Patrimonio Escultura e Monumentos, que son? Monumento a Manuel Baltar Santaló

Monumento a Manuel Baltar Santaló

Lugar Praza de Baltar
Parroquia Padrón (Santiago)
Coordenadas 42.73910652, -8.66059896
Inauguración 24 xullo 2001
Autor Camilo Vidal Rodríguez “Camilo Seira”
Orzamento 963.000 pesetas
Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua

Descrición

Monumento a Manuel Baltar Santaló, farmacéutico de cuarta xeración da padronesa farmacia Baltar, considerada a segunda farmacia máis antiga de Galicia, fundada no ano 1816. Seis son as xeracións de farmacéuticos da familia Baltar que se levan adicando á xestión desta farmacia: o fundador da primitiva farmacia foi José Baltar Varela, iniciou a actividade nun pequeno espazo da súa vivenda; Angel Baltar Cortés, farmacéutico de segunda xeración foi encargado da remodelación (1873).

Conservaba boa amistade co enxeñeiro de ferrocarrís John Trulock (avó de Camilo José Cela).Foi o señor Trulock quen lle agasallou o botamen que aínda hoxe se conserva na farmacia. Tamén era grande amigo de Rosalía de Castro, coa cal mantiña correspondencia e intercambiaba libros; o terceiro farmacéutico foi Ernesto Baltar Cortés; o cuarto farmacéutico foi Manuel Baltar Santaló, contaba coa axuda da súa muller, unha das poucas mulleres farmacéuticas da época; o quinto farmacéutico foi Óscar Baltar Montero; o sexto e actual farmacéutico é Óscar Baltar Bescansa.

Fonte: O rueiro histórico de Padrón, de Eloy Rodríguez Carbia | Artigo (22 marzo 2013): Datos históricos de Farmacia Baltar, de Óscar Baltar Montero