Muíño casa do Chuco
Lugar: O Barreiro – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o proceso de captación realízase en paralelo ao río Manle.
A canle e o cubo atópanse en bo estado, posto que ademais, é un dos poucos exemplares que está a funcionar.
No interior atopamos todo o mecanismo de trituración.
Muíño casa da Coxa
Lugar: O Barreiro – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Apréciase o mal estado de conservación e unha gran mata de vexetación oculta os restos do muíño.
Muíño casa do Crego
Lugar: Martelo – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Apréciase o mal estado de conservación e unha gran mata de vexetación oculta os restos do muíño.
Muíño casa de Lago
Lugar: Sabacedo- San Martiño de Ermedelo.
Historia:
muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Está completamente recuberto por maleza. Apréciase o mal estado de conservación.
Muíño casa de Luis de Moares
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o proceso de captación realízase no río Manle.
Muíño de planta rectangular e pequeno tamaño. O tellado a dúas augas non é contemporáneo coa construción.
Conserva o pé e a capa no seu estado primitivo.
Apréciase un mal estado de conservación e vese que está en desuso.
Muíño casa de Luis de Moraes 2
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o proceso de captación realízase preto do muíño anterior do mesmo propietario, no río Manle.
Muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Apréciase o mal estado de conservación e atópase en total estado de abandono.
Muíño casa do Mato
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
este é un dos poucos muíños que existe no Concello que emprega o sistema de canle.
O proceso de captación realízase no río Manle.
Muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Apréciase o mal estado de conservación aínda que dispón de todos os elementos, pero o estado de abandono é visible xa antes de acceder ao mesmo.
Muíño casa da Rula
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
A gran cantidade de vexetación arredor do muíño fai imposible ver o seu interior, pero si permite facer unha valoración do exterior.
O proceso de captación realízase no río Manle.
Muíño casa de San Pérez
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o proceso de captación realízase no rego da Ripeiras.
Muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Apréciase o mal estado de conservación e a maleza oculta os restos da canle. O tellado a unha auga non é contemporáneo ca construción.
Non se atopan as pezas interiores no seu lugar.
Apréciase o mal estado de conservación.
Muíño casa de Sabugueiro
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
este é unha das poucas agrupacións de muíños que existen no Concello. Responde á tipoloxía de muíños irmáns, encadeados pasando a auga do primeiro ao segundo muíño.
Os muíños son de planta rectangular e pequeno tamaño. Os tellados, a dúas augas asimétricas, están totalmente derruídos.
Apréciase o mal estado de conservación e unha gran cantidade de maleza.
Muíño casa de Tubío
Lugar: O Barreiro – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o proceso de captación realizase en paralelo ao río Manle.
O muíño é de planta rectangular e pequeno tamaño. A canle e o cubo atópanse en bo estado sen embargo non se atopan pezas interiores.
Muíño casa de Tubío 2
Lugar: O Barreiro – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o proceso de captación realizase en paralelo ao río Manle.
O muíño é de planta rectangular e pequeno tamaño.
Aínda que non se atopa en funcionamento pola desaparición do rodicio, conserva a totalidade de todos os elementos que compoñen o mecanismo de trituración.
Muíño casa de Verduga
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
este é un dos poucos muíños que existen no Concello que sigue funcionando a día de hoxe.
O proceso de captación realízase no río Manle.
Muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
A canle e o cubo atópanse en bo estado. No inferno atópanse todos os elementos para o seu funcionamento.
Muíño comunitario do Barreiro
Lugar: O Barreiro – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
neste muíño de pequeno tamaño e planta rectangular apréciase o mal estado de conservación e unha maleza impenetrable.
O tellado está parcialmente derruído e apreciase que a parte que está en pé está formado por un soporte estrutural de madeira.
Segundo indicacións o muíño pertencía a varios propietarios, de ahí que se poida deducir o seu estado de conservación tan precario.
Muíño comunitario do Martelo
Lugar: Martelo – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Apréciase o mal estado de conservación e unha gran mata de vexetación oculta os restos do muíño.
Muíño comunitario de Moares
Lugar: Moares – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o acceso a este muíño é casi imposible dado o mal estado de conservación que hai no entorno do mesmo e nos accesos.
Muíño comunitario de Penavide
Lugar: Penavide – San Martiño de Ermedelo.
Historia:
o proceso de captación realízase no río Manle.
Muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
Apréciase o mal estado de conservación e un recheo que oculta os restos do cubo.
Non se ve o inferno, xa que un recheo de terra e maleza o impide. Non se atopa ningún mecanismo para o seu funcionamento.
O tellado está totalmente derruído.
Apréciase o mal estado de conservación.