Lugar: | Paseo do Espolón de Padrón | |
Parroquia: | Padrón (Santiago) | |
Coordenadas: | 42.73829884, -8.66022479 | |
Inauguración: | 23 abril 1957 (Luns de Pascua) | |
Autor: | José María Mateos | |
Orzamento: | Doazón dos padroneses emigrados en Uruguai. |
Descrición:
Monumento a Rosalía de Castro (Conxo, 1837 – Padrón, 1885). Doazón dos padroneses residentes en Uruguai presididos polo padronés D. Ignacio Landeira Formoso e baixo os auspicios do médico padronés D. José Sebe Méndez. O acto foi presidido pola S.E. Rvda, e o Cardeal de Santiago de Compostela Quiroga Palacios.
Despois da misa da mediodía, a comitiva inaugurou tres placas conmemorativas na honra de outros literarios padroneses que foron colacadas nas súas casas natais: D. Manuel Barros (en A Trabanca, Rúa do Carme 47), D. Agapito Nicasio Pajares Ojeros (en A Trabanca, Rúa Santiago) e D. Camilo José Cela (en Iria Flavia). Estes actos foron presididos polo poeta Ramón Otero Pedrayo.
Fonte: O rueiro histórico de Padrón, de Eloy Rodríguez Carbia.