Roteiros Ruta Camiño Real

Ruta Camiño Real

A orixe do Camiño Real está na refoma viaria iniciada polo rei Carlos III no s.XVIII. O seu percorrido por Dodro describeuno Sarmiento na súa andaina en 1754. Nesta ruta coñeceremos o tramo de Bexo a Manselle.

Imaxe do mapa da ruta
Inicio Chan de Currais,Bexo
Fin Valo de Manselle
Distancia 5,58Km
Tipo Lineal
Duración 1h 45min
Dificultade Media - Baixa
Imaxe icono mochila

Chan de Currais

A actividade sociocultural da aldea concéntrase xunto á Escola Unitaria e o Centro Social. Espazo no que a veciñanza reúnese para tratar temas de interese comunitario. Nun dos seus laterais hai unha fonte e unha cruz. Comezamos a ruta aquí, no antigo campo da festa de Bexo. Por onde pasaba o Camiño Real logo do seu descenso da Paradegua.

Imaxe chan de Currais
Imaxe icono ubicacion

Trala Torre

En Bexo existía unha torre de observación, posiblemente medieval, cunha porta decorada con cunchas de vieira, daí a toponimia deste lugar.

Imaxe trala torre
Imaxe icono ubicacion

Hórreo das Pías

No camiño destaca este hórreo, o máis grande do municipio. Ten 7 claros e mide 15 m de longo. A xente que traballaba na veiga usábao como reloxo de sol.

Imaxe horreo das pías
Imaxe icono ubicación

Cruceiros: Gradín ou das Escuras e de Ignacio

Primeiro, o de Gradín ou das Escuras, unha lenda conta que debaixo del hai un tesouro agochado polos mouros. Segundo, o de Ignacio, construído por un veciño que fixo fortuna en América. O cristo ten a man descolgada da cruz. Coméntase que esta imaxe estaba no cruceiro do adro parroquial pero que o cura intercambiouna porque non lle gustaba.Entre Bexo e Imo atopamos dous cruceiros de finais do XIX.

Imaxe cruceiros 1
Imaxe icono ubicación

Muros de entrehortas

Accedemos a Imo pola parte central, onde uns muros dividen as propiedades que foron da fidalguía, dos señores de Rial.

Imaxe muros de entrehortas
Imaxe icono ubicación

Casa das señoritas de Rial

Tiñan a casa petrucial na Rúa da Conga en Compostela, aquí só pasaban parte do ano. Diante estaba a Taberna da Richalda, onde paraban as carrilanas que baixaban dende o Barbanza, deixando amarrados os cabalos na Casa das Señoritas. Deste sitio saíron ilustres militares, catedráticos, médicos, etc.

Imaxe casa das señoritas de rial
Imaxe icono ubicacion

Capela San José e Casa Rectoral

Logo de deixares atrás a Fonte de Resúa chegamos a esta capela do s. XIX, construída como alternativa á igrexa parroquial que tiña uns accesos moi difíciles e pouca asistencia dos fieis. Co tempo esta situación mudaría.

Imaxe capela san jose e casa rectoral
Imaxe icono ubicacion

Conxunto histórico dos hórreos de Imo

Grupo de 11 hórreos cos penais orientados cara ao sur para evitar exposición aos vendavais nos laterais. Completan este conxunto unha praza, onde se realizan as festas patronais, e un lavadoiro. Os hórreos xorden no 1754 xunto coa construción da igrexa parroquial.

Imaxe dos hórreos de Imo

Imaxe icono ubicacion

Casa de Aguirre e Reloxos de sol

Os Aguirre, foron das familias máis poderosas da comarca. Eran donos de moitas das terras e tiñan foros. Enriba da porta obsérvanse dúas troneiras de defensa. A construción data do 1754, na outra beira do camiño ten un reloxo de sol do 1758.

Imaxe casa de Aguirre e reloxos de sol

Imaxe icono ubicacion

Castro de Imo

Seguindo o camiño bordeamos o Castro de Imo, da Idade de Ferro, que na súa croa ten un círculo de pedras coñecido como A Coroa da Raíña Moura

Imaxe do castro de Imo

Imaxe icono ubicacion

Hórreo da Míguensa ou Hórreo do Arco

En castro, atopamos este hórreo de 1750. Aséntase sobre unha gran estructura de granito que configura unha entrada que remata en arco na parte superior, á que os canteiros da zona chaman campanel, dando acceso ao patio da vivenda.

Imaxe do Hórreo da Miguensa

Imaxe icono ubicacion

Cruceiro do Bazoco

Erguese entre Sar e Castro. Cóntase que a súa cruz non é a orixinal, podese ser a de enriba da fonte Ríal, pois a principios do S.XX un temporal derribouna.

Imaxe do cruceiro de Bazoco

Imaxe icono ubicacion

Pequeno hórreo en Sar

Polas súas dimensións pénsase que pode ser o máis pequeno do municipio.

Imaxe do pequeno hórreo en Sar

Imaxe icono ubicacion

Manselle

Manselle era denominada como “Aldea rusa” en tempos do alzamento fascista tanto polas cooperativas leiteiras que funcionaban na mesma, como polas ideas republicanas das/os súas/seus habitantes. Casa de indianos na aldea que deu forma á obra Pensa Nao de Anxo Angueira.

Imaxe Manselle

Fonte: obaixoulla.gal | Concello de Dodro
Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga de Manuel Lorenzo Baleirón.