Os sons do pobo Padrón A Banda de Música Rosalía de Castro

A Banda de Música Rosalía de Castro ou Banda dos Forxán

1888-1950 ~ director: don Ramón Manuel Benito Forján Ojeros

Natural da Trabanca de Abaixo, foi director da Banda Municipal Rosalía de Castro de 1889 a 1933. Os Forxán continuaron a saga musical da familia; os dous irmáns, Benito e Francisco, eran bos instrumentistas, tocaban francamente ben o clarinete e tamén o harmonio nas misas cantadas e tamén en cabodanos. O menor deles, Francisco, era quen acompañaba ao incomparable cantor de Iria, don José Sánchez, tío do poeta Manuel Antonio5.

Dicía don José Piñeiro Ares, cronista oficial da vila de Pontecesures, que don Benito Ojeros, atenazado pola artrite, dirixía sentado a súa banda de música, como se observa na fotografía que engadimos deseguido, “empregando un expeditivo caxato a guisa de batuta6.” A tradición musical de Benito víñalle de familia, pois era neto do famoso gaiteiro padronés Clemente Eiras, que musicara a alborada “Vaite noite” dun poema da inmortal Rosalía de Castro, e posteriormente transcribiría o famoso músico Anxeliño Balado, que fora director durante moitos anos da banda de música que levaba o seu nome7, quen a reflicte nun pentagrama porque lla oíra tocar na gaita ao propio creador. Este é o motivo polo que se conserva a melodía tal e como a imprimira Clemente Eiras.

A saga musical dos Forján continuará cos fillos de Benito, Benito e Francisco Forxán, que foron excelentes músicos da Banda de Música de Santiago.

Foto da Banda de Música Rosalía de Castro
A primeira Banda Municipal Rosalía de Castro (1889-1933), coñecida tamén como a Banda dos Forxán; segundo nota manuscrita de don Camilo Agrasar Vidal8, a foto tomouse entre os anos 1927 e 1928. “Aquí vense moitos coñecidos, aparte dos músicos: Manolo Dopazo (Mariño), o señor Chuco Pajares, o señor Ventura Otero, Maximino Virulao, o señor Pepe Otero (Avillón) e outros. O lugar paréceme que na porta de Ramallo, na Antequeira” (Concello de Rois)

O emblema da Banda de Música de Padrón

O mestre prateiro-ouribe iriense don José García Paz realizou en 1921 o emblema da Banda de Música de Padrón, do que se conserva o cuño9. Nel represéntase o escudo municipal no medio dunha lira, rodeado por ramaxes de loureiro.

Emblema da Banda de Música de Padrón

Actuacións da Banda de Música Rosalía de Castro nos xornais da época, 1889-1927

La Gaceta de Galicia, 22 de setembro de 1889:
“En las fiestas de Santa Minia en Brión, la Banda de Música de Padrón, que dirige don Manuel Forján de Padrón, y varias gaitas del país amenizarán el campo inmediato a la capilla”
La Gaceta de Galicia, 8 de xullo de 1904:
“El domingo se celebró en la parroquia de Bugallido la función dedicada a San Antonio y por la tarde se celebró un animado baile en el campo contiguo a la iglesia y que amenizó una Banda de Música de Padrón”
La Gaceta de Galicia, 6 de xullo de 1905:
”El domingo día 2, con motivo de la celebración de la festividad del Sagrado Corazón en la parroquial de San Félix, se dio por finalizada la fiesta con unos números primorosamente interpretados por la Banda de Música de Padrón”.
El Correo Gallego, 19 de setembro de 1905:
“Con motivo de la llegada al lugar de los Ángeles, en el valle de la Mahía, el hijo de aquel país señor Ramos, que tiene el buen humor de demostrar su altruismo, invitando a comer a cuantos se sientan con buen apetito. Estos días celebró tres banquetes de cien comensales, amenizados con la Banda de Música de Padrón y disparándose muchas bombas”.
El Correo Gallego, 13 de agosto de 1909:
“Con motivo de la visita que el obispo titular de Fesca, Vicario Apostólico de Marruecos, acompañado de su secretario, del señor cura de Cesures y del señor maestro, al llegar al atrio la Banda de Música de Padrón, dirigida por don Manuel Forján, entonó la marcha real“.
Diario de Galicia, 17 de agosto de 1909:
“Con motivo de la celebración de las fiestas de Sar en Santiago, actuó la Banda de Música de Padrón, que dirige el maestro don Manuel Forján”.
Diario de Galicia, 8 de agosto de 1915:
“Con motivo de la visita que el obispo titular de Fesca, Vicario Apostólico de Marruecos, acompañado de su secretario, del señor cura de Cesures y del señor maestro, al llegar al atrio la Banda de Música de Padrón, dirigida por don Manuel Forján, entonó la marcha real“.
Diario de Galicia, 19 de setembro de 1916:
“Con motivo de la fiesta de Bertamiráns, la Banda de Música de Padrón cerraba la procesión. A la terminación de estos actos y en la hermosa finca de los señores Cambón, fueron obsequiados los asistentes a la fiesta con un banquete. El distinguido funcionista sentó a su mesa a más de setenta comensales, entre los que estaban aristócratas familias de Madrid y Santiago, que veranean en los Ángeles y Bertamiráns. Amenizó el acto la banda de Padrón”.
La Gaceta de Galicia, 23 de marzo de 1917:
“Se celebró el día 19 la fiesta que organiza en honor de San José, la respetable señora doña Teresa de la Maza. Don Manuel Forján acompañó la misa con el armonio. Y la fiesta fue amenizada por la Banda de Música de Padrón”.
El Compostelano, 4 de xuño de 1924:
“Con motivo de la celebración de la Asociación Hijas de María, establecida en la parroquial de Iria Flavia, se celebraron durante el mes de mayo solemnes cultos en honor a su Excelsa Patrona, rematando el 1 de junio con una procesión a la que acompañó la Banda de Música de Padrón”.
El Ideal Gallego, 5 de xullo de 1921:
“Se celebró con gran esplendor en Cesures la fiesta del Sagrado Corazón. A la procesión de esta tarde, que fue muy concurrida, asistió la Banda de Música de Padrón”.
El Ideal Gallego, 8 de agosto de 1924:
“Tendrán lugar el próximo domingo las fiestas en honor al Santísimo Cristo de la Luz, que se venera en la capilla situada en el lugar de Pazos, a dos kilómetros de la Esclavitud en la misma carretera. Las fiestas durarán tres días y las amenizará la Banda de Música de Padrón”.
El Compostelano, 25 de abril de 1927:
“La fiesta del árbol del municipio de Ames fue amenizada por la Banda de Música de Padrón”.
El Compostelano, 4 de xuño de 1927:
“En Bertamiráns, Ayuntamiento de Ames, con motivo de la celebración de la primera fiesta del árbol, actuó la Banda de Música de Padrón, que recorrió el pueblo ejecutando alegres dianas”.
El Heraldo Gallego, 5 de xuño de 1927:
“En Ames, con motivo de la fiesta del árbol, el acto fue amenizado por la Banda de Música de Padrón”.
El Pueblo Gallego, 2 de setembro de 1927:
“Fiestas en honor de Sta. Filomena. Amenizarán los festejos la Banda de Música de Padrón y gaitas del país”.

A banda de música nas actas plenarias

En 1903 o Concello de Padrón aproba un pago a Manuel Forján por importe de 110 pesetas, cantidade á que ascenden os gastos da función do Corpus Christi, celebrada o 11 de xuño.

Na acta da sesión plenaria con data de 24 de febreiro de 1932 consta un pagamento pola cantidade de 150 pesetas con cargo á Intervención, realizado ao director da banda de música, por tocar o día 11 de febreiro con motivo do aniversario da primeira República.

Na sesión plenaria celebrada o 22 de maio de 1933 a Alcaldía acorda que, ao ser costume celebrar festa o día 15 dese mes, se contrate unha banda de música para ese día.


Reorganización da Banda de Música Municipal en 1932

Na sesión supletoria do 7 de setembro de 1932 tomouse en consideración a exposición subscrita por don Ramón Manuel Benito Forján sobre a organización da Banda de Música Municipal e pasouse á Comisión de Facenda para o seu estudo e informe, de ser factible o proxecto, dentro das posibilidades económicas do orzamento deste Concello.


Actuacións da Banda Rosalía de Castro nos xornais da época, 1928-1939

El Compostelano, 16 de xuño de 1928:
“Con motivo da función sacramental que se celebrará mañana domingo en el santuario de la Esclavitud, se tiene previsto que haga su entrada a las siete de la mañana la Banda de Música de Padrón Rosalía de Castro, que dirige don Benito Forján. La banda dará también un concierto”.
El Correo de Galicia, 29 de xullo de 1928:
“Con motivo de las fiestas del Sacramento de la Esclavitud, que se celebrarán el día 17, a las siete de la mañana hará su entrada la Banda de Música de Padrón Rosalía de Castro, que dirige don Benito Forján”.
El Compostelano, 18 de agosto de 1931:
“Con motivo de las fiestas del Camino Nuevo (Santiago), participará en la velada la Banda de Música de Padrón”.
El Eco Compostelano, 7 de maio de 1924:
“Terminada la conferencia ante un público numeroso de más de 2.000 personas, el señor Tello fue obsequiado con un lunch. Mientras, una Banda de Música de Padrón ejecutó bonitas partituras”.
El Pueblo gallego, 14 de setembro de 1933
“El próximo domingo se celebrará en la Esclavitud una grandiosa romería gallega, que será amenizada por una Banda de Música de Padrón y gaitas, con motivo de filmarse algunas escenas de la película “Alalá”. Si no hubiese niebla, durante la romería volarán sobre Esclavitud algunos aviones”.
El pueblo gallego, 12 de agosto de 1934:
“La Banda de Música de Padrón amenizará las fiestas del Camino Nuevo”.
El Compostelano,, 11 de agosto de 1934:
“Para amenizar las fiestas que se celebrarán en el Camino Nuevo los días 15, 16 y 17 del corriente se contrató a la Banda de Música de Padrón”.

Recoñecemento de servizos prestados a don Ramón Manuel Benito Forján Ojeros, 1933

Na sesión celebrada o 11 de xaneiro de 1933 acórdase acceder ao solicitado por don Ramón Manuel Benito Forján Ojeros, recoñecéndolle os servizos prestados como director da banda de música, que se contratou por esa Corporación Municipal para tódolos actos oficiais durante máis de trinta anos, a quen se lle expedirá o correspondente certificado en relación aos devanditos servizos para o seu ingreso no Corpo Técnico de Directores de Bandas de Música, creado pola Lei do 20 de decembro.

Foto da Banda de Música Rosalía de Castro
Actuación da Banda de Música nunha verbena celebrada na Praza de Macías, nas Festas da Pascua de 1936
Foto da Banda de Música Rosalía de Castro
Banda de Música participando nun acto oficial do Concello

Arraigada tradición festeira

Os numerosos festexos que se celebraban na parroquia de Santa María de Iria Flavia amenizábanos as Bandas de Música do Silleiro, de Carrandán ou de Benito Forxán.

Os músicos das diversas agrupacións tiñan que repartirse e desdobrarse para cubrir a demanda existente nos diferentes lugares e parroquias.

En Iria Flavia, o antigo Camiño Real (actual estrada N-550, fronte á Fundación Camilo José Cela) convertíase nun salón de baile e a afluencia de público facía que moitas veces o coche de liña que comunicaba Pontevedra con Santiago tivera que deterse por mor das celebracións. Pero isto non só acontecía en Iria Flavia, senón tamén en calquera dos diferentes lugares de Padrón, como recollía o escritor padronés don Manuel Barros na súa obra Apuntes de viaje. As bandas de música tocaban pezas musicais estranxeiras para bailar agarrados, que estaban de moda nos anos trinta ou corenta do século XX: valses, polcas, fox-trot e tangos. Neste último baile era todo un experto o que posteriormente sería o noso Nobel de literatura, don Camilo José Cela10.

Imaxe dunha das festas
Foto da Banda de Música Rosalía de Castro
A Banda de Música, trala imaxe do “Parrandeiro”, pola Trabanca de Arriba, despois de rematada a romaría do Santiaguiño do Monte
Foto de A Galiciana
Galiciana. Biblioteca dixital de Galicia
Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
Arquivo do Reino de Galicia Colección fotográfica
(Documento) 1935-01-01 / 1945- 12-31. ca. 1935-1945
Números da Banda na Ponte Santiago

O palco da música de Padrón, 1915-?

A tradición musical da vila precisaba dun palco de música. Na sesión plenaria celebrada o 4 de agosto de 1915, o concelleiro señor Ferreiro propón que na entrada á praza do Fiado (actual praciña de Camilo José Cela), xunto á fonte existente no lugar, se constrúa un macizo de terra cuberto de céspede, que, formando un octógono dun metro de altura e rodeado dun enreixado ou varanda, sirva para colocar a música nos días que esta amenice os paseos do Espolón. A construción realizouse baixo a inspección e a dirección da Comisión de Policía, da que o relator formaba parte. Na sesión supletoria do 16 de xullo de 1919 apróbanse as contas da construción do palco da música, que, xunto coa construción do quiosco do Espolón, supuxeron un custo de 235 pesetas de man de obra, ás que cumpría engadirlles 88 pesetas de materiais.

No ano 1933 o Concello de Padrón e dona María Luísa Pérez Martel asinan un contrato de permuta, polo cal o Concello daralle á propietaria o terreo que ocupa o templete da música, na actual praza de Camilo José Cela, no que foi a antiga Peixería vella; á súa vez, dona Luísa Pérez Martel entregaralle ao Concello un terreo que posúe na actual praza Rodríguez Cobián para que se puidera construír o grupo escolar Rosalía de Castro.

Asinada a permuta, a nova propietaria presenta instancia no Concello para que este retire o templete da música e lle dea aliñación para pechar o terreo. A Corporación acordou en sesión plenaria o 26 de abril de 1933 que a instancia pasase a informe da Comisión de Policía Urbana e Rural, accedendo ao solicitado e aprobando o traslado do palco da música para a parte oeste do xardín botánico.

O palco retiraríase do xardín na década entre 1960 e 1970, segundo nos conta don Manuel Vigo, integrante das Bandas de Carrandán, Beteta e Noya. Este palco só o empregaban, durante o día, na festividade de San Xoán do Raio; pola noite tocaban na praza de Macías.

Foto do palco da música
Palco da música, de madeira, na praza de Macías c.1940 para unha actuación da banda de música. Este palco seguía o formato do de pedra, trasladado para o Xardín botánico histórico artístico

Os locais de ensaio da Banda de Música Municipal de Padrón

A Banda Municipal de Padrón, ao longo da súa traxectoria, tivo diferentes locais de ensaio: nun primeiro momento foi na pranta baixa do concello, que actualmente ocupan os servizos administrativos, na parte que da á calexa que comunica a praza do Castro coa rúa Longa, todo ao longo do edificio. Posuía dúas portas: unha no frontal (rúa Longa) e outra na parte de atrás (praza do Castro).

Posteriormente, trasladaríase a un anexo ao colexio Rosalía de Castro, sito na praza Rodríguez Cobián.

Unha vez que se construíu o actual edificio de Servizos Sociais, pegado á igrexa parroquial, en 1996, habilitouse como local de ensaio o segundo andar destas dependencias.


  • 5Raimundo García Domínguez “Borobó”. “O novelo dos anacos e outros exemplos” (2000-2001). 2002, Universidade de Santiago
  • 6Raimundo García Domínguez “Borobó”. “O novelo dos anacos e outros exemplos” (2000-2001). 2002, Universidade de Santiago
  • 7Muíños de Ferro, José. Art.: Historia Musical Padronesa. Libro da Pascua, abril de 1974
  • 8Camilo Agrasar Vidal (Padrón 1907-1983), activista intelectual galego, custodio de que a memoria de Rosalía de Castro chegara a nós.
  • 9M.ª Dolores Ramos García.: Iria Flavia 2009, pp 51
  • 10García Domínguez, R, “Borobó”. O novelo dos Anacos e outros exemplos (2000-2001) USC, 2002