiza desta árbore.
Especie mediterránea que en Galiza ocupa as zonas máis cálidas, e recede tamén os nomes de sobreira e corticeira.
Este fermoso exemplar, que engalana a aldea de Silvarredonda, Buxán, ten un perímetro de 3,70m; cítase en documentos privados hai 150 anos.
CAMELIO DA PARROQUIAL DE HERBOGO
Lat.: 42.465325 | Lonx.: -8.423193
Sitúase na parroquia de Herbogo.
Camellia japonica
cameliajaponica: procedente do Xapón.
Especie perenne, propia de Asia oriental. Difundíuse moito por Galiza a partir de finais do S.XVIII.
O exemplar do adro da igrexa destaca por abrirse en numerosos brazos desde o chan. Ten 1,85m de perímetro na base e 5,45m de altura. Da súa idade dá idea que vellos e vellas din que o lembran xa así cando eles eran nenos.
OLIVEIRA SANTA DE SILVARREDONDA
Lat.: 42.460683 | Lonx.: -8.432477
Ubícase na aldea de Silvarredonda, Buxán.
Olea europea
oliveiraolea: aceite, porque os seus froitos producen aceite.
Especie mediterránea.
Engana a súa aparente xuventude. Plantado segundo a tradición popular hai douscentos anos a partir dunha ponliña bendita, sobreviviu a varios lumes. Hai dez anos trasladárono ao seu actual emprazamento. O vecindario colle as súas ponlas para bendecir na Semana Santa.
CASTIÑEIRO VELLO DE LIÑARES
Lat.: 42.475601 | Lonx.: -8.430505
Sitúase ao saír da aldea de Liñares, parroquia de Costa.
Castanea sativa
castiñeiro, castañeirosativa: por ser especie cultivada.
Especie caducifolia do SE de Europa, moi difundida por Galiza. Moi apreciada pola excelente madeira e polo seu froito que deu lugar á festa tradicional dos magostos.
Este exemplar sitúase ao saír da aldea de Liñares, parroquia de Costa, pasando unha ponte sobre o río Liñares, nunha finca alta sobre o camiño agrícola. Ten 4,30m de perímetro e 22m de altura. Supera o século.
Fonte:
Traballo baseado nun folleto do CPPI dos Dices Rois do ano 2008.Guía das Árbores de Galicia. Autores: Henrique Niño Ricoi | Calros Silvar (ilustracións)
Wikipedia e Freepik.