Historia Historia de Dodro

Historia de Dodro

Mapa antigo de Padrón, data de creación 1952/1956 Mapa antigo de Dodro
Data de creación (coñecida) 1952/1956


Petroglifos de Bouzabadín San Martiño. Procedente da desaparecida Ermida de Teaio Cruz de Abelán Río Ulla o seu paso por Dodro. Á esquerda as brañas de Laíño Pazo de Tarrío
As Torres da Hermida, Lestrobe Vistas de Manselle Tarrío, Dodro Val de Laiño Igrexa de San Xián e Muíño de Chacón, desde Rial da lagoa

Primeiros asentamentos

Os primeiros vestixios de asentamentos de poboación nas terras do concello son as catro mámoas da Paradegua na aldea de Bexo, que datan do Neolítico, o petróglifo de Bouza Abadín en Imo, datado na Idade de Bronce. En canto á cultura castrexa coñécese o emprazamento de varios castros no concello, aínda que o máis destacable sexa o de Imo. É no século XVI cando comeza o asentamento de varias familias nobres en Dodro: Ballesteros, Bendaña... ; asi o reflicten os documentos sobre preitos, e as construccións realizadas como son os pazos de Hermida, Vigo e Tarrío.

Foto do Pedrón
Pazo da Bendaña (actualmente desaparecido)

Idade moderna

Durante a Idade Moderna, as parroquias que o integran estaban divididas en dúas xurisdicións: a de Lestrobe e Dodro e a de Rianxo, todas pertencentes á provincia de Santiago. Cando se instauran os novos concellos constitucionais, crearonse os concellos de Lestrobe e Laiño no partido xudicial de Padrón y en 1823 foron disoltos.

O 7 de xuño de 1836, o concello de Padrón divídese en dous, formando unha nova administración local chamada Dodro que integra as parroquias de Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño, dende aquela data o concello que mantivo a mesma delimitación e configuración actual, e malia que sufríu varios intentos de supresión e incorporación ó de Padrón, nunca chegaron a producirse.

Foto do Pedrón
Santa María de Dodro vista desde Vigo

Pacto de Lestrobe

O feito importante para Dodro foi o Pacto de Lestrobe, xuntanza política no Pazo de Hermida en 1930 ao que acudiron representantes (entre outros Santiago Casares Quiroga) dos diversos partidos e agrupacións republicanos, que acordaron a creación da Federación Republicana Galega (FRG), na que se integraron os partidos participantes, co obxectivo da proclamación dun réxime republicano e a consecución dun estatuto de autonomía para Galicia.

Fotografía dos asistentes o Pacto de Lestrobe
Creación da Federación Republicana Galega, Pazo da Hermida 1930

Na actualidade

Sitúase no sur da provincia da Coruña. Pertence á Comarca do Sar, composta polos concellos de Padrón, Dodro e Rois. Polo leste limita con Rianxo, polo norte cos concellos de Rois e Lousame, no oeste está o concello de Padrón e polo sur, o río Ulla no lugar que se funde coa ría de Arousa, fronteira natural coa provincia de Pontevedra. O concello divídese en tres parroquias: San Xoán de Laíño, San Xián de Laíño e Santa María de Dodro. Conta cunha poboación de 3029 habitantes no ano 2009. Conta cunha superficie de 36,12 km².

As vinte e seis aldeas que configuran este concello distribúense en 3 parroquias: San Xoán de Laíño, Laíño e Dodro.

PARROQUIAS:

Santa María de Dodro , parroquia que se localiza no leste do concello de Dodro, de extensión 7,20 quilómetros cadrados. Ten sete aldeas: A Igrexa de Dodro, Dodriño, Lestrobe, Revixós, Susavila, Vigo e Cancela Abrea.

San Xián de Laíño, parroquia cunha superficie de 17,18 quilómetros cadrados. Localizada no centro do concello. Comprende as aldeas da Igrexa, Eiró, Manselle, Paizal, Pexegueiro, Reboiras, Rial de Lagoa, Rialiño, Sar, Tallós, Tarrío, Traxeito e Muronovo.

San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello. As súas aldeas son: A Devesa, Bexo, Bustelo, Castro, Imo e Teaio. A súa extensión é de 11,70 quilómetros cadrados. Esta parroquia formaba parte da de S. Xián pero os veciños quixeron separarse formando unha nova parroquia en 1763, en 1756 xa se construía a igrexa de S. Xoán.

Fonte: Concello de Dodro | Wikipedia | Faro de Vigo