Reloxo de sol de Manselle
Lugar: Manselle.
Denominación: reloxo de sol de Manselle (no hórreo 4).
Historia:
o hórreo onde esta situado e polo tanto, o reloxo, teñen aproximadamente uns 150 anos.
Reloxo de sol de Reboiras
Lugar: Reboiras.
Denominación: reloxo de sol de Reboiras.
Historia:
di unha das súas propietarias que o hórreo é moi antigo, máis de cen anos. Único exemplar atopado na aldea de Reboiras.
Reloxo de sol 1 de Rial de Lagoa
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: reloxo de sol 1 de Rial de Lagoa (na parede dunha vivenda).
Historia:
os veciños consultados dixéronnos que ten que ser moi antigo, que o recordan aí toda a vida. Probablemente sexa do século XIX.
Reloxo de sol 2 de Rial de Lagoa
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: reloxo de sol 2 de Rial de Lagoa (no hórreo 4).
Historia:
de mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viúva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Así mesmo comenta que a data está inscrita no propio hórreo, aínda que actualmente non se ve. Parece que este hórreo, e polo tanto o seu reloxo, foi feito como imitación do hórreo 5 e do seu reloxo de sol (reloxo de sol 3 de Rial de Lagoa).
Reloxo de sol 3 de Rial de Lagoa
Lugar: Rial de Lagoa.
Denominación: reloxo de sol 3 de Rial de Lagoa (no hórreo 5).
Historia:
de mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viúva di que hai papeles que acreditan a súa antigüidade. Parece que este hórreo, e polo tanto o seu reloxo, foi imitado polo hórreo 4 e o seu reloxo de sol (reloxo de sol 2 de Rial de Lagoa).