Os sons do pobo Padrón A Banda de Música Municipal de Padrón

A Banda de Música Municipal de Padrón

1949 ~ director: don José Pena


1950 ~ director: don Francisco Rodríguez

Clarinetista, só tivo unha saída como director da Banda de Música Municipal de Padrón: foi nas festas de Lampai dese mesmo ano.


1951-1954 ~ director: don Joaquín Montañés

Joaquín Montañés Castellano (1916-1981), nado en Castellón, foi director e compositor de música para banda. Despois da Guerra Civil, exiliouse por razóns políticas e chegou a Galicia a principios dos anos 40. Director da Banda de Caldas de Reis, nos cinco anos seguintes (1950-1955) pasou por varias bandas de música, entre elas a de Padrón; finalmente instalouse en Castrelo (Cambados), onde dirixiu á súa banda desde 1955 ata a súa xubilación en 1974. Ademais de dirixir, o mestre Montañés desenvolveu unha importante actividade como compositor de música lixeira, que moi a miúdo editaba, ben baixo o seu nome ou baixo o pseudónimo Montanto.

Montañés foi compositor e arranxador de obras de xénero rapsódico, sobre aires populares galegos, que en calquera caso permanecen inéditas.

O pasodobre “Agárrate Saxo” é unha das pezas máis coñecidas do repertorio festeiro deste prolífico compositor. Este “pasodobre flamenco e de concerto”, como figura na portada da edición, editouse polo autor en 1971, conxuntamente co “pasodobre de concerto e toureiro” titulado “Con arte y salero”.

Nunha entrevista que lle fixo o correspondente do xornal santiagués La Noche, en data de 21 de setembro de 1953 con motivo das festas da Pobra do Caramiñal, e respostando á pregunta de qué clase de música le gustaba executar, a resposta que lle da don Joaquín foi a seguinte:

“Como estoy en Galicia, el folclore gallego es el de mi predilección y procuro en todas mis actuaciones recoger la interpretación de la música de esta simpática región. Mi banda tiene por este motivo una sección de gaitas acoplada al conjunto con el objeto de realzar el espíritu de la música gallega”.

O correspondente continuou preguntándolle:

“¿Cuáles son los autores gallegos para usted más destacados?”

A resposta de don Joaquín foi a seguinte:

“Del Río y después Freire, Cambeses, Montes y otros. No me gusta la música moderna, pero las exigencias de determinado sector de los públicos, me obligan a interpretarla aún en contra de mi voluntad…"

Muchas gracias don Joaquín, ¿Quiere usted decirnos algo más?

Que estoy muy contento en Galicia y de un modo particular en Padrón”.
Foto da Banda Municipal de Padrón
Director: Joaquín Montañés. Sección de Gaitas: de esquerda á dereita: descoñecido, Ramiro, descoñecido, Albino, caixas : Juan Castro San Pedro “Uchas”, Jesús Fernández “Picadizo”
Foto da Banda Municipal de Padrón

1954-1979 ~ director: don Tomás Beteta Yarza

Don Tomás Beteta, nado en Tolosa (San Sebastián), por razóns familiares trasladouse moi rapaz a Rentería, onde se formaría musicalmente. Con catorce anos xa formaba parte da banda de música desta localidade. Aos dezasete anos obtivo mediante oposición praza de requinto solista na Banda Municipal de Irún. Formou parte da Banda do Sindicato do Espectáculo de San Sebastián, dirixida por don Ramón González Bastida. En 1943 ingresou como requinto na Banda Municipal de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo na Banda do Rexemento de Zaragoza con gornición en Santiago de Compostela durante tres anos. Posteriormente dirixiu as bandas de Bragaña, Silleda e Cuntis e, a partir de 1954, a Banda de Música Municipal de Padrón durante 25 anos.

Para mercar os timbais da Banda de Música Municipal de Padrón, en 1959 os responsables da peleteira padronesa Picusa adiantaron os cartos, como contraprestación a banda tiña que actuar na festividade de San Bartolomeu13, patrón da empresa, e naqueles actos nos que fora demandada a súa presenza14.

En palabras do padronés Virgilio Pajares: “Desde a incorporación de don Tomás Beteta á Banda de Música de Padrón, conferiulle un verdadeiro sentido técnico do que antes carecía, pois non pasaba de ser unha agrupación de afeccionados puramente rural; agora, en cambio, nos seus membros hai unha disciplina que afecta sobre todo á posesión de axeitados coñecementos musicais e todo isto é obra do seu director”15.

Foto da Banda Municipal de Padrón 1955
Banda Municipal de Padrón en 1955. Director, don Tomás Beteta Yarza. O cuarto da ringleira de abaixo pola dereita é don Ernesto Beteta Garmendia (frauta traveseira), a quen en febreiro de 1996 nomearano director da Banda Municipal Rosalía de Castro de Padrón; en xaneiro de 1997 dimitiu por problemas de saúde
Foto da Banda Municipal de Padrón 1959
Integrantes da Banda Municipal de Padrón: Primeira ringleira de esquerda á dereita: Celestino Vigo Garabal, Ramón Calvo Pérez “Angueiro”, Agustín Lapido, Francisco Solla, don Tomás Beteta Yarza (director), Don Juan Vigo “Carrandán” (subdirector), Juan Castro Sampedro “Uchas”, Jesús Fernández “Picadizo”, Vilachán (gaiteiro). Segunda ringleira: Campelo (Aguasantas). Segunda ringleira, de esquerda á dereita: José Janeiro, Muiñeiro, Pepe Pereiro, (), Paco (Iglesias?), Paco, José Moreiras “Baldras”, Manuel Vigo, Jesús “O coco”, Albino (gaiteiro), Ramiro (gaiteiro). Terceira ringleira, de esquerda á dereita: Papainito, Eduardo Garabal, Xurelo, ( ), Ernesto, José, Pepe “O Muiñeiro”, Maximino, José (Cordeiro), Ramón González “Topete”, Pachano. Ringleira superior, de esquerda á dereita: Jesús Lapido (O frauta), Juan Janeiro, Miguel Beteta Garmendia ( clarinete) , (), () Alberto, Ernesto, Moncho, Alberto, Agra, (), Enrique e Manolo “Conexo”

Os compeñentes da banda manifestaban con satisfación que don Tomás era “media banda”. Sempre ensaiando partituras novas, se á primeira non saía, ao segundo intento a cousa poñíase seria e rara era vez que non se acadaba o obxectivo.

Había unha comuñón entre un director profesional convencido do que facía, serio, traballador e entregado rigurosamente aos seus músicos. Esa química especial logrará os seus froitos cun traballo ben feito e acadando o primeiro premio no Certame de Bandas de Música organizado polo Concello de Vigo en 1962; naquel momento era subdirector da banda o señor don Juan Vigo Garabal “Carrandán”. A banda posuía ademais un amplo repertorio, de aí que fose tan demandada a súa presenza en tódolos tipos de actos musicais.

Deste xeito informaba o xornal La Noche o luns 6 de agosto de 1962 do triunfo da Banda Municipal de Padrón no certame musical de Vigo16.

Imaxe xornal La Noche

A banda de música nas actas plenarias

O Concello colaborará de xeito directo no financiamento da banda de música mediante a formalización de contratos de carácter anual; entregaríanselles aos músicos uniformes novos cada catro anos e pantalón e camisa branca cada dous. Sirva como exemplo o formalizado coa Alcaldía o 4 de marzo de 1968: a súa duración contraíase para o exercicio económico corrente, existía consignación especifica no orzamento para o pagamento de tódalas actuacións que realizase a banda nos actos oficiais nos que participase a Corporación. O Concello comprometíase a colaborar co sostemento económico da agrupación mediante a sinatura de convenios de carácter anual por actuacións, satisfacendo os custos que se derivasen da súa execución.

Na sesión do 22 de febreiro de 1972, baixo a presidencia do alcalde don Ramón Pazos Sierra, concedéuselle unha subvención á Banda de Música Municipal de Padrón para gastos de hotel de músicos por importe de 1.500 pesetas.

No pleno do 13 abril de 1973, baixo a presidencia do alcalde don Ramón Pazos Sierra, formalizouse un contrato co director da Banda de Música Municipal de Padrón por actuacións en actos oficiais.

Na sesión do 25 de marzo de 1974, baixo a presidencia do alcalde don José Ferrón Martínez, formalizouse un contrato coa Banda de Música Municipal de Padrón por importe de 120.000 ptas.

No pleno do 20 de febreiro de 1975, baixo a presidencia do alcalde don José Ferrón Martínez, formalizouse contrato co director da Banda de Música Municipal de Padrón.

Na sesión do 12 de febreiro de 1976, baixo a presidencia do alcalde don José Ferrón Martínez, concedéuselle unha subvención á Agrupación Musical de Padrón.


Actuacións da Banda de Música Municipal de Padrón nos xornais da época, 1956-1969

A banda de música financiarase coas numerosas actuacións que realizará pola xeografía galega, en compaña doutras bandas de música e incluso de orquestras, o que nos dá unha idea do amplo repertorio que tiña. Ademais de interpretar música, a banda municipal levaba o nome do noso municipio por tódolos currunchos da xeografía. Sirva como exemplo este resumo de actuacións que se recollen nos medios de comunicación:

No xornal La Noche de Santiago de Compostela, de data do 31 de marzo de 1956, publícase un artigo baixo o título “La Banda Municipal de Música”. O correspondente do xornal escribía o seguinte:
“Padrón tiene gran tradición musical de bandas. Durante nuestra visita a la simpática villa padronesa, hemos tenido ocasión de charlar unos instantes con don Tomás Beteta Yarza, director de la recientemente bajo su batuta con la colaboración decidida y entusiasta de la Corporación Municipal y en particular del alcalde, don Ramón Pazos Giménez se creó, a base de la fusión, de las dos ya existentes. El nuevo conjunto musical hará su aparición en público con motivo de las actuales fiestas de Pascua, ascendiendo a cincuenta el total de sus componentes y se sostendrá a base de los contratos que surjan en cuantas fiestas soliciten sus servicios y con la ayuda de una modesta subvención municipal.
Cuenta la banda con una sección de gaitas y sus números correctamente uniformados bajo las órdenes del sr. Beteta Yarza, que ya cosechó espléndidos laureles en otros lugares de donde procede: Cuntis y Silleda, entre otros.
Ofrecerá a sus oyentes un variado repertorio de obras de concierto, como oberturas, zarzuelas y fantasías, incluyendo a su vez un selecto programa de música ligera, con preponderancia de la música tradicional española.
Tuvimos ocasión de presenciar uno de sus ensayos y pudimos apreciar la perfecta compenetración musical, afinación y gran sensibilidad artística del conjunto, recogiendo gustosos en nuestras páginas ese espléndido alborecer musical de Padrón, que gracias al municipio dinámico y el celo de su alcalde y sólida formación musical de su director, hará conocer por toda Galicia a esa agrupación”.
La Noche, 18 agosto de 1956:
“Actuación de la Banda de Música de Padrón en las fiestas de Laraño”.
La Noche, 31 de agosto de 1957:
“Con motivo de las fiestas del Carmen en Cesures. El día 1 domingo, alboradas a cargo de la Banda de Música de Padrón. A las dos de la tarde, concierto de música española de la Banda de Música de Padrón dirigida por el profesor don Tomás Beteta Yarza”.
El Pueblo Gallego, 3 de xullo de 1959:
“Fiestas en Puentecaldelas de la patrona Santísima Trinidad. Actuará la Banda Municipal de Padrón con su magnífica sección de gaitas gallegas, que tanto ha gustado aquí en nuestras fiestas patronales”.
El Pueblo Gallego, 11 de setembro de 1959:
“Romería de Nuestra Sra. de la Esclavitud. La fiesta profana estuvo a cargo de la magnífica Banda Municipal de Padrón”.
El Pueblo Gallego, 4 de abril de 1964:
“Programa de las fiestas de Tuy. Procesión y música de baile hasta la madrugada con la intervención de la Banda de Música de Padrón y la orquesta Florida”.
El Pueblo Gallego, 7 de agosto de 1964:
“Fiestas de San Roque. Vilagarcía de Arousa. También habrá iluminación y está contratada la Banda de Música de Padrón con su grupo de gaitas”.
El Pueblo Gallego, 6 de setembro de 1964:
“Fiestas de Villanueva de Arosa. Satélites, Novedades, Nueva Krazzy y Krazy kray, con ellas, la Banda de Música de Padrón y el conjunto enxebre “Os Campaneiros”.
Hoja oficial del lunes, 7 de decembro de 1964:
“Con motivo de las fiestas en la parroquia de Geve. Santa María de Geve a las doce del día y diversos actos de esparcimiento popular, los cuales se iniciarán hoy amenizados por la Banda de Música de Padrón y otros conjuntos musicales”.
El Pueblo Gallego, 8 de decembro de 1964:
“Brillante actuación ayer de Banda Municipal de Padrón en Sta. María de Geve”.
El Pueblo Gallego, 1 de agosto de 1965:
“Programa de fiestas de Sta. Eugenia de Riveira. El día 4 alboradas a cargo de la Banda de Música de Padrón. Desde las 8 actuará en la plaza de Otero Goya la Banda Municipal de Padrón, alternándose con la orquesta internacional López Malde de El Ferrol”.
El Pueblo Gallego, 3 de agosto de 1965:
“Fiestas de la Guardia, día grande domingo 8. La Banda Municipal de Padrón con su grupo de gaitas y la de Tabagón recorrerán las principales calles de esta villa tocando alegres pasodobles en compañía de los grupos de gaitas y treboadas. La Banda de Música de Padrón tocará en la Alameda lo mejor de su repertorio para seguir durante la misma hasta las diez de la noche, interpretando exclusivamente obras de concierto. A las once, tercera y última gran verbena amenizada por las bandas de música de Tabagón y Padrón”.
El Pueblo Gallego, 18 de agosto de 1966:
“Fiestas Caldas Reyes. A las 10 horas alboradas y a las 13 horas concierto en el Parque Jardín”.
El Pueblo Gallego, 3 de marzo de 1967:
“Fiestas de San Marcos en Noya. La Banda de Música de Padrón amenizará una fiesta popular que habrá de desarrollarse después del encuentro de fútbol Tenerife y Club de Fútbol Oviedo. Acompañada de la orquesta “Los Platinos” de La Coruña”.
El Pueblo Gallego, 12 de xullo de 1967:
“Fiestas del Carmen, en O Grove. Día 15 actuación de la Banda de Música Padrón y grupos de gaiteros “Os de Marín” y “Os Carballeiras”.
El Pueblo Gallego, 11 de agosto de 1968:
“Fiesta en Villagarcía. Lunes. Dianas y alboradas a las 9 de la mañana por la Banda de Música Padrón y el grupo de gaitas Airiños das Rías Baixas. A las 12, concierto en la Alameda por la Banda de Música de Padrón con su grupo de gaitas. As las 11 de la noche, concierto en la alameda de la Banda de Música de Padrón”.
El Pueblo Gallego, 13 de agosto de 1968:
“Fiestas de Villagarcía. A las 11 concierto en la Alameda por la Banda de Música de Padrón”.
El Pueblo Gallego, 6 de agosto de 1969:
“Fiestas patronales de Villagarcía. Domingo 17 a las diez, dianas y alboradas por la Banda de Música de Padrón y grupo de gaitas de la Academia Municipal. A las doce y media concierto en la alameda por la Banda de Música de Padrón. A las 10:30 horas, en la Alameda, concierto por la Banda Municipal de Padrón”.
Foto de don Tomás Beteta Yarza
Don Tomás Beteta Yarza, director da Banda de Música Municipal de Padrón, e o seu fillo, don Ernesto Beteta Garmendia, director da Banda de Música de Silleda (Pontevedra)
Foto de don Tomás Beteta, dirixindo a Municipal de Padrón
Don Tomás Beteta, dirixindo a Municipal de Padrón, nun concerto en Riveira (Foto: Lesmes / Facilitada por F. Beteta)

1982-1992 ~ director: don Ricardo Noya Vidal

Nado no Concello de Trazo, de moi rapaz trasladouse a Santiago de Compostela, onde cursou estudos de música co mestre don José Gutiérrez, naquel momento director da Banda Municipal de Santiago. Formou parte da Banda de Roxos, da Banda do Exército en Pontevedra, das orquestras La Hispania e La Compostela. Logo da desaparición da Banda Militar de Santiago marchou para Madrid, ingresou no corpo de músicos militares e trasladouse despois a Ceuta, en 1971, como músico militar.

Ao mesmo tempo que participaba en diversos festivais percorrendo toda a Península coa súa orquestra, era tamén músico titular dos teatros La Zarzuela e La Latina, en Madrid, onde actuaban Lina Morgan e Navarro. De volta a Galicia, en 1982 foi nomeado director da Banda de Música Municipal de Padrón.

Foi, así mesmo, fundador da Escola Municipal de Música, a primeira EMUS que comezou a funcionar en Galicia, co obxectivo de fomentar as ensinanzas musicais en tódolos ámbitos a partir dunha boa base, coa que formar números para a súa banda de música.

Imaxe da banda
Integrantes da Banda Municipal de Padrón: Primeira ringleira de enriba, de esquerda á dereita: Susy, Carlos Pardal, Belén, (), Lucho, Ana, Mari Fe, Miguel, Andrés, Sonia, Gómez e Félix. Segunda ringleira, de esquerda á dereita: Roberto Verde, Juan, Manolo, Jose, Luis, Freire, Horacio, (), () e Manuel Sobral. Terceira ringleira, de esquerda á dereita: Diego, Monchito, Pedreira, Víctor, Pablo Castaño, Castillo, Ernesto, Vilachán e Cesqueiras. Ringleira de abaixo: Pepe, Angueiro, Barral, Ricardo Noya, Marcos e Julio. Faltan na foto: Genita e Víctor
Imaxe de Don Ricardo Noya, dirixindo a banda na praza de Macías
Don Ricardo Noya, dirixindo a Banda de Música de Padrón nunha actuación na praza de Macías arredor de 1988. Foto: Mon Beiró c. 1988
Imaxe de Don Ricardo, director da banda
Foto: Mon Beiró, c. 1988

Unha etapa problemática, 1994-1996. Conflito na Banda de Música Municipal de Padrón, 1994

A finais de 1994, a maioría dos músicos da banda, por acentuadas discrepancias, pediron a substitución do director, don Ricardo Noya Vidal. Dos corenta e dous músicos que integraban a formación, trinta e sete querían a destitución, á que se se opuxo o goberno municipal, alegando que tiña que quedar un ano máis, postura que non aceptaron os músicos. Estes pediron a axuda da Federación Galega de Bandas, que atopou os estatutos da banda, que databan de 1987; comprobouse que os estatutos posuían un fallo administrativo ao careceren de selo, polo que a formación podía facerse independente do Concello.

Desde ese momento, a relación da banda co Concello cinguiuse a un convenio no que se estipulaba que a cambio de certas actuacións, a Administración Local aboaría unha cantidade e encargaríase do equipamento dos músicos, facéndolles traxes cada catro anos, e facilitaríalles un local de ensaio.

O convenio denunciouse en maio de 1995, cando a banda se negou a tocar nunha actuación como medida de presión. O Concello entendeu que a dirección e os compoñentes da banda non querían ter máis relación coa administración.

En setembro de 1995 concretouse unha reunión co goberno municipal na que os músicos da banda reclamaron asinar o convenio de novo, despois de que se lles aboara o que se lles debía para pagarlle a un director, pero non se chegou a acordo entre as partes.


Coexistencia de dúas bandas: a Banda de Música Municipal de Padrón e a Banda da Escola de Música, 1994-2001

En maio de 1996, o Concello saca a concurso unha praza de director da EMUS, que obterá don Ernesto Beteta Garmendia, quen formará a Banda da Escola de Música.

Os trinta e cinco integrantes da formación Banda de Música Municipal de Padrón coexistirán a partir de agora coa Banda da EMUS17.


1995-2000 ~ director: don Carlos Seráns Olveira (Riveira, 1962)

Carlos Seráns Olveira, tuba solista da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela e do Grupo de Metais de Galicia, foi un director circunstancial, que de xeito altruísta encargouse da dirección da agrupación de carácter cultural Banda de Música Municipal de Padrón en 1995.

A banda obtén o primeiro premio no Certame de Bandas de Música Galimusic da Estrada. A partir desta data, os problemas co equipo de goberno do Concello fanse manifestos e a banda, logo dun pechamento na antiga escola unitaria de Iria Flavia, da que foi desaloxada, cesará na actividade no ano 2001, desaparecendo como agrupación.

Imaxe dos integrantes da Banda Municipal de Padrón:
Integrantes da Banda Municipal de Padrón: empezando pola ringleira de abaixo, de esquerda a dereita: Manuel Villar Touceda, trompeta (Valga); Diego García Morales, saxofón tenor (Dodro); Juan Carlos Losada Río, fliscorno (Valga); Beatriz Rivas Álvarez, trompa (Padrón); Sonia Rodríguez Pardal, clarinete (Lestrobe); Genita Blanco Barreiro, saxofón tenor (Padrón); Raquel, frauta (Taragoña); ( ) oboe (Noia); Tania Álvarez Meda, clarinete (Estramundi); Víctor Romero Viturro, clarinete (Dodro). Segunda ringleira: Pablo Castaño, saxofón alto (Dodro); Juan, trombón (Rois); M.ª Jesús Rey Gens, clarinete (Rois); Yolanda, clarinete (Catoira); Miguel González Martínez, clarinete (Estramundi); Carlos Seráns Olveira, director; Jorge, requinto (Taragoña); Xavi, saxofón (Catoira); Dani, percursión (Catoira), actualmente na Banda de Música de Santiago; Carlos Figueira Abuín, bombardino (Rianxo), actual director da Banda de Música de Catoira. Terceira ringleira: Juan, trombón (Rois); Anxo Sieira, clarinete (Taragoña); Carlos Pardal Nieto (Estramundi); Moncho, percusión (Rianxo); Roberto, percusión (Rianxo); Tarrío, trombón (Taragoña); Andrés Figueroa Iglesias, clarinete (Estramundi); María Sendón, clarinete (Catoira); Rafael Collazo, saxofón alto (Rianxo), actual director da Banda de Rianxo. Cuarta ringleira: Roberto Verde, fliscorno, actualmente na Banda Municipal da Coruña; Roberto Figueira Abuín, bombardino (Rianxo); Luciano, trombón (Salceda de Caselas); Óscar, tuba (Catoira); Iván Carreira González, trombón (Catoira); Luis, percusión (Taragoña); e Rubén, trombón (Taragoña)


  • 13San Bartolomeu é o patrono dos que traballan as peles e os coiros. A súa festividade celébrase o 24 de agosto. A festa da empresa Picusa celebrábase nas instalacións da empresa e posteriormente no xardín botánico histórico artístico de Padrón.
  • 14Don Manuel Vigo, músico padronés
  • 15Jesús Oficialdegui Ruíz: Tomas Beteta Yarza, de Rentería a Padrón pasando por Santiago. Revista Oarso, Ayuntamiento de Errentería, 2015
  • 16Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia. Diario La Noche, 6 de agosto de 1982
  • 17LVG , mércores 23 abril de 1997. Secc: Comarcas. Pax. 53