Reloxo de sol de Lestrobe
Lugar: Lestrobe.
Denominación: reloxo de sol de Lestrobe.
Historia:
podería situarse a finais do século XIX, cando este tipo de construcións tiveron máis auxe. Único exemplar localizado en Lestrobe. A tipoloxía do hórreo indica que esta estrutura ten unha antigüidade superior aos cen anos.
Reloxo de sol de Vigo 1
Lugar: Vigo.
Denominación: reloxo de sol de Vigo 1.
Historia:
forma parte dun hórreo antigo, aproximadamente do século XIX. Na fronte do hórreo pon a data, pero actualmente é ilexible.
Reloxo de sol de Vigo 2
Lugar: Vigo.
Denominación: reloxo de sol de Vigo 2.
Historia:
di a propietaria que o hórreo debe ser antigo, recordao toda a vida alí. Trátase do segundo exemplar do hórreo de Vigo con reloxo de sol.