Pombal da Reitoral
Lugar: situado nunha finca, actualmente pechada, que se estende pola parte traseira da casa reitoral, xunto co hórreo de A Igrexa 1 (nº 74) o cal pertencía tamén á reitoral, ó norte da igrexa parroquial.
Denominación: pombal da Reitoral / pombal de A Igrexa 1.
Historia:
tería a mesma antigüidade que a casa reitoral e a igrexa parroquial, a cal foi feita a mediados do século XVIII. Dende as súas orixes formaría parte do conxunto eclesiástico da casa reitoral.
Pombal de A Igrexa 2
Lugar: situado na mesma finca que o hórreo de A Igrexa 2 (nº75), pertencente á casa número 14 do núcleo. Sitúase ao pé da estrada.
Denominación: pombal de A Igrexa 2.
Historia:
dí a propietaria que tería máis de cen anos, xa que a casa, co pombal e o hórreo (hórreo 2 de A Igrexa) comprouna o seu avó cando veu de Arxentina, e que a súa nai, que morreu con máis de oitenta anos, recordaba sempre o pombal e o hórreo.
Pombal de Bustelo
Lugar: no lugar chamado Bustelo, preto de Paizal, parroquia de San Xián de Laíño. Neste punto tan só existen un par de vivendas, un alpendre e o pombal, ademais dun muíño xa máis abaixo, que era o que daba luz eléctrica a este pequeno enclave.
Denominación:pombal de Bustelo.
Historia:
forma parte do conxunto composto de vivenda tradicional de pedra, e de grandes dimensións, e de alpendre para corte, tamén de pedra. A casa estivo en mans, polo menos, de tres familias: os propietarios orixinais (dos que o actual dono non lembra o nome), os Taboada, antigos caseiros da vivenda que acabaron comprándoa, e os pais de Manuel Romero, que tamén foron caseiros da vivenda, e acabaron mercando unha parte (a outra parte adquiriuna a familia dos Brañeiro). Trataríase pois dunha vivenda de gran notoriedade, de familia adiñeirada, posiblemente do século XIX, se non anterior.
Pombal de Manselle
Lugar: nun outeiro, na zona coñecida como O Souto, na finca designada como A Horta do Val.
Denominación: pombal de Manselle.
Historia:
o pombal forma parte do conxunto de casa tradicional, hórreo e pombal. A casa foi feita en 1927, polo que o pombal dataría deses mesmos anos.
Pombal da Xaniña
Lugar: situado nunha finca privada pechada, pertencente ao solar nº5 do núcleo.
Denominación: pombal da Xaniña.
Historia:
actualmente está restaurado e en uso, pero forma parte da casa tradicional, xunto cun hórreo, de máis de 100 anos.
Pombal de Rialiño
Lugar: situado nunha finca privada pechada, trátase da mesma finca e da mesma casona á que pertence o hórreo de Rialiño 2.
Denominación: pombal de Rialiño.
Historia:
unha veciña recorda cando aínda tiña pombas. Se é da mesma cronoloxía que o hórreo, terá uns setenta ou oitenta anos.
Pombal da Casa Indiana de Tarrío
Lugar: localizado no lugar coñecido como a Banda de Tarrío, sobre o muro de peche da finca da casa indiana situada ó pé da estrada que separa Tarrío da Banda, e identificada co solar número 35.
Denominación: pombal da Casa Indiana de Tarrío / pombal da Casa do Brañeiro.
Historia:
segundo nos informou un veciño de Tarrío, parece que a casa sería feita entre 1910 e 1920, por tres irmáns que voltaron de Bos Aires: Peregrino, Luciano e Antonio Brañeiro Rey. Peregrino e Luciano quedaron con esta casa, ficando entón a propiedade posteriormente en mans dos herdeiros destes dous irmáns.