Os cruceiros son monumentos relixiosos constituídos por unha cruz de pedra (cunha ou varias imaxes) no alto dunha columna asentada sobre unha plataforma. Estes poden atoparse nos recintos das igrexas, nos cruzamentos de camiños e nos cemiterios. A eles adoitan asociarse tradicións e ritos.
Os motivos da súa construccións podían ser:
- Motivos devocionarios: cumprir unha promesa, solicitar un favor, protexer un lugar, dar as grazas, lembrar unha morte.
- Sinalización: marcar e sacralizar un cruzamento de camiños ou os límites territoriais.
Patrimonio Cruceiros, que son?