Nas casas grandes ou señoriais residían os xefes ou cabezas das familias de renome. Estas soen ser construcións da época moderna, aínda que nalgunhas ocasións, cunha orixe medieval.
O exemplo máis claro en Galicia son os pazos, edificacións tradicionais galegas grandes para o seu tempo, posuidoras de signos heráldicos (escudo ou brasón) e situadas no medio rural.
Os pazos eran a residencia da baixa nobreza galega e dos fidalgos e, anteriormente, de reis ou nobres. Isto vese reflectido nos diferentes elementos que se poden atopar nas súas inmediacións, xa que como di o refrán:
“Si tiene capilla, palomar y ciprés, pazo es.”
Patrimonio Pazos e casas, que son?