Patrimonio Escultura e Monumentos, que son? Monumento a Macías o Namorado

Monumento a Macías O Namorado

Lugar Praza de Macías
Parroquia Padrón (Santiago)
Coordenadas 42.73808114, -8.66101632
Inauguración 24 xullo 2001
Autor Ramón Conde
Orzamento 5.000.000 pesetas (3.000.000 pesetas foron sufragados pola Deputación da Coruña e 2.000.000 pesetas polo Concello de Padrón)
Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua Imaxe da estatua

Descrición

A praza na que se atopa a escultura foi inaugurada como tal o 16 de xullo de 1920. Naquel momento colocouse o pedestal no que se colocaría a figura escultórica. Non é ata o ano 2001 cando se erixe a escultura na honra do trovador medieval nado en Padrón, Macías O Namorado mais as oito réplicas de Pedrón decoradas con unha xardiñeira que máis adiante se cambiarían de ubicación.

A Macías atribúenselle 21 poemas do Cancioneiro de Baena (Madrid, 1851) e (Leipzip, 1860): “Cautivo da miña tristura”, “Amor cruel e brioso”, “Senhora en quien fiança”, “Provei de buscar mesura”, “Con tan alto poderío”. A súa vida está vencellada a unha tráxica historia de amor.

Fonte: O rueiro histórico de Padrón, de Eloy Rodríguez Carbia.