Reloxo de sol de Bexo
Lugar: Bexo.
Denominación: reloxo de sol de Bexo (no hórreo 4 dos Outeiros).
Historia:segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1856, tal e como reza no frontispicio do hórreo, aínda que nos non conseguimos distinguir a data.
Reloxo de sol de Bustelo 1
Lugar: Bustelo.
Denominación: reloxo de sol de Bustelo 1.
Historia:segundo a ficha do Patrimonio, dataría de finais do século XIX. Parece que foi nesa época cando este tipo de construcións tiveron máis auxe.
Reloxo de sol de Bustelo 2
Lugar: Bustelo.
Denominación: reloxo de sol de Bustelo 2.
Historia:segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, data do ano 1880, tal e como recolle a inscrición visible no hórreo.
Reloxo de sol de Castro 1
Lugar: Castro.
Denominación: reloxo de sol de Castro 1 / reloxo da Bexa.
Historia:o reloxo data de 1859, cando se construiu a propiedade, tal e como se pode ler na portada da entrada á finca. A Casa da Bexa foi de grande relevancia económica, como se demostra neste magnífico exemplar de reloxo cúbico, signo de ostentación e riqueza.
Reloxo de sol de Castro 2
Lugar: Castro.
Denominación: reloxo de sol de Castro 2 / reloxo da Casavella (no hórreo 2).
Historia:do ano 1869, segundo reza no frontispicio do hórreo.
Reloxo de sol de Imo 1
Lugar: Imo.
Denominación: reloxo de sol de Imo 1 (no hórreo de Cabanas).
Historia:segundo a ficha de Patrimonio, dataría do ano 1758, sendo o exemplar máis antigo da parroquia. Construído polos mesmos canteiros que realizaron a igrexa parroquial, parece que a sinxeleza de liñas e a ausencia de decoración o emparenta cunha antiga escola de canteiros orixinaria de Boiro.
Reloxo de sol de Imo 2
Lugar: Imo.
Denominación: reloxo de sol de Imo 2 (na casa de Aguirre).
Historia:segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría no ano 1758 (construción da Casa de Aguirre).
Reloxo de sol de Teaio 1
Lugar: Teaio.
Denominación: reloxo de sol de Teaio 1 (no hórreo 4 de Carcacío).
Historia:segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, no frontispicio do hórreo é visible a data de 1869.
Reloxo de sol de Teaio 2
Lugar: Teaio.
Denominación: reloxo de sol de Teaio 2 (na casa de Manolo Garrido Rial).
Historia:segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece ser de principios do século XIX. A casa e horta na que se atopa indica a existencia dunha fidalguía rural de certa importancia. Este é o segundo exemplo atopado no concello de reloxo de sol nunha portada de entrada a unha propiedade, o outro é o de Tallós.