Estes reloxos, normalmente de pedra, serven para sinalar as horas mediante un marcador que proxecta a sombra procedente da luz solar sobre un plano.
Na antigüidade, hai uns 3.000 anos, era a única forma de ler a hora. Posteriormente, cando non existían os reloxos mecánicos ou eran un luxo, sobre todo no medio rural, recorríase a eles.
Estas obras de artesanía rural, de formas moi diversas, están feitas en bloque de granito e a súa localización é variada: en hórreos, nas vivendas, nas entradas ás fincas, nas igrexas e nos claustros.
Patrimonio Reloxos de sol, que son?