Patrimonio Escultura e Monumentos, que son? Escultura A Pementeira

Escultura A Pementeira

Lugar: As Lágrimas
Parroquia: Padrón (Santiago)
Coordenadas: 42.73647016, -8.66024317
Inauguración: 10 abril 2001 (Luns de Pascua)
Autor: Ramón Conde
Orzamento: 12.000.000 + 6.000.000 pesetas
Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua

Descrición:

Homenaxe do Concello de Padrón á figura da muller pementeira. O clima e as precipitacións fan de Padrón un lugar idóneo para o cultivo do pemento. Destacan especialmente os afamados Pementos de Herbón. Foron os pais franciscanos do Convento de Herbón quenes trouxeron as sementes das súas misións por América alá polos séculos XVI e XVII, e as mulleres do lugar viron a oportunidade de adicarse á expoltación deste produto. Hoxe por hoxe o Pemento de Herbón conta coa outorgación de “Denominación de Orixe Protexida”.

A Festa do Pemento de Herbón, Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase o primeiro sábado de agosto. Todos os anos os tractores veñen en procesión adornados dende Herbón e conclúen a súa ruta cunha ofrenda floral ante esta estatua.

Fonte: O rueiro histórico de Padrón, de Eloy Rodriguez Carbia.