Muíño casa de Clemente
Lugar: Espiñeira – San Xoán de Buxán.
Historia:
o proceso de captación realizase no regato de Espiñeira.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño. A canle e o cubo atópanse en bo estado. O tellado a dúas augas non é contemporáneo coa construción.
No interior atopamos todo o mecanismo de trituración.
Muíño casa de Muíños
Lugar: Picadizo - San Xoán de Buxán.
Historia:
este é un dos poucos muíños do concello que emprega o sistema de canle elevado.
O proceso de captación realízase en paralelo ao río Buxán.
O muíño é de planta rectangular e pequeno tamaño. A canle atópase en bo estado así como algunhas partes do interior.
Apréciase o mal estado de conservación e sen uso dende fai tempo.
Muíño casa de Rial
Lugar: Espiñeira - San Xoán de Buxán.
Historia:
este é un dos poucos muíños que existen no concello que emprega o sistema de canle.
O muíño é de planta rectangular e de pequeno tamaño. Actualmente non se atopa ningún mecanismo para o seu funcionamento. O tellado está parcialmente derruído.
Apréciase o mal estado de conservación e abandono.
Muíño casa de Silvestre
Lugar: O Faro - San Xoán de Buxán.
Historia:
a parte posterior de este muíño derrubouse e foi reconstruída sen respetar o inicial.
O muíño é de planta rectangular e pequeno tamaño. Conserva as cimentacións en bo estado e aparece un gravado na porta con unha fecha (1944), que segundo se indica pode ser a fecha de construción.
Conserva todo o mecanismo de trituración.
Muíño comunitario de Espiñeira
Lugar: Espiñeira - San Xoán de Buxán.
Historia:
debido ao mal estado de conservación no que se atopa e o mal coidado do entorno é case imperceptible.
O tellado está completamente caído.
Quérese deixar constancia del para que non caia no olvido ou destrución.
Muíños comunitarios do Piñeiro
Lugar: O piñeiro - San Xoán de Buxán.
Historia:
este é un dos poucos casos de agrupación de muíños que existe no concello.
O acceso a estes muíños é moi complicado motivado polo mal estado de conservación que hai no entorno do mesmo.
Os tellados están completamente derruídos.