Os sons do pobo Outros datos

Outros datos

Liñas de investigación

Na realización deste traballo empregáronse diferentes liñas de investigación: fontes bibliográficas, documentación do Arquivo Histórico Municipal de Padrón, fontes hemerográficas e un traballo de campo no que quero salientar a colaboración da veciñanza, aportándome información e fotografías que ilustran a publicación. Recolléronse fontes orais de músicos que pertenceron ás diversas agrupacións que se citan, o que me permitiu identificar á maior parte dos integrantes das formacións musicais, algo que doutro xeito sería imposible.

Esta publicación é un punto e seguido na recuperación da memoria histórica musical das Terras de Iria, unha pequena homenaxe a tódolos músicos e persoas que fixeron e fan posible que o son do pobo perdure de xeración en xeración. Como homenaxe a eles, cedo tódolos dereitos deste traballo de investigación ao Excmo. Concello de Padrón, porque ninguén mellor que a Administración Local para ser a depositaria da memoria historia musical do municipio.

Recoñecemento a tódolos músicos

Recoñecemento e homenaxe sinxela ás lembranzas daqueles tempos idos e á memoria e ao presente da música do meu pobo, dos que a fixeron posible, mantendo as raizames en tempos difíciles nos que resistiu a cultura pola entrega e afección de tantas persoas sensibles e amantes das notas do pentagrama.

Un recoñecemento aos que proseguen o labor e tamén por adiantado aos que virán para continualo.

Como afeccionado á música de bandas tiña unha débeda coa memoria musical. Quero render tributo a tódolos que contribuídes e facedes posible que se transmitira a paixón e o gusto pola música; persoas individuais, familias e xeracións de músicos espallados polos catro costados destas Terras de Iria, coñecidos por apelativos, signos identitarios de profesionais que con dignidade e moito esforzo se dedicaban e dedican á música, compaxinándoa coas súas actividades laborais. Lembranza dos músicos de Lestrobe: Os Silleiros, Os Carrandáns, Os Xaneiros, Os Picadizo, Os Coco, Os Moreiras, o sr. José Moreiras “Baldras” (q.e.p.d), o dodrense don Ramón Calvo Pérez “O Angueiro”, toda unha vida entregado á música con diferentes agrupacións, e de moitos outros que a bo seguro quedaranse no tinteiro e que con anterioridade lles precederon. Lembranza para os de Padrón e Iria: os Forxáns, os Topete, os Relueiros, os da Rega, os Cagallos, os Mariños en Estramundi e moitos máis, a tódolos que individualmente fixéchedes posible que siga a manterse o son do pobo. Grazas polo voso labor.

A impronta é sementeira. Longa vida á nosa Banda de Música!

Agradecementos

Ao Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Padrón, don Antonio Fernández Angueira, e á concelleira de Cultura, dona Lorena Couso Dopazo, pola receptividade amosada en todo momento cara este proxecto e por facer posible a súa publicación.

Moitas grazas ás persoas que se citan deseguido por colaborar altruistamente aportándome datos, información e fotografías que se reflicten nestas páxinas.

Amalia Moreiras
Antonio Fernández Muñiz
Carlos Pardal Nieto
Dolores Saco Vigo
Eugenio Janeiro
Fernando Beteta Garmendia
Fernando Castaño Solar
Genita Blanco Barreiro
José Otero Tembra
Lucía Rodríguez Magariños
Manuel Vigo
Mª. Dolores Ramos García
Ramón Beiró Martínez (Mon Beiró)
Rafael Figueroa Rial
Ramón Calvo Pérez (Angueiro)
Uxía López Rodríguez

Corrección lingüística: Ricardo Pita Fernández

Créditos

Edición: Concello de Padrón
Impresión: Deputación Provincial da Coruña
Colaboración: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Deseño e maquetación: wecom Consultora de Comunicación e Relacións Públicas
Depósito Legal: C 1693 - 2018
Este libro non poderá ser reproducido, nin total nin parcialmente, calquera que for o medio empregado, sen a autorización do autor.