Patrimonio Muíños, que son?

Muíños en Dodro

Os muíños son edificacións que serven para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña.

Para mover a pedra utilizábase a enerxía eólica nos muíños de vento, a hidráulica nos muíños de auga, a forza dos animais nos “muíños de sangue” e a manual nos muíños pequenos.

Nas Terras de Iria predominan os de auga, situados á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño.

Imaxe muíño