Calvario de Chenlo
Lugar: localízase nunha pequena parcela axardinada pública, flanqueada por dúas cruces de formigón.
Denominación: calvario de Chenlo / cruceiro de A Igrexa 1 / cruceiro da estrada Laíño-Rois 1.
Historia:
a basa ten máis de 100 anos. Parece que nos anos trinta do século pasado un ciclón derrubou a súa cruz de pedra. A última reforma data do ano 1963, momento no que o conxunto foi ampliado, coa incorporación das outras dúas cruces de formigón a cada lado do cruceiro xa existente (Cruceiro do Outeiro), e reconstruído, xa que se fixo unha nova cruz de formigón para este cruceiro. Tradicionalmente era punto de parada do Vía Crucis do Xoves e Venres Santos.
Cruceiro da Igrexa
Lugar: situado no campo da festa, ó lado da igrexa parroquial.
Denominación: cruceiro da Igrexa de San Xián de Laíño / cruceiro de A Igrexa 2.
Historia:
ten máis de 100 anos. A cruz orixinal está na casa Reitoral e, en tempos, este conxunto estivo no camiño da banda, en Tarrío. Uso devocionario (ofrendas) e actividades relixiosas, sendo parada na procesión do Santísimo.
Cruceiro de don Pedro
Lugar: no lugar coñecido como A Tomada, xunto as aldeas de arriba, na parroquia de San Xián de Laíño. Ó pé da estrada Laíño-Rois.
Denominación: cruceiro de don Pedro / cruceiro de A Tomada.
Historia:
a parte máis antiga, de máis de 100 anos, corresponde á plataforma e a basa de granito. Na publicación de Martín Ruíz (1999), este cruceiro aínda estaba incompleto, mentres que na ficha do preinvetario etnográfico da Xunta de Galicia (ano 2004) xa estaba refeito o varal e a cruz en cemento. Foi roubado en varias ocasións e sempre restaurado.
Cruceiro de Manselle
Lugar: localizado no lugar do núcleo coñecido como A Aldea de Abaixo, no cruce de dous camiños.
Denominación: cruceiro de Manselle 1.
Historia:
ten máis de 100 anos. Orixinariamente estaba situado máis abaixo, na entrada da aldea. Cando se fixo a vía rápida houbo que mudalo de sitio. O cortexo fúnebre paraba diante.
Cruceiro do Souto
Lugar: nunha pequena praza onde se cruzan cinco camiños, baixo unha parra, no lugar de Manselle coñecido como O Souto, no centro da aldea.
Denominación: cruceiro do Souto / cruceiro de Manselle 2.
Historia:
cruceiro de máis de cen anos, facíase parada diante del nos enterros.
Cruz de Rialiño
Lugar: nun entorno rural, no cruce de tres camiños, en Rialiño.
Denominación: cruz de Rialiño / cruz da Estivadiña / cruceiro dos Carballiños.
Historia:
antigamente se empregaba como lugar de enterramento de bebés non bautizados. Hoxe segue a ser un lugar de culto relixioso e parada de procesións. A Carreira das Bestas era o vello camiño sacramental que baixaba desde onde está o cruceiro de Don Pedro, en a Cruz, ata o Rialiño. O cruceiro cambiouse de sitio por unha ofrenda e despois roubáronlle a cruz varias veces.
Cruceiro de Sar
Lugar: nunha pequena lomba ó borde dunha estrada secundaria, nun cruce, lugar de Sar.
Denominación: cruceiro de Sar / cruceiro de Bazoco.
Historia:
ten máis de 100 anos (a base a o fuste). Parece que nos anos trinta un ciclón derrubou a súa cruz de pedra.
Cruceiro de Eiró
Lugar: levántase ás aforas do núcleo, entre Eiró e Tarrío, nun rechán ó lado da estrada que leva a Tarrío e a Tallós.
Denominación: cruceiro de Eiró / cruceiro de Gradín.
Historia:
ten máis de 100 anos (data de 1761).
Cruceiro de Traxeito 2
Lugar: no sitio coñecido como Revolta da Cruz, ó NW da Fonte Primeiral, en Traxeito.
Denominación: cruceiro de Traxeito 2 / cruceiro da estrada Laíño-Rois 2.
Historia:
un veciño nos contou que o fixeron hai uns 20 ou 30 anos, cun diñeiro veciñal. O cruceiro foi feito na Picaraña. Na rocha que serve de baseamento meteron un cano para facer unha fonte coa auga que baixa do monte.
Cruceiro de Traxeito 1
Lugar: no cruce de dúas rúas, ó lado dunha escola, en Traxeito.
Denominación: cruceiro de Traxeito 1 / cruceiro da Fonte do Coto.
Historia:
un veciño contounos que o fixeron hai uns 20 ou 30 anos, cun diñeiro veciñal. O cruceiro foi feito na Picaraña. Na rocha que serve de baseamento meteron un cano para facer unha fonte coa auga que baixa do monte.