Patrimonio Escultura e Monumentos, que son? Banco dos Namorados

Banco dos Namorados

Lugar Xardín Botánico-Artístico de Padrón
Parroquia Padrón (Santiago)
Coordenadas 42.7384679, -8.65812516
Inauguración: 14 febreiro 2011
Autor: Fernando Castaño
Orzamento: Doazón dos veciños de Padrón
Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua

Descrición

No Xardín Botánico-Artístico, preto da escultura de Macías o Namorado e baixo a “Árbore dos Namorados”, houbo durante un tempo un modesto banco de madeira onde as parellas de namorados daban pé aos seus romances. Sen saber moi ben por que, o banco foi retirado e Padrón estivo sen este apreciado símbolo. Mais no ano 2010 baixo unha iniciativa popular de Fernando Castaño conseguiuse restituír.

Tras tres meses de traballo, Fernando Castaño esculpiu unha orixinal talla en madeira adornada con motivos relacionados e con ideas aportadas por todo o pobo. O banco foi exposto nun comercio dunha esquina da praza de Macías ata acadar a cantidade necesaria para producilo en bronce grazas ás aportacións voluntarias dos padroneses. Dende febreiro de 2011 o Xardín Botánico-Artístico da vila rosaliana volveu a lucir o seu mítico Banco dos Namorados

Fonte:Folleto Guía de Árbores Senlleiras de Padrón