Pombal de Castro
Lugar: Castro.
Denominación: pombal de Castro / pombal de María Casal Reboiras.
Historia:
na ficha do inventario de Patrimonio, dátase, con reservas, de principios do século XX.
Pombal da Casa de Aguirre 1
Lugar: Imo.
Denominación: pombal da Casa de Aguirre 1 / pombal de Imo 1.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataríase, con reservas, de 1780. Este pombal foi construído, como todos os elementos da familia Aguirre, polos canteiros que tamén fixeron o templo parroquial. Se a mansión señorial pode situarse en 1758, o pombal dataría dalgúns anos despois. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos.
Pombal da Casa de Aguirre 2
Lugar: Imo.
Denominación: pombal de Casa de Aguirre 2 / pombal de Imo 2.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, dataríase, con reservas, de 1780. Este pombal foi construído, como todos os elementos da familia Aguirre, segundo a tradición, polos canteiros que tamén fixeron o templo parroquial. Se a mansión señorial pode situarse en 1758, o pombal dataría dalgúns anos despois. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos.
Pombal de Ferreirós
Lugar: Imo.
Denominación: pombal de Ferreirós / pombal de Imo 3
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, con reservas, de finais do século XVIII, por ser a mesma data que doutros pombais da aldea. Pertenceu, nun principio, a unha ilustre familia chamada Ferreirós, na actualidade extinta.
Pombal das Señoritas de Rial
Lugar: Imo.
Denominación: pombal das Señoritas de Rial / pombal de Imo 4
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, dataría do ano 1780, cando se instalaría a familia propietaria orixinaria no lugar. O primeiro propietario foi cofundador da igrexa parroquial en 1754.
Pombal da Viña
Lugar: Imo.
Denominación: pombal da Viña / pombal de Imo 5.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría do ano 1780, con algunha reserva. Parece que en tempos foi todo un símbolo daquelas paraxes.
Pombal de Fino
Lugar: Imo.
Denominación: pombal de Fino / pombal de Imo 6.
Historia:
a propietaria actual non nos soubo concretar a súa cronoloxía, pero xa existía no tempo dos seus avós. Sinalar que esta familia adquiriu notable relevancia debido a un crego que houbo nela na primeira metade do século XIX. Actualmente o pombal atópase en desuso.
Pombal da Reitoral
Lugar: Imo.
Denominación: pombal da Reitoral / pombal de Imo 7.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, este pombal dataría do ano 1780, sendo contemporáneo da igrexa parroquial e da casa reitoral.
Pombal de Teaio
Lugar: localizado nunha finca privada pechada, en orixe, propiedade da familia coñecida co alcume dos Macanudos, xunto a outros dous hórreos (hórreos 5 e 6 de Teaio).
Denominación: pombal de Teaio.
Historia:
a propietaria actual, duns 90 anos, di que recorda o pombal dende sempre, podendo ser do século XIX.
Pombal da Veiga
Lugar: entre os lugares coñecidos como Botafal (do Pombal para arriba) e Salamosa (do Pombal para abaixo).
Denominación: pombal da Veiga / pombal de Teaio 2.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, habería que situalo sobre o ano 1824, tendo presentes as características similares con outros pombais, aínda que carece de datos fiables. A propietaria actual, duns 90 anos, comentounos que xa o seu pai o recordaba dende sempre. Actualmente en desuso.
Pombal de Manuel Garrido
Lugar: no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. Dentro dunha finca privada pechada (nº 131), xunto a un hórreo (hórreo 7 de Teaio).
Denominación: pombal de Manuel Garrido / pombal de Teaio 3.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, aproximadamente, con moitas reservas, de 1780, ou posterior, tal vez de 1830. Nesta mesma casa había un reloxo de sol (reloxo de sol 2 de Teaio), que actualmente non está no seu emprazamento orixinal.