Este vídeo é unha homenaxe do Concello de Dodro para todas as veciñas do municipio co fin de celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora. Nel observamos os rostros das que cederon a súa imaxe para participar no proxecto, desde as máis pequenas ás máis maiores, todos en branco e negro interpretando o tema Matriarcas da cantante Guadi Galego, pertencente ao disco Lúas de Outubro e Agosto (2014). Entre elas, encontramos ás integrantes dos talleres de memoria e alfabetización de Imo, Lestrobe, Tallós, Traxeito e Vigo, xunto a outras veciñas da localidade. Mulleres “aleitadoras / conquistadoras / brillantes activistas / da vida cotiá”. Mulleres que resisten “a séculos de forza”. Mulleres “matriarcas / do país dun tal Breogán”. Elas, as matriarcas de Dodro.