Cruceiro do Laranxo
Lugar: nunha estrada secundaria, próxima ó patio dunha vivenda/restaurante, no cruce dun camiño coa estrada AC-305 (Km.1).
Denominación: cruceiro do Laranxo / cruceiro en A Igrexa.
Historia: ten máis de 100 anos, aínda que non se pode especificar a data. Os veciños chámanlle o Cruceiro do Laranxo por que ó lado hai un bar chamado O Laranxo.
Cruceiro do Lourido
Lugar: no cruce de tres camiños, en Dodriño.
Denominación:cruceiro do Lourido / cruceiro de Dodriño 1.
Historia:
ten máis de 100 anos, aínda que non se pode precisar a data. Segundo nos contou unha veciña, cando era pequena os seus maiores contáronlle que esa cruz estaba alí porque foi onde mataran a un home.
Cruz do Agro
Lugar: atópase ó longo dunha pista, mirando á igrexa parroquial. Actualmente está bastante oculto entre as árbores.
Denominación: cruz do Agro / cruceiro de Dodriño 2.
Historia: ten máis de 100 anos.
Cruceiro da Praza
Lugar: localízase dentro dun recinto cunha mesa e bancos de pedra, na praza do núcleo, á beira da estrada AC-307. Na bibliografía identifícase esta praza coa antiga praza medieval de venda de peixe.
Denominación: cruceiro da Praza / cruceiro de Lestrobe 1 / cruceiro do Souto.
Historia:
ten máis de 100 anos, aínda que non se pode precisar data. Os veciños consultados recordan dende sempre este cruceiro nesta praza.
Punto de parada para o culto na procesión da Virxe dos Aflixidos, para rezar, e tamén era parada nos enterros.
Cruceiro do Campo
Lugar: na actualidade forma parte do muro de peche de propiedade dunha vivenda privada do núcleo, ó longo da estrada AC-307.
Denominación: cruceiro do Campo / cruceiro de Lestrobe 2.
Historia:
ten máis de 100 anos. Tradicionalmente, o cruceiro estaba situado nun cruce de camiños, pero co paso do tempo chegou a formar parte da estrutura do muro de peche dunha vivenda particular.
Fragmento de cruceiro
Lugar: na actualidade forma parte do muro de peche dunha finca do núcleo, ó longo da estrada AC-307. Ó lado do solar nº 4 da Rúa Fortunato Cruces.
Denominación: fragmento de cruceiro / cruceiro de Lestrobe 3.
Historia:
seguramente trátase dun cruceiro reaproveitado para a construción dun peche dunha finca. Descoñécese a súa orixe e a súa cronoloxía.