Toponimia de Dodro e Laíño Agradecementos

Agradecementos

Grazas, en primeiro lugar, ó Ilmo. Concello de Dodro e, moi especialmente, á Concellaría de Cultura que promoveu este traballo e que agora se encarga da súa publicación.

Vaia sobre todo o noso agradecemento para aqueles veciños que o fixeron posible guiándonos polos vellos camiños de Dodro e de Laíño. Os que seguen, e moitos outros que non é posible enumerar aquí, son tamén autores desta Toponimia:

Elías José Boga, Rosa Ares, Ramón Morales, José Luís Calvo, Isaura Rodríguez, Francisco Rodríguez, María Bustelo, Nieves Baleirón, María Josefa Baleirón, Félix Conde, Serafín Eiras, Carmen Bustelo, José Baleirón, José Eliseo Romero, Cándida Garrido, Ramón Gómez, Elvira Bustelo, Josefa Novo, Mencía Vidal, Manuel Romay, Luz Divina Abuín, María Luisa Bondad, Ramón Vicente, Raúl Rodríguez, Carmen Resúa, Peregrina Sara Reboiras, Darío Romero, José Abuín, Manuel Barros, Gerardo Tarrío, Ernesta Bustelo, Nélida Pérez, Josefa Castro, Aurelia Romero, Antonio Borrazás, Carmen Varela, María Luísa Rodríguez, Manuel Otero, José Moreiras,Teodoro Mariño, Carlos Rodríguez … Agradecémoslle así mesmo a Paulino Vázquez, Beatriz Quintela, David Pérez Iglesias e Anxo Angueira os seus xenerosos consellos e a paciencia que tiveron á hora de ler estas páxinas.

Algunhas cantigas, adiviñas, ditos e refráns recollémolas dos informantes citados e doutros anónimos. Unhas cantas achegóunolas Paco de Serodio, veciño noso, pero a meirande parte delas escoitámollas á nosa avoa Amancia Lorenzo e a Nieves Baleirón, a nosa nai. Ben sabemos que todas as palabras son prestadas. As máis antigas, as verdadeiras que alenten nestas follas, se algunha hai, son debedoras delas.

Fonte: Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Manuel Lorenzo Baleirón