Muíño casa de Castro
Lugar: Cernán - San Vicente de Augasantas.
Historia:
este é un dos poucos muíños que existen no concello que sigue funcionando a día de hoxe.
O proceso de captación realízase en paralelo ao Rego do Treito.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño. O tellado a dúas augas está formado por un soporte de madeira de carballo. No interior atopamos todo o mecanismo de trituración.
Ten unha inscrición sobre a porta ca data 1835.
Muíño casa de Cornes
Lugar: Cernán - San Vicente de Augasantas.
Historia:
este é un dos poucos muíños que existen no concello que emprega o sistema de canle.
O proceso de captación realízase en paralelo ao Rego do Treito.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño. Non se atopan as pezas interiores e apréciase o mal estado de conservación.
Muíño casa de Diego
Lugar: Beade – San Vicente de Augasantas.
Historia:
o proceso de captación realízase en paralelo ao Rego do Treito. Este auga tamén é aproveitada por un lavadoiro que se atopa xusto pegado á canle.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño.
A canle e cubo atópanse en bo estado sen embargo o teito vese derruído.
Muíño casa de Fructuoso
Lugar: Senra- San Vicente de Augasantas.
Historia:
este é un dos poucos muiños que existen no concello que sigue funcionando a día de hoxe.
Está situado en paraleo ao río Manle, é de planta rectangular e de pequeno tamaño con un tellado a dúas augas.
No interior atopamos todo o mecanismo de trituración en perfecto estado de conservación.
Muíño casa de heredeiros de Felipe Becerra
Lugar: Albagueira – San Vicente de Augasantas.
Historia:
o muíño é de planta rectangular e pequeno tamaño. Conserva o pé no seu estado primitivo pero apréciase o seu mal estado de conservación.
Muíño casa de Elisa
Lugar: Duei- San Vicente de Augasantas.
Historia:
muíño de planta rectangular e pequeno tamaño, intúese que o tellado foi a dúas augas xa que está totalmente derruído así como a parede do lateral onde debería ir a porta.
Apréciase o mal estado de conservación.
Muíño casa de Manuel do Porto
Lugar: Porto - San Vicente de Augasantas.
Historia:
muíño de planta rectangular e pequeno tamaño.
A canle e o cubo atópanse en bo estado. Ten a porta na fachada sur e conserva a súa carpintería e pechaduras iniciais. O tellado a dúas augas non é contemporáneo ca construción.
Actualmente non funciona e está en estado de abandono.
Muíño casa de Varela e comunitario
Lugar: A Senra - San Vicente de Augasantas.
Historia:
este é un dos poucos casos de agrupación de muíños que existe no concello.
O primeiro é de propiedade privada, coñecido como o muíño de Varela, da aldea de Salgueiros; o segundo, comunitario dos veciños de Pedrouzos, Salgueiros e A Senra.
O proceso de captación realízase do Río Manle nun amplio percorrido ata chegar á canle do muíño 1. A canle e cubo atópanse en bo estado, que despois de descargar a auga, pasa por unha canle cara o muíño 2.
Muíño casa de Ventura
Lugar: Cernán - San Vicente de Augasantas.
Historia:
este é un dos poucos muíños que existen no concello que emprega o sistema de canle.
O proceso de captación realízase en paralelo ao Rego do Treito.
A canle non se atopa en bo estado, e as paredes parece que foron sustituidas por unhas paredes de ladrillo sen revestir.
Apréciase o mal estado de conservación.
Muíño casa de Ventura, Rosa de Beade
Lugar: Beade, San Vicente de Augasantas.
Historia:
o proceso de captación realízase en paralelo ao Rego do Treito.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño. O tellado é a dúas augas aínda que non é contemporáneo co muíño, posto que está feito a base de pranchas de fibrocemento co obxectivo de que non chova dentro xa que no interior se conserva o pé no seu estado primitivo.
Muíño casa de Vilas
Lugar: Vilariño de Neda - San Vicente de Augasantas.
Historia:
este é un dos poucos muíños do concello que estaba funcionando ata fai pouco tempo.
O proceso de captación realízase nun pequeno rego da conca do Río Treito.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño. O tellado é a unha auga e está formado por un soporte de madeira de carballo.
No interior atopamos todo o mecanismo de trituración.
Muíño comunitario 1 de Albagueira
Lugar: Albagueira - San Vicente de Augasantas.
Historia:
o muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño.
A canle e o cubo atópanse en bo estado, pero o mal estado de conservación con unha gran mata de vexetación oculta os seus restos.
Muíño comunitario 2 de Albagueira
Lugar: Albagueira - San Vicente de Augasantas.
Historia:
está completamente derruído menos unha das paredes laterais que conformaban o soporte da cuberta.
Apréciase o mal estado de conservación e unha maleza impenetrable.
Dise que foi un muíño de varios propietarios polo que se pode explicar o seu estado de conservación actual.
Muíño comunitario 1 de Beade
Lugar: Beade - San Vicente de Augasantas.
Historia:
o proceso de captación realízase en paralelo ao Rego do Treito.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño. O tellado é contemporáneo ca construción, formado por unha estrutura de madeira de carballo.
Aínda que non se atopa en funcionamento pola desaparición do rodicio, conserva a totalidade de todos os elementos que compoñen o mecanismo de trituración.
Muíño comunitario 2 de Beade
Lugar: Beade - San Vicente de Augasantas.
Historia:
o proceso de captación realízase en paralelo ao Rego do Treito.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño.
O tellado a dúas augas está formado por un soporte de madeira de carballo sobre o que se apoia o elemento de cubrición formado por tella, bastante deteriorado.