Muíño de Batán
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: muíño de Batán.
Historia:
construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.
Conservación: o seu estado de conservación é de certo deterioro.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Cabanelas
Lugar: Pexegueiro.
Denominación: muíño de Cabanelas.
Historia:
muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.
Conservación: o seu estado de conservación é moi malo.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño do Can
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: muíño do Can.
Historia:
construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.
Conservación: o seu estado de conservación é de abandono.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Chacón
Lugar: localizado no lugar do núcleo coñecido como A Aldea de Abaixo, no cruce de dous camiños.
Denominación: muíño de Chacón.
Historia:
construción a partir de muros de cachotaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba, se ben na actualidade se atopa caída.
Conservación: o seu estado de conservación é moi malo.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Deza
Lugar: Rialiño.
Denominación: muíño de Deza.
Historia:
muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva sobre armazón de madeira.
Conservación: o seu estado de conservación é de certo deterioro.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño da Fonte da Vella
Lugar: Paizal.
Denominación: muíño da Fonte da Vella.
Historia:
muíño de planta cadrada, con estrutura de muros de cachotaría e cuberta a unha soa auga, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Conservación:o seu estado de conservación é bo.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xoán Arco da Vella
Muíño da Laxe
Lugar: Rialiño.
Denominación: muíño da Laxe.
Historia:
muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas, con rematado de tella curva.
Conservación: o seu estado de conservación é moi malo.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Manselle 2
Lugar: Manselle.
Denominación: muíño de Manselle 2.
Historia:
muíño de planta rectangular con estrutura de muros de cachotaría nos lados maiores, e cantaría irregular nos menores. A cuberta era a unha soa auga, con acabado de tella camba.
Conservación: o seu estado de conservación é de abandono.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Manselle 3
Lugar: Manselle.
Denominación: muíño de Manselle 3.
Historia:
edificación de planta rectangular con muros de cachotaría.
Conservación: non ten cuberta e atópase nun estado de abandono.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño da Ponte Quinteira
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: muíño de Ponte Quinteira.
Historia:
construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga con remate de tella camba.
Conservación: en bo estado.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Portanchiño 1
Lugar: Traxeito.
Denominación: muíño de Portanchiño 1.
Historia:
construción a partir de muros de cachotaría encintada, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva.
Conservación: bo estado.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xoán Arco da Vella
Muíño de Portanchiño 2
Lugar: Traxeito.
Denominación: muíño de Portanchiño 2.
Historia:
construción a partir de muros de cachotaría encintada, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva.
Conservación: en bo estado.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xoán Arco da Vella
Muíño da Recambariña
Lugar: Rialiño.
Denominación: muíño da Recambariña.
Historia:
muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas que son de cantaría. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Conservación: o seu estado de conservación é de certo deterioro.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño da Revolta
Lugar: Paizal.
Denominación: muíño da Revolta.
Historia:
muíño de planta rectangular e estrutura a partir de muros de cadeirado e cuberta a unha soa auga, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Conservación: en bo estado.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Xoán Arco da Vella
Muíño de Rial
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: muíño de Rial.
Historia:
muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.
Conservación:O seu estado de conservación é moi malo.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Rialiño
Lugar: Rialiño.
Denominación: muíño de Rialiño.
Historia:
muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas, con remate de tella curva sobre armazón de madeira.
Conservación: o seu estado de conservación é moi malo.
Fonte: obaixoulla.gal
Muíño do Souto
Lugar: Pexegueiro.
Denominación: muíño do Souto.
Historia:
muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.
Conservación: o seu estado de conservación é moi malo.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: concello de Dodro
Muíño de Lelo
Lugar: Manselle.
Denominación: Muíño de Lelo / muíño Vello / muíño de Manselle 1.
Historia:
construción de planta rectangular con estrutura de muros de cachotaría irregulares, cuberta a dúas augas e canle elevada rematando no cubo que subministra a auga ao rodicio. A canle de pedra transcorre ao longo de 40 metros por riba dun muro de contención feito de pedra de cantaría que nalgún lugar pode superar os 4 metros de altura, para levar a auga do río de Manselle até o cubo do muíño. Destacan as escaleiras cos chanzos de pedra para subir á canle e o acceso á parte traseira da finca por debaixo da canle elevada.
Foi construído en 1927 por un indiano orixinario de Manselle emigrado a Arxentina que, xunto con outros, fixeran da aldea unha das máis avanzadas da época e que co golpe de estado fascista tiveron que volver para o país americano. Estivo en uso até a década de 1960 aproximadamente.
Esta construción, na novela “Pensa Nao” de Anxo Angueira, era o muíño de Camoiras, personaxe inspirado no construtor deste edificio.
Conservación: regular. Falta a moega e as partes de madeira.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Eduardo Rivo
Muíño de Xacome
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: muíño de Xacome.
Historia:
muíño emprazado na ribeira oeste do rego de Manselle. Construído a partir de muros de cachotaría encintada, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. A auga que o fornece chega a través dunha longa canle de pedra. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.
Conservación: bo estado.
Fonte: obaixoulla.gal | Imaxe: Eladio Cortizo