Patrimonio Igrexas, que son? San Xoán de Laíño

San Xoán de Laíño

Lugar Imo
Construción século XVIII, concretamente de 1754

Imaxe da igrexa

Descrición

Esta conta con planta rectangular cunha soa nave dividida en tres tramos por arcos faxóns sobre piares, cuberta con bóveda de canón.

Ábsida cuadrangular na cabeceira cunha sancristía nun lateral. O retablo e as capelas presentan estrutura de época neoclásica. A fachada principal é sinxela, cun campanario na esquina esquerda, de planta cadrada na parte inferior e octogonal no resto.

Conta cunha porta central e enriba desta é visible unha fornecina coa imaxe da Virxe. Muros de cantería e cuberta a dúas augas con tella. No exterior forman un fermoso conxunto o Vía Crucis e máis un coidado xardín que dá acceso á igrexa. Construída polos discípulos de Simón Rodríguez e de Francisco Núñez de Boiro.

Fonte: concello de Dodro | Wikipedia | obaixoulla.ga | patrimoniogalego.net