Hórreo Casa Piñeiro
								Lugar:Liñares.
								Historia:
								é de pedra a non ser os seis claros que son de madeira. Apóiase sobre sete “cepas” e, á vez, enriba dunha boa soleira. Conta con tornarratos ou rateira todo ó arredor. Nos penais ten aberturas horizontais para á ventilación. Está coroado por unha cruz e por un remate piramidal.
									Xunto a este ten un reloxo de sol ou cadrante ovoide. Aínda que non está datado, coidamos que sexa dos primeiros anos do século XIX.
								
								Fonte: O Concello de Rois: Historia, Economía e Arte. Clodio González Pérez
							
Hórreo de Portela
								Lugar:Contimunde.
								Historia:
								é un dos mais grandes do concello, con 16,50 metros de longo. De soleira faille un muro baixo, irregular, sobre o que están as nove cepas, sen ningún motivo ornamental. Nelas apóiase o solo da cámara que sobresae arredor, facendo deste xeito de tornarratos. Todo é de cantería, estando as pedras traballadas de xeito que entre ellas quedan regandixas para a ventilación.
								Foi feito na década dos anos vinte.
								
								Fonte: O Concello de Rois: Historia, Economía e Arte. Clodio González Pérez | Imaxe: Arquivo Dixital de Galicia
							







