Pazos e casas de Dodro

Casa Reitoral de Santa María de Dodro

Lugar Lugar de A Igrexa de Santa María de Dodro.
Construción Edificación de planta rectangular cun baixo e un primeiro piso.
Características De cachotería de granito agás nos marcos das portas e fiestras, que son de cadeirado de granito. A carpintería é de madeira e a cuberta a dúas augas con tella curva sobre armazón de madeira. Na súa fronte atópase unha construción anexa en ruínas. Destaca na parte posterior un pasadizo elevado que comunica coa igrexa.
Estado O seu estado de conservación é bo, agás anexos.
Casa Rectoral de Santa María de Dodro

Casa Reitoral de San Xián de Laíño

Lugar Lugar de A Igrexa de San Xián de Laíño.
Construción Construción de planta rectangular formada por un baixo e primeiro piso.
Características Con muros de cadeirado irregular con carpintería de madeira. Cuberta a catro augas con tella curva sobre armazón de madeira e adornado cunha cheminea na súa vertente norte. Na cara leste presenta unha serie de anexos en avanzado estado de deterioro. Completan o conxunto un pombal e un hórreo.
Estado Foi restaurado hai poucos anos, sendo empregado como Centro de Día do concello.
Casa Rectoral de San Xián de Laíño

Casa Reitoral de San Xoán de Laíño

Lugar Lugar de A Igrexa de San Xoán de Laíño.
Construción Construción de planta en L, constítuído por un baixo e un primeiro piso, con muros de cadeirado con escaleiras de acceso no seu lado menor e balconada de cadeirado.
Características Cuberta a dúas augas con remate de tella curva sobre armazón de madeira. Pegada a unha das súas fachadas, anexos de pedra que, xunto á capela de San Xosé, crean unha pequena praza no centro.
Estado En bo estado de conservación.
Casa Rectoral de San Xoán de Laíño

Casa do Pichón

Lugar Lugar de Lestrobe, Santa María de Dodro.
Construción Edificio de planta rectangular quebrada que segue un eixe de norte a sur, con planta baixa e primeiro piso, con muros de perpiaños. A carpintería orixinal de madeira foi substituída por aluminio. Cuberta a catro augas con tella curva e armazón en madeira.
Características Destaca unha grande balconada executada integramente en pedra na súa fachada sur.
Estado En bo estado de conservación.
Casa do Pichón

Casa de Aguirre

Lugar Lugar de Imo, San Xoán de Laíño.
Construción Edificio de planta rectangular constítuído por un baixo e un primeiro piso.
Características Con muros de cachotería irregular, agás os marcos das portas e fiestras que son de perpiaño. A carpintería é de madeira e a cuberta a dúas augas con tella curva sobre armazón de madeira. En bo estado de conservación. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos. A súa construción sitúase a finais do século XVIII.
Estado --
Casa de Aguirre

Casa da Cultura

Lugar Lugar de Tallós, San Xián de Laíño.
Construción Foi construída en 1912 pola Unión de Residentes de Dodro en Bos Aires. De planta rectangular, constítuída por un baixo e un primeiro piso.
Características Foi construída en 1912 pola Unión de Residentes de Dodro en Bos Aires. Orixinariamente era unha escola e sede sindical, acollendo á Sociedade de Agricultores das Tres Parroquias de Dodro. Muros de perpiaños de granito e carpintería de madeira. Accedese a ela por medio dunhas escalinatas de pedra.
Estado --
Casa da Cultura

Casa do Brañeiro

Lugar Lugar de Tarrío, San Xián de Laíño.
Construción Parece que foi construída entre 1910 e 1920 por tres irmáns, os Brañeiro Rey, emigrantes a Bos Aires.
Características --
Estado Actualmente en estado ruinoso.
Casa do Brañeiro

Pazo da Hermida, Torres de Hermida, Torres de Lestrobe ou A Durmida

Lugar Lugar de Lestrobe, Santa María de Dodro.
Construción Fundado en 1614 sobre dúas antigas torres defensivas medievais da ría de Arousa.
Características Está rodeado dunha grande finca de 500 hectáreas, onde é visible un fermoso exemplar de pombal, actualmente en ruínas. Este Pazo está catalogado Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de Monumento.
Descrición En 1024 Afonso V de León cede estas torres ao arcebispo compostelán Diego Xelmírez, manténdose en mans da igrexa ata o século XV, momento no que as compra Don Bernardo de Luaces Bolaño, fidalgo de Mondoñedo e cidadán de Compostela, sendo o seu fillo Xácome o fundador do morgado, quen as reconstrúe e as une cun corredor. Dende finais do século XVII está vinculado á familia dos Hermida. Este edificio tamén está moi vencellado á figura de Rosalía de Castro (emparentada coa familia dos Hermida), quen pasou longas tempadas nel xunto ao seu marido Murguía; nel tivo aos seu fillos xemelgos e escribiu algunha das súas obras e poemas (como por exemplo Padrón y las inundaciones), estando incluído na Ruta Rosaliana. Algúns autores sinalan a posibilidade de que Jovellanos (político ilustrado español da segunda metade do século XVIII-principios do século XIX) veranease aquí. Así mesmo, este edificio destaca por ser o lugar onde se firmou o coñecido Pacto de Lestrobe no ano 1930, no que se materializa a alianza das distintas forzas republicanas galegas (FRG), co obxectivo da implantación da República en España. No pazo consérvase o pergameo coa bandeira galega e o anagrama da república, así como a mesa onde se asinou o documento. Entre 1940 e 1990 as torres estiveron coidadas e as terras continuaron a ser traballadas polos caseiros, pasando a estar abandonadas entre 1990 e 1997. A finais da década dos noventa do século pasado a súa propietaria, Marina Váquez, restaurou o pazo e o converteuno nunha casa de turismo rural. Na actualidade é propiedade privada e atópase pechado ao público.

Localízase na ladeira do Monte San Gregorio, cunha boa vista de Padrón e do val. A fachada principal presenta un corpo central con dúas torres de planta cuadrangular en cada extremo; cara á parte posterior desenvólvese en forma de L que xorde como resultado de engadidos a unha estrutura arquitectónica que, nun principio, debeu ser rectangular. Na parte superior estaban as cociñas, os cuartos e a biblioteca. Dende este punto accedíase á finca por unha fermosa solaina que aínda hoxe existe. Abaixo estaba o lagar e as cortes dos cabalos. Entrábase no primeiro andar por un patín situado na fachada principal. Tamén se conserva un patio interior (patio de armas) onde nunha parede se esculpiu o escudo brasonado con seis emblemas de distintas familias nobles ou fidalgas que foran propietarias, entre outros, dos Luaces, Mosquera e Bermúdez.
Estado Actualmente en bo estado.
Pazo de Hermida

Palacio de Lestrobe, Palacio Arcebispal de Lestrobe, O Palacio, Pazo de Lestrobe ou Pazo do Anxo da Garda

Lugar Lugar de Lestrobe, Santa María de Dodro.
Construción Pazo do século XVI.
Características Actualmente é un aloxamento que conta con habitacións, zona de xardín con carpa para eventos e unha piscina ao aire libre.
Descrición Construído polos Quiroga, familia da Diocese de Lugo, e, a partir de mediados do século XVIII, residencia de descanso dos arcebispos composteláns, con escudo cos emblemas episcopais.
No século XVIII, esta construción foi obxecto de sucesivas remodelacións por parte da Igrexa, quen o adquiriu (entre 1751 e 1772), xunto coa capela e os terreos, por permuta de bens e de rendas patrimoniais, sendo a súa arquitectura actual do tipo barroco compostelán. A Capela do Anxo da Guarda e a magnífica fonte barroca da entrada, cunha pía e tres alturas coroada coa figura de Santiago Peregrino, foron construídas, na segunda metade do século XVIII polo Arcebispo Felipe Fernández Vallejo. No ano 1855, coa desamortización de Mendizábal, o pazo e as súas pertenzas foron mercados polo madrileño Bernardo Arbizu. Xa no século XX o propietario foi Manuel Lorenzo del Río, veciño de Padrón, quen, en 1916, deíxallo en testamento á mitra compostelán baixo unha serie de condicións. No ano 2005, foi restaurado; na actualidade é un hotel de catro estrelas, con pombal, hórreo e rodeado dunha grande finca duns 7000 m2.
O edificio, de gran envergadura, presenta planta en U, cunha longa fachada principal totalmente simétrica e moi harmoniosa, resaltando portas e fiestras con molduras barrocas. A capela, con advocación ao Anxo da Garda, é visible nun lateral. No seu interior gárdase unha importante talla a tamaño natural da Virxe dos Aflixidos, obra do escultor Ferreiro. O patio do Pazo está pechado por altos muros, e conta con diversas dependencias auxiliares. O conxunto aparece rodeado dunha grande finca con emparrados, árbores froiteiras e unha grande extensión forestal. Actualmenten na capela réndese culto á Virxe dos Afrixidos..
Estado Actualmente en bo estado.
Pazo de Lestrobe

Pazo do Marqués de Bendaña, Pazo de Vigo, Pazo de Dodro, Casa do Marqués ou A Torre

Lugar Lugar de Vigo, Santa María de Dodro.
Construción Xa existía a comezos do século XVI. O edificio construíuse despois en estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII.
Características Actualmente desaparecido por ter sido desmantelado e levado ao Pazo de Meirás durante a ditadura do Xeneral Franco.
Descrición Xunto ao pazo levantábase unha capela, a de San Xosé, da que actualmente tan só quedan as paredes no seu emprazamento orixinal.

Tratábase dunha valiosa mostra do barroco compostelán, construído no ano 1643, atribuído a Marcos Fandiño. Destacaba o torreón que o presidía, de planta rectangular e cunha fermosa balconada que corría ao longo da fachada, á altura do primeiro andar. Tiña gárgolas nas catro esquinas e un escudo historiado baixo o beiril, con cinco pedras armeiras.
Estado Actualmente atópase en moi mal estado de conservación e practicamente só se pode apreciar a que foi a súa capela e algunhas das estancias menores.
Pazo do Marqués de Bendaña

Pazo de Tarrío, Pazo ou Torre de Laíño, Pazo de Ballesteros ou Casa de Romay

Lugar Lugar de Tarrío, San Xián de Laíño.
Construción Pazo do século XVI (1567).
Características O Pazo de Tarrío foi fundado en 1567 por Antonio Ballesteros, rexedor da cidade de Santiago, e a súa dona.
Descrición A finais do século XIX os Ballesteros, tras longos e custosos litixios coa Igrexa pola titularidade do vínculo e morgado, perden a súa capacidade económica e con ela a posesión desta construción. Posteriormente pasou a mans dos Romay, nome polo que aínda se coñece. No século pasado estaba en estado ruinoso, pero na actualidade atópase totalmente reformado.

Ten planta en L e no seu vértice elévase unha torre de planta cadrada, ao sur da cal se atopa adosada unha pequena capela de planta rectangular. A fachada principal posúe unha escaleira de tramo recto, con arranque nunha pilastra que serve de acceso á planta nobre e que desemboca nun patín en cantería e solado en pedra. Nos laterais das fiestras son visíbeis os parladoiros. Ten un fermoso escudo cuadrilongo de bela labra, cos emblemas, entre outros, dos Ballesteros coroado cun "helmo" que mira á dereita, indicando a categoría de fidalgo.
Estado Actualmente en bo estado de conservación.
Pazo de Tarrío